Ruta
A Asociación Carro Tarabelo, en colaboración con Alfa España, EPOC España (Asociación Española de Pacientes e Coidadores de EPOC) e o Concello da Pontenova, organiza o día 6 de xuño, sábado, a Ruta Galaico-Asturiana, unha xornada de concienciación sobre a EPOC e o Déficit de Alfa-1 Antitripsina.
A actividade incluirá unha ruta de sendeirismo de dificultade baixa-media entre San Tirso de Abres e A Pontenova, así como unha comida comunitaria ao remate do percorrido.
Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 3 de xuño.
A organización anuncia que proporcionarán apoio en coche “para axudar a quen o precise ao longo da ruta, promovendo así unha participación máis accesible”.
A décimo sétima edición da Concentración de Sendeirismo A Pontenova será o día 23 de maio, sábado. Está organizada pola asociación Carro Tarabelo e o Concello da Pontenova, que explican que o percorrido será de Sanxés a Bogo, con 9,4 quilómetros de distancia e dificultade media. Tamén indican que “é recomendable utilizar calzado cómodo e que teña un bo agarre, así como bastóns de trekking”.
Ás 09:00 horas será a concentración dos participantes na Praza dos Fornos e media hora despois sairán cara ó comezo da ruta. Para as 15:00 horas está previsto o remate da andaina e xantar na Praza dos Fornos a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e auga. E ás 16:00 horas farase un sorteo de varios agasallos entre os participantes: prendas de trekking, ceas para 2 persoas, estancias de 1 noite para 2 persoas, vale regalo para visitar a Mina...
leer másViveiro acollerá o venres 8 e o sábado 9 de maio a primeira edición da Ruta Gastronómica de Países do Mundo, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes do Centro Histórico “co obxectivo de dinamizar a actividade comercial e hostaleira da vila, ofrecendo ao mesmo tempo unha experiencia culinaria diferente e atractiva. Nesta edición participarán 7 locais, que elaborarán tapas inspiradas en distintas gastronomías internacionais, permitindo aos asistentes realizar una viaxe gastronómica sen saír de Viveiro”.
Os participantes e as súas propostas son: Cornelius, con Pad thai, de Tailandia; Bar A Zapatería, con Shawarma, de Turquía; Casa Pepi, con Papa rellena con salsa criolla, de Perú; Muro Restaurante, con Chambre de Guandules, de República Dominicana; La Tortilla Maravilla, con Tortilla...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 25 de abril, sábado, un percorrido pola ruta Veiga do Mandeo, no municipio coruñés de Aranga. A distancia a percorrer son 1o quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 22 de abril. O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
O Concello de O Vicedo organiza a décimo sexta edición da Ruta de Pinchos, que se desenvolverá en nove establecementos hostaleiros do municipio. O venres 17 e o sábado 18 será en: Restaurante Area Grande, de San Román, Café Bar Alfa, de Folgueiro; e Chiringuito da Abrela, de Suevos. E o venres 24 e o sábado 25 participan: Cafetería Casa da Cultura, La Bodeguita del Puerto, Chiringuito Los Árboles, Café Bar Santo Domingo, Café Bar San Esteban, e Mesón O Remo, pero estes tres últimos só ofrecerán a tapa o venres.
Nesta edición entre os comensais que participar na ruta e deixen o seu voto sortean dúas batidoras picadoras Bosch.
A asociación Equus Norte organiza a décima Ruta Ecuestre na Pontenova, que se desenvolverá este sábado, día 10 de abril.
A saída está programada para as 10:30 horas desde á área recreativa do Pozo da Ola.
A organización anuncia que “aqueles que queiran asistir só á comida poderán adquirir os tickets no Hotel-Restaurante San Briz. Os participantes na ruta ecuestre deberán inscribirse antes do día 10 de abril para obter o ticket da comida”. Haberá música a cargo de DJ Bombardero.
O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para unha nova ruta de sendeirismo, que terá lugar o domingo 19 de abril, baixo o título Trabada e o Camiño Norte, organizada en colaboración coa Asociación Paso a Paso.
A actividade consistirá nun percorrido a pé dende a Ría de Abres ata Trabada, seguindo o trazado do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. A ruta contará cunha distancia aproximada de 10 quilómetros e un nivel de dificultade media, sendo unha proposta accesible para aquelas persoas afeccionadas ao sendeirismo. A saída terá lugar ás 10:00 horas dende a Praza do Concello, e ao finalizar o percorrido celebrarase unha comida no pavillón municipal.
O prezo da inscrición é de 8 euros e poderá realizarse ata o 15 de abril nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982.135.011. A...
leer másEn Foz está todo listo para a celebración das Santas Tapas, que organiza Acia Foz-CCA do 2 ao 4 de abril.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “chega unha nova edición das nosas Santas Tapas. Os pequenos bocados elaborados polos oito locais participantes poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite”. Trátase de: A Rambla-Pachán, Anduriña, Dandy, Espacio Machete, Marexada, Mexideli, Tangarta e Xoyma.
Paleo dixo que “o que pretendemos é contar cun aliciente gastronómico para o disfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz ou a outras localidades próximas. Levamos moitos anos organizando a ruta de tapas, que sempre é un reclamo e ten moi boa acollida, e agardamos que as Santas Tapas neste 2026 repitan éxito”.
A Rambla-Pachán ofrecerá salpicón de...
leer másO municipio de Cervo será o escenario da III Ruta Cabalar, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de abril, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do Concello, que anuncia: “a saída está programada para as 10:00 horas desde o polideportivo de San Román, punto de inicio dun percorrido pensado para desfrutar da contorna natural e da afección polo mundo ecuestre. Durante a ruta, haberá un aperitivo para os participantes a metade do traxecto, nunha xornada que combinará deporte, natureza e convivencia”.
O Concello de Cervo explica tamén que “unha vez rematada a ruta a actividade continuará no polideportivo con sesión vermú e baile amenizado por Disco Móbil Conxuro. Ademais celebrarase un xantar aberto tanto ás persoas inscritas na ruta como a quen desexe asistir, con ou sen cabalo. O menú estará composto por paella,...
leer másA Asociación A Magdalena, da parroquia de Xudán (A Pontenova) organiza unha xornada de sendeirismo pola Ruta das Minas, “para gozar da natureza e da historia mineira”. Será o sábado 4 de abril con saída desde a Praza dos Fornos as 10:30 horas para facer un percorrido de 5 quilómetros e unha comida campestre no Forno do Boulloso.
O prezo desta actividade é de 10 euros, as prazas son limitadas e os tickets para participar poden recollerse en Librería Eugenia ata este venres, 20 de marzo.












