Viveiro
A compañía Contraproducións representará a obra teatral titulada Memorias dun neno labrego en Viveiro este sábado, día 24 de outubro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas.
O Concello de Viveiro explica que esta comedia é unha adaptación da novela de Xosé Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte. Ten unha duración de 100 minutos e está dirixida e adaptada por Cándido Pazó.
O elenco artístico está formado por Xulio Abonjo, Santi Romay, Ana Santos, Federico Pérez, Mónica García, Manuel Cortés e Iris Davila.
A sinopse é a seguinte: “a escola, a familia, os soños frustrados, as inxustizas sociais e o desexo constante de fuxir dun destino xa escrito, describindo en gran medida o panorama común da España rural daqueles duros anos. Nunha historia que se estrutura arredor...
leer másO Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, día 17 de outubro, ás 18:00 horas Sen patrón, a cargo de de Pistacatro, un espectáculo de novo circo para todos os públicos, a partir de 6 anos, que combina malabares, humor e equilibrios sorprendentes.
O elenco artístico está formado por Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero.
Ten unha duración de 45 minutos e a sinopse é: “no mundo dos malabares todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos viren sen fin. Pero que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen Patróns non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan sobre as súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que...
leer másA primeira edición da Milla Internacional do Cantábrico (MIC) celebrarase esta fin de semana, os días 17 e 18 de outubro, en Viveiro, con máis de 500 persoas inscritas segundo o total, xa pechado, publicado pola organización. A cita, que conta co apoio da Deputación de Lugo, reunirá atletismo de elite, deporte popular, carreiras para as categorías base e unha proposta inclusiva, cun programa que combina competición e actividades para achegar este deporte á cidadanía.
Carmela López, a presidenta da institución provincial, participou este mércores na presentación do evento, promovido polo Concello de Viveiro coa colaboración do CD CAMOVI. No acto estiveron tamén a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; o presidente do CD CAMOVI, Felipe Martínez; ou o deportista Adrián Ben, entre outras autoridades.
López destacou a importancia de que...
leer másA campaña Viveiro conta e o seu comercio tamén puxo o seu broche de ouro cunha gran xornada de celebración na que o comercio local, a hostalaría e a participación cidadá volveron ser os grandes protagonistas, explica o Centro Comercial Histórico de Viveiro, que engade “o éxito de afluencia foi a nota máis destacada dunha xornada na que o vermuteo, a Ruleta de Premios e as actividades infantís congregaron numerosos veciños e visitantes. A Praza Maior converteuse pola tarde no epicentro da celebración, cunha praza abarrotada de público que agardaba con ilusión o momento máis esperado: o sorteo dunha viaxe a Nova York e de 2.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV). A gran gañadora da viaxe a Nova York foi Mónica Fernandez Chao, co número 08975. O sorteo repartiu tamén os 2.000...
leer másO Concello de Viveiro celebrará o vindeiro sábado 24 de outubro a primeira xornada de tute e xogos de mesa, unha actividade que se incorpora á programación de lecer dirixida especialmente ás persoas maiores, aínda que aberta á participación de toda a cidadanía.
A xornada terá lugar no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro, o mesmo espazo no que se celebran os bailes de tarde. A sala abrirá ás 17:00 horas e contará cun torneo de tute por parellas, ademais dun espazo para gozar doutros xogos de mesa, como o parchís.
O prazo de inscrición para o torneo de tute por parellas estará aberto do 13 ao 19 de outubro, ambos incluídos, na conserxería do Concello de Viveiro ou ben chamando ao teléfono 982.560.128. Inicialmente, non se establece un límite de participantes.
Antes da...
leer másA campaña Viveiro conta e o seu comercio tamén iniciouse o 28 de setembro e rematará este sábado, día 10 de outubro, cun sorteo final e con miles de premios repartidos ó longo deste días. Nesta xornada final haberá actividades, animación e o sorteo dunha viaxe a Nova York e de 2.000 euros en vales de compra.
A campaña, coa que o CCHV acadou o Premio Extraordinario do Comercio Galego 2026, “está a contar cunha ampla participación da cidadanía e dos establecementos asociados. Puxéronse en circulación 50.000 Rasca e Gaña con numerosos premios directos que os clientes están a descubrir nas súas compras. O prazo para canxear os premios permanecerá aberto ata o 31 de outubro. Entre os premios hai xoias, complementos, tratamentos de beleza, paraugas, mandís, bolsas da compra, botellas, neveiras isotérmicas, cañas, cafés, tapas, pizzas,...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha de novo os xoves de tapeo cunha nova edición do Juepeo, unha proposta gastronómica que “xa leva 11 anos en marcha e é unha iniciativa consolidada na vila”. Retoma este xoves, 8 de outubro, “unha das súas citas gastronómicas máis populares: o Juepeo, que regresa este mes de outubro para converter os xoves nunha oportunidade perfecta para saír, probar novas propostas e desfrutar da hostalería local”.
Cada xoves os 15 locais participantes ofrecerán unha tapa especialmente elaborada para a ocasión, “cunha ampla variedade de propostas gastronómicas: desde croquetas, hamburguesas e tortillas ata raxo, cachopo, polbo, vieiras, pratos internacionais e outras creacións pensadas para sorprender aos clientes. Os participantes son: Muro Restaurante, Vinoteca Los Leones, Cornelius Taberna, La...
leer más












