Publicaciones

23/10/2026

Pepe Vázquez Peinó anuncia: “convidado pola Asociación As San Lucas e polo Concello de Mondoñedo, levarei o libro Espiritualidad até o Pazo de San Tomé, na cidade episcopal, para presentalo diante das persoas interesadas. É para min un honor e sinto unha gran satisfacción por poder expoñer o traballo de varios anos, no que colaboraron outros sete amigos de distintas perspectivas relixiosas. Trátase de falar do mundo interior do ser humano, da súa faceta inmaterial, e das crenzas profundas que tenden a aniñar en nós. Será o domingo 25 de outubro ás 18,00 horas”.

O coordinador da publicación engade: “contaremos tamén coa inestimable compañía de Álex Barreira, un bo amigo, bo comunicador e posuidor dun gran talento musical, que nos amenizará a charla con tres cancións axeitadas para o tema e o momento. Gustaríame contar coa vosa...

leer más
Etiquetas:
14/10/2026

Acisa Ribadeo editou unha publicación especial conmemorativa do Premio Nacional de Comercio Interior, recibido pola entidade o pasado mes de abril, e coincidindo coa celebración da súa XII Cea Gala Anual, que terá lugar o vindeiro domingo, 18 de outubro, no Parador de Turismo.

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, explicou: “presentamos unha publicación moi especial para nós, na que levamos traballando moitos meses e que editamos con motivo da obtención do Premio Nacional de Comercio Interior, un recoñecemento que recibimos o pasado mes de abril e que supón un enorme orgullo para a nosa asociación. Trátase dunha publicación de 16 páxinas en cor, da que se repartirán 5.000 exemplares a través das nosas empresas asociadas, co obxectivo de que chegue ao maior número posible de persoas”.

O xerente de Acisa,...

leer más
02/10/2026

O Salón dos Alcaldes da Casa do Concello de Ribadeo acolleu a presentación do libro titulado A volta a Galicia en 80 pedaladas. Patrimonio cultural en 2.400 km de cicloturismo, do que é autor Justo Jorge López.

Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe.

Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).

29/09/2026

El periodista y escritor José Luis Enríquez León presenta este viernes, día 2 de octubre, en Ribadeo la novela titulada El silencio del mar de fondo (Ediciones Camelot). El acto tendrá lugar en Gráficas Santiago a las siete y media de la tarde y contará también con la presencia del profesor ribadense Roberto Rodríguez.

En esta novela agentes de la Unidad Central Operativa de la Guardia Civil investigan el asesinato de un importante empresario y de su mujer a bordo de su velero fondeado en aguas de Formentera. Así arranca una intensa novela plagada de traiciones, ambiciones, mentiras y asesinatos. El silencio del mar de fondo narra la historia de dos marinos españoles cuyos destinos discurren por caminos diferentes desde que un acontecimiento inesperado sucede a bordo de un barco mercante sueco entre Sudáfrica y los Países...

leer más
Etiquetas:
28/09/2026

A agrupación cultural Francisco Lanza anuncia que este venres, día 2 de outubro, vai visitar Ribadeo Xurxo Souto para presentar o seu último libro: A novela do bravú. “Aproveitando a súa visita imos facer un pequeno percorrido polas nosas Palabras na varanda, que desde maio inzan da cor das nosas letras galegas os balcóns de Ribadeo”, explica a agrupación Francisco Lanza, que engade: “comezaremos o paseo ás 20:00 horas na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para seguirmos pola Praza de Abaixo e despois rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, cabo da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí ás 20:30 horas daremos paso á presentación d’A novela do bravú”.

A agrupación cultural Francisco Lanza destaca: “temos moi boas lembranzas das anteriores visitas de Xurxo Souto a Ribadeo e cremos que de novo imos pasar...

leer más
Etiquetas:
26/09/2026

A Real Academia de Doutores de España (RADE) ven de recuperar a figura de Aurora Sampedro coa publicación dunha semblanza cando se cumpren 30 anos do seu falecemento. A científica barreirense naceu en San Pedro de Benquerencia en 1913 e faleceu en 1996.

O autor da lembranza é o doutor en Enxeñería Pedro José Rivero Fuente. Na mesma repasa a traxectoria de Aurora Sampedro, que estivo marcada pola investigación científica, pola formación académica e polo desenvolvemento de traballos pioneiros en diferentes áreas da ciencia. 

A RADE tamén destaca o seu carácter cosmopolita, o interese polas artes e as humanidades e unha traxectoria profesional nun contexto complicado no que o acceso das mulleres a postos de responsabilidade científica resultaba moi complicado naqueles anos. 

Aurora Sampedro...

leer más
16/09/2026

El escritor lucense Francisco Narla presenta dos de sus libros, titulados Ultreia y Suseia, en A Pontenova este jueves, día 17 de septiembre.

El acto está previsto para las 20:00 horas en la Casa de Cultura.

09/09/2026

O Concello de Trabada anuncia que este venres, día 11 de setembro, ás 19:00 horas o Centro Social de Ría de Abres acollerá a presentación do libro de José Antonio Gómez Martínez titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo.

Esta públicación é “unha obra que contribúe a recuperar e poñer en valor a historia do ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo. Unha oportunidade para coñecer mellor a historia dun ferrocarril que tivo unha importante presenza e deixou a súa pegada no noso territorio”, destaca o Concello de Trabada.

08/09/2026

A Libraría Bahía, de Foz, acollerá a presentación do libro titulado Fibromialgia: conversacións en branco, de Olivia Canoura Rozas. Será o vindeiro 18 de setembro, venres, ás 20:30 horas, nun acto aberto ao público que “pretende ofrecer un espazo de encontro, reflexión e sensibilización arredor da realidade das persoas que conviven coa fibromialxia”, explica a organización, que anuncia tamén que a autora estará acompañada por Marta Otero Pintos, presidenta da Asociación Galega de Fibromialxia, e por Elena Dablanca, psicóloga, que “achegarán a súa visión profesional e experiencial sobre unha doenza que afecta a milleiros de persoas e que continúa precisando dunha maior comprensión social”.

Fibromialgia: conversaciones en blanco é unha obra que “pon no centro a experiencia das persoas que conviven coa dor crónica, a...

leer más
03/09/2026

A científica barreirense Aurora Sampedro acaba de ser nomeada filla adoptiva do Concello de Luyego de Somoza (León) por ser a terra de nacemento do seu pai, Francisco Sampedro Fuente. Manuel Rivero, autor do libro Universo Aurora e estudoso desta científica e divulgadora barreirense, explica tamén que “a cátedra de Muller e Ciencia da Universidade Pública de Navarra considera a Aurora Sampedro como unha das científicas máis importantes da segunda metade do século XX, algo que nos enche de ledicia” e adianta que “no vindeiro mes de outubro estará publicado o terceiro libro sobre Aurora, titulado Ciencia con nombre de mujer: el legado de Aurora Sampedro”.

Ademais xa se coñecen os gañadores dos premios Bítere de Honra 2026, que recibirán: o escritor, poeta e profesor da Universidade de Vigo Martinho Montero Santalha; o de In...

leer más