Riotorto
O Concello de Riotorto organiza unha comida baile para o día 18 de xuño, mércores ás 14:30 horas.
O menú está composto por: paella mixta, costela asada con patacas e ensalada, postre, café, chupito e bebidas. E a música correrá a cargo do trío Merengue.
Para participar hai que apuntarse nos centros veciñais ou no Concello antes do 15 de xuño.
Riotorto acollerá un torneo de pádel que se disputará desde o día 9 ata o 11 de maio. O campionato, para categorías feminina e masculina, denomínase Pádel in Río.
A organización anuncia que haberá baño, vestiarios, bar e música.
Para participar hai que inscribirse previamente a través do teléfono 659.97.80.52 (Josiño). O prazo finaliza o día 4 de maio.
El médico y ex jugador de baloncesto Juan Antonio Corbalán, que fue una estrella jugando de base en el Real Madrid y en la selección española, ofrecerá una charla en Riotorto sobre salud, deporte y empresa. Será el día 3 de mayo, sábado, a las 19:00 horas en la Casa da Cultura Avelino Díaz.
El doctor Juan Corbalán hablará de “valores del deporte como el trabajo en equipo, la superación, el respeto y la cooperación pueden mejorar la salud y el bienestar de las personas. Valores que ayudan a crear un buen ambiente laboral y a impulsar la productividad en un entorno cada vez más competitivo”.
Esta charla está organizada por el Concello de Riotorto con la colaboración de la Xunta de Galicia.
Riotorto acolle o 20 de abril a XVI Feira da Artesanía do Ferro, organizada polo Concello e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros do municipio co apoio da Xunta.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación desta nova edición xunto co alcalde, Clemente Iglesias, e representantes da agrupación de ferreiros de Riotorto, artífices do evento. A Xunta colabora a través de Artesanía de Galicia.
A feira contará coa presenza de ferreiros de Riotorto, A Fonsagrada, O Corgo, Santiago de Compostela, Culleredo, Navarra e Austria, que realizarán demostracións en vivo ante os asistentes. A artesanía do ferro será a protagonista da xornada, na que tamén haberá exhibicións doutros oficios como alfarería, cestería ou torneado.
A cita inclúe actividades...
leer másO mércores 19 de marzo ás 14:30 horas celebrarase unha comida de Entroido en Riotorto, organizada polo Concello.
O menú é: sopa, cocido completo, postre, café e bebidas. Estará amenizada coa actuación do dúo musical Ángel América.
O prezo é 30 euros por persoa e para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 16 de marzo.
Riotorto celebrará o seu desfile de Carnaval o día 22 de febreiro, sábado. Sairá ás 16:30 horas desde a Casa da Cultura e fará un percorrido polas rúas do municipio ata o pavillón polideportivo.
A entrega de premios será a partir das 00:00 Horas no pavillón polideportivo. As inscricións para participar poden facerse no correo electrónico riotortocf@gmail.com ou o propio día antes das 16 horas na Casa da Cultura. Haberá verbena amenizada polo grupo D´Cano e DJ Bombardero.
Organizan o Concello de Riotorto e Riotorto Club de Fútbol e as bases do desfile están na web www.concelloderiotorto.org.
O Concello de Riotorto organiza a Cabalgata de Reis para este domingo, día 5 de xaneiro. Sairá da Casa da Cultura as 20:00 horas, fará un percorrido polas rúas do concello e chegará ó salón de actos ás 20:30 horas.
Actuarán o Coro e o Grupo de Gaitas de Riotorto e haberá un agasallo para tódolos nenos. A continuación servirase un chocolate e roscón de Reis para os asistentes, totalmente gratuíto.
Aquelas persoas que desexen colaborar na cabalgata deben chamar ó Concello (teléfono 982.34.62.22).
O Concello de Riotorto, coa colaboración das asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada deste mércores, día 1 de xaneiro.
A entrada é gratuíta, haberá servizo de bar, estará amenizado coa música do dúo Estrellas e ás 05:30 horas repartirán chocolate gratis para todos os asistentes.
A parroquia da Órrea, no concello de Riotorto, celebra a Festa da Cocha este sábado, día 28 de decembro.
As actividades comezarán ás 12:00 horas con misa na honra a Santa Comba e San Silvestre. A continuación a sesión vermú estará amenizada polo dúo Venus, que tamén actuará na verbena, desde as 23:00 horas. E a media noite haberá chocolatada.
O Concello de Riotorto organiza unha excursión dos nenos/as do concello de Riotorto a Xuvenlugo. Será este xoves, día 26 de decembro, e é para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 16 anos.
A saída será desde o CEIP de Riotorto ás 15:30 horas. En canto aos prezos desta actividade, para os nenos é gratuíto, pero os acompañantes deben pagar 10 euros por persoa, que inclúe merenda nas propias instalacións ou nun restaurante.
O horario de apertura das instalacións é de 16:30 a 21 horas. Poderá acudir un acompañante con cada neno ou nena.
Aquelas persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse no Concello antes do día 25 de decembro.