Ourol

Etiquetas:
16/02/2026

O vindeiro 8 de marzo terá lugar a V Xuntanza de Mulleres organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, que anuncia: “con este evento queremos crear un espazo que sirva de punto de encontro para brindar polos logros acadados e, sobre todo, para seguir reclamando xuntas os dereitos que aínda nos quedan por conquistar ata acadar unha igualdade real. Vémonos para compartir mesa, conversa e baile nun día cheo de sororidade”.

Será no restaurante Louzao (Viveiro) ás 14:00 horas. O custe é de 35 euros e as entradas poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ata o 4 de marzo.

Etiquetas:
29/01/2026

O grupo de teatro Ardora, de Cervo, representará a obra titulada Aire Fresco este sábado, día 31 de xaneiro, ás 18:00 horas no Local Social de Bravos (Ourol).

Está organizada polo grupo de teatro da Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos, que anuncia: “unha tarde perfecta para rir, emocionarse e gozar do teatro feito dende a comunidade”.

Etiquetas:
21/01/2026

O Grupo de Teatro de Antas de Ulla representará a obra titulada Catro contos nun banco este sábado, día 24 de xaneiro, ás 18:00 horas no Local Social de Bravos (Ourol).

É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos, que anuncia: “seguimos co teatro en Bravos. Este sábado 24 de xaneiro temos unha cita moi especial no Local Social. O Grupo de Teatro de Antas de Ulla tráenos Catro contos nun banco, unha obra chea de humor, retranca e historias cotiás nas que seguro nos veremos reflectidos”.

Etiquetas:
11/01/2026

O sábado 17 de xaneiro ás 18:00 horas haberá cita teatral en Bravos, parroquia do municipio de Ourol. O grupo de teatro da Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos presenta no local social a obra titulada Vaia co pronóstico.

Os organizadores anuncian “risas aseguradas e entrada de balde”.

Etiquetas:
10/12/2025

A parroquia de Ambosores, no municipio de Ourol, celebra as festas na honra a Santa Lucía os días 13 e 14 de decembro, sábado e domingo.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú con dúo Caramelo e ás 15:00 horas empezará un xantar popular. Tamén está programado un baile de tarde noite cos dúos Caramelo e La Hora Bruja. E ás 23:00 horas repartirase chocolate con roscón gratis.

O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú prolongada con dúo Caramelo e ás 15:00 horas empezará un xantar popular.

08/12/2025

Chega o II Ciclo de Teatro a Bravos, no municipio de Ourol, organizado pola Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, que anuncia: “unha nova edición chea de humor, emoción e boas historias para gozar en comunidade durante o Nadal e o mes de xaneiro. Funcións os días 27 de decembro, 17, 24 e 31 de xaneiro. Ao longo destas datas pasarán polo noso escenario: Grupo de Teatro Sr. López, coa obra A viaxe do Sr. López; Grupo de Teatro Ardora, de Cervo, coa obra Aire fresco; Grupo de Teatro Antas de Ulla, coa obra Catro cortos nun banco; e Grupo de Teatro Aturuxeiros, de Bravos, coa obra Vaia co pronóstico”.

As representacións serán no Local Social de Bravos e todas comezarán ás 18:00 horas.

Etiquetas:
25/11/2025

O Concello de Ourol está a organizar un Encontro de Maiores, para persoas de máis de 55 anos empadroadas no municipio. Terá lugar este domingo, día 30 de novembro, no Restaurante Louzao (Viveiro) ás 14:00 horas.

“Este encontro consistirá nunha comida amenizada con música en directo e sorteo sorpresa. Poderán acudir as/os cónxuxes que non estean empadroadas/os aboando o importe da entrada. Tamén poderán acudir as/os cónxuxes empadroadas/os que non reúnan o requisito de idade aboando o prezo da entrada. As persoas dependentes poderán acudir cun acompañante. Todas as persoas asistentes deberán recoller a súa entrada nas dependencias municipais”, anuncia o Concello de Ourol.

A participación é gratuíta para as persoas empadroadas e a data límite para anotarse é este xoves, 27 de novembro. O lugar para a recollida de...

leer más
Etiquetas:
21/11/2025

O Concello de Ourol súmase un ano máis á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha programación que “combina a expresión musical e a participación cidadá como vías de sensibilización e compromiso social, baixo o lema Ourol di non á violencia contra a muller”. Os actos arrancarán o domingo 23 de novembro ás 17:00 horas no Centro Social de Merille, cun espectáculo musical da cantautora galega Su Garrido Pombo, titulado Patios de luz, “unha proposta que convida á reflexión a través da música e da palabra”. O martes 25 de novembro ás 12:30 horas celebrarase a VII Andaina da Eliminación da Violencia contra a Muller, cun percorrido simbólico polo Paseo da Rega de Ourol, no que se realizará a lectura institucional dun manifesto de rexeitamento á violencia machista. A actividade está aberta a...

leer más
14/11/2025

O día 18 de novembro, martes,  ás 18:00 horas no Centro Social de Merille (Ourol)  terá lugar a representación da obra titulada Cores do Camiño, da compañía de teatro Satori. É para nenos/as a partir de 4 anos e familias.

“Anímate a vir, seguro que pasamos un momento moi divertido e agradable. Inscricións ata o 14 de novembro na páxina www.concellodeourol.es, no apartado de novas ou no de biblioteca, no formulario habilitado”, anuncia o Concello de Ourol.

Etiquetas:
19/10/2025

O Concello de Ourol organiza un obradoiro de manualidades para deseñar broches, chapas ou mochilas. Será na biblioteca municipal o día 22 de outubro, mércores, ás 17:00 horas.

Está destinado a persoas adultas e as prazas son limitadas. A inscrición pode facerse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.