Xornadas
Os días 19, 20 e 21 e setembro de 2025 celebrarase no Salón de Alcaldes do Concello de Ribadeo a XX edición das Xornadas Mar por Medio, promovidas inicialmente polo hispanista británico John Rutherford e que organiza desde hai tres anos a Academia Xacobea, en colaboración co Concello de Ribadeo, a Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia) e a Universidade de Santiago de Compostela.
A edición deste ano estará dedicada ao tema Ribadeo, encontro de Camiños “para poñer de manifesto non só a tradición xacobea da vila de Ribadeo, porta de entrada a Galicia do Camiño Norte, unha ruta histórica declarada Patrimonio da Humanidade, senón tamén como lugar de acollida, encontro e dinamización de actividades relacionadas cos valores do Camiño de Santiago”, anuncia a organización.
... leer másO xoves 21 de agosto ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo terá lugar a presentación do libro “Ciudad de la Selva” (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio), a cargo de Laura Martínez Panizo, arqueóloga e integrante do Proxecto Sputnik Labrego. A continuación haberá a proxección do documental de Miguel Riaño Roa “Ciudad de la Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”, contando coa presenza do propio director.
O 22 de agosto, venres, ás 20 horas tamén no Salón de Actos da Casa da Cultura de O Vicedo: "Resistencias e protestas en feminino na Galiza durante o franquismo".
Ás 20:05 horas "Prácticas clandestinas, saberes prohibidos. A interrupción do embarazo na ditadura franquista" por Tamara López Fernández, Contratada Posdoutoral da Xunta de Galicia. Proxecto de Investigación...
A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza as XXIII Xornadas de Historia Local en Ribadeo desde este mércores, 16 de xullo, ata o venres 18. O título é As mulleres fronte á historia e as actividades serán no salón de actos da Casa do Mar ás 20:30 horas os tres días.
O mércores 16 haberá unha charla coloquio sobre Os ámbitos da cultura e o mundo académico e científico, na que participarán Carmen Rodríguez Cancelo (directora da Coral Polifónica de Ribadeo) e Montserrat Iglesias (farmacéutica e autora de estudos sobre Manuela Barreiro Pico).
O xoves o historiador e investigador Xosé María Leal Bóveda falará sobre Historias de mulleres resilientes nos séculos XVIII e XIX.
E o título da conferencia do venres é A muller no agro galego: afouteza e perseverancia,...
leer másA asociación socio cultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza a vixésimo oitava edición das Xornadas de Historia Local, que se desenvolverán do 28 ao 31 de xullo con catro charlas. Todas elas serán na Casa da Cultura focega ás 20:30 horas.
O luns 28 Ugia Pedreira ofrecerá a charla titulada Achegamento á musica de tradición oral na Mariña; o martes 29 Vidal Martínez-Sierra falará de Os maragatos na Mariña; o mércores 30 haberá unha intervención de Antonio Reigosa sobre A literatura de tradición oral na Mariña; e o xoves 31 Manuel Miranda ofrecerá a conferencia titulada O patrimonio arqueolóxico de Foz.
Esta fin de semana, do 20 ao 22 de xuño, terán lugar en Ribadeo as xornadas de exaltación da ameixa. Están organizadas por Acisa en colaboración Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na cita participan 21 locais hostaleiros asociados.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “esta fin de semana en Ribadeo, terán lugar as xornadas gastronómicas de exaltación da ameixa, nas que participan 21 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este produto do noso mar. As diferentes elaboracións poderán atoparse nas redes sociais de Acisa a partir de hoxe, para a súa consulta e así coñecer as propostas de cada local. Os locais participantes son: O Indiano, La Solana, Parador de Turismo, Ramonita, Barallocas, O Lar de Manolo, Náutico, A Horta de San Roque, Aware Cakes, El Rincón del Gordo, La Flor de...
leer másDo 20 ao 22 de xuño celebraranse en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación da ameixa, que organiza Acisa coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na cita participarán 21 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a fin de semana do 20 ao 22 de xuño terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación da ameixa nas que participarán 21 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer tapas e pratos preparados cun produto excepcional. Grazas á colaboración da Area de Mar da Deputación de Lugo puidemos desde Acisa organizar esta nova cita. Grazas ao financiamento que nos aporta a Deputación podemos mercar e entregar de forma gratuíta arredor de 250 quilos de ameixa aos participantes así como facer a publicidade e promoción do evento. Esta é xa a sexta vez que desde Acisa...
leer másA asociación Tecedeira vén de presentar o programa completo das III Xornadas Etnográficas da Mariña (XEAM), que se desenvolverán en Barreiros do 30 de maio ao 1 de xuño, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros.
Tras o concerto da cantora galega Su Garribo Pombo o pasado venres na Praza do Concello a modo de antesala das xornadas, a asociación deu a coñecer o programa completo deste encontro, que se reafirma como “un referente para a posta en valor da cultural tradicional galega na Mariña lucense”.
O deputado de Mocidade, Daniel García, encadrou “o apoio á organización das Xornadas na colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido asociativo para estender a actividade cultural por todo o territorio” e celebrou “a consolidación destas xornadas sobre a...
leer másBarreiros acollerá desde o día 30 de maio ata o 1 de xuño a terceira edición das Xornadas Etnográficas da Mariña, organizadas pola asociación Tecedeira coa colaboración do Concello de Barreiros e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Mocidade.
Na presentación, celebrada no Concello de Barreiros, participaron a alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de Dinamización e deputado provincial, Dani García, xunto con Xacobo Ares e Sara García, membros da asociación Tecedeira.
“Entre as primeiras confirmacións que podemos adiantar destacan a de Xabier Díaz e a de Lagharteiras. Tamén podemos confirmar o concerto audiovisual Traspielas de Su Garrido Pombo, que servirá como antesala das xornadas e que terá lugar o vindeiro 16 de maio na Praza do Concello con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado...
leer másAs XVIII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño desenvolveranse os días 12 e 13 de maio, luns e martes, nos concellos de Mondoñedo e Abadín. Este evento celébrase “en conmemoración do décimo aniversario da declaración de Patrimonio da Humanidade dos Camiños de Santiago do Norte e de arroupa ao proxecto Da Catedral de Mondoñedo a Catedral de Santiago de Compostela”, explica a organización.
As actividades comezarán o luns 12 maio no salón de actos do IES San Rosendo. Ás 16:30 horas terá lugar un saúda inaugural, no que participarán o director IES San Rosendo, os alcaldes de Mondoñedo e Abadín e o presidente da asociación Abrindo Camiño, José Luis Fernández Ansedes. A continuación haberá unha charla coloquio con proxección de audiovisuais: Análise actual e DAFO dos Camiños de Santiago do Norte; O Albergue La cabaña del Abuelo Peuto...
leer másAs Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial de Expomar, que este ano cumpren as súas 32ª e 26ª edicións, respectivamente, volverán reunir esta semana aos profesionais e entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional e europeo, co futuro do sector pesqueiro a debate, abordando os principais retos e dificultades do momento na pesca.
O xoves 8 pola mañá celébrase nas instalacións de Armadores de Burela o 26 Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, unha reunión sectorial na que as entidades máis representativas da frota galega e outras asociacións nacionais reflexionan sobre os principais retos sectoriais en curso, como a xestión e normativas pesqueiras, temas sociais e laborais como a substitución xeracional, e outros asuntos que condicionan a competitividade do sector. Froito deste encontro faranse públicas as...
leer más