Eventos

Etiquetas:
07/10/2019

A obra El mal de la piedra, escrita pola catalana Blanca Doménech chegará o vindeiro venres, 11 de outubro, ás 21:00 horas ao Auditorio Municipal de Burela da man da compañía arxentina El Vacío Fértil Teatro dentro da súa xira por España. Trátase dun espectáculo que trata de articular unha mirada crítica, está dirixido por Tony Lestingi e interpretado por Romina Pinto e Iván Steinhardt. 

A sinopse é a seguinte: España vista dende o presente. O Val dos Caídos, monumento faraónico que Francisco Franco mandou construír rematada a guerra civil como símbolo do triunfo, estase derrubando desde o interior. Encerrada na Basílica por unha disputa entre neonazis e un grupo de memoria histórica está unha restauradora que traballa para diagnosticar o inminente desmoroamento do lugar. Ao non poder saír, Miranda vese obrigada a convivir cun garda de...

leer más
Etiquetas:
06/10/2019

O Concello de Mondoñedo inicia un plan de actividades para a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro para o que a alcaldesa, Elena Candia, vén de nomear Coordinador de Actividades e Publicacións da mesma ao investigador e crítico literario Armando Requeixo.

O plan inicial de traballo deseñado para a Casa-Museo contempla diversas actividades a realizar no período que se estende entre as datas de nacemento (22 de decembro) e pasamento (28 de febreiro) do autor.

Ademais das conferencias baixo o nome ‘Cunqueiro aquí e acolá’, entre as  actividades previstas para levar a cabo atópase a publicación de materiais cunqueirianos que axuden a espallar e profundar na obra do autor; o inicio da Colección Selva de Esmelle ou a publicación dunha revista de estudos cunqueirianos.

A primeira das conferencias dunha...

leer más
Etiquetas:
03/10/2019

A parroquia de Castelo celebrará a Festa na Honra da Nosa Señora do Rosario a vindeira fin de semana.

A cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra “Emperadores”.

Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo do “Dúo Merengue” e a orquestra “Emperadores”.

Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do grupo “Fusión”.

A Festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na...

leer más
Etiquetas:
02/10/2019

La asociación Bágoas da Terra, de Viveiro, anuncia que este sábado, día 5 de octubre, celebrará una reunión previa al comienzo de curso, que tendrá lugar en el Conservatorio de Música a partir de a las 11:30 horas.

En ese encuentro se procederá a la inscripción y formación de los distintos grupos de danza tradicional, gaita y pandereteiras para así iniciar las clases en cada uno de sus apartados dando comienzo al nuevo curso.

La asociación comunica que las personas interesadas pueden realizar cualquier consulta en los números de teléfono 645 439 715 o al 629 807 368.

 

Etiquetas:
02/10/2019
Esta Festa está organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS "ALTO DO CRUCEIRO", da cal formamos parte e, organizamos por décimoterceiro ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal terá lugar o venres 4, sábado 5 e domingo 6 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 13 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no CAMPO DA FESTA "ONOFRE LOUZAO", un recinto inaugurado hai catro  anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 6 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos DUNHA GRAN...
leer más
Etiquetas:
29/09/2019

A Pontenova celebra as súas festas dos días 11 ao 14 de outubro. O venres 11 haberá verbena coas orquestras Arizona e Suavecito.

O sábado 12 terá lugar unha sesión vermú que estará amenizada pola orquestra Suavecito. A verbena correrá a cargo de Blanco y Negro e Panorama, e ás 0:50 horas celebrarase a XXII edición da Queima dos Fornos.

O domingo 13 haberá sesión vermú co grupo Trébol, que tamén estará na verbena xunto a Gran Casino.

E o luns 14 nova sesión vermú con Blanco y Negro.

Os festexos están organizados polo Concello de A Pontenova coa colaboración da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
25/09/2019

San Miguel de Reinante celebra as súas festas desde este venres 27 ata o domingo 29.

O venres a partir das 20:00 horas haberá unha gran churrascada. O prezo por persoa é de 10 euros e instalaranse mesas e sillas para os asistentes. Actuará o cuarteto tradicional Xaramolos e o Dúo Élite.

O sábado 28 ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne e procesión. Despois terá lugar a sesión vermú coa orquestra Stereo, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Tango.

O domingo 29 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne e procesión. De seguido haberá sesión vermú  coa orquestra Trébol, que ademais amenizará a verbena co grupo Lume.

 

Etiquetas:
25/09/2019

A asociación Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza este xoves, 26 de setembro, a festa na honra a San Ciprián.

Ás 12:30 horas, haberá misa cantada pola coral Terra Mar na capela de San Ciprián. Ás 14:30 horas, celebrarase un xantar no Restaurante Buenavista, e ás 17:30 horas na Casa do Mar terá lugar un baile amenizado polo Dúo EPO-K.

 

25/09/2019

Mañá, xoves, pola tarde celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. No Forte de San Damián haberá o descubrimento dunha placa alusiva a ese feito e intervencións do alcalde, Fernando Suárez, da concelleira de Cultura, Pilar Otero, e tamén do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. 

A edil ribadense contou que “mañá, 26 de setembro, terá lugar ás 17:00 horas no Forte de San Damián un pequeno acto de conmemoración deste episodio da nosa historia local. Será un acto institucional no que participarán o alcalde, Fernando Suárez, eu mesma e no que o cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, ofrecerá unha pequena presentación sobre aquel feito”.

Pilar Otero subliñou que “co obxectivo de achegar á veciñanza o aciago feito ocorrido con esta embarcación vaise colocar neste...

leer más
Etiquetas:
24/09/2019

Este xoves, 26 de setembro, dan comezo as festas de San Cosme de Barreiros. Ás 13:30 horas, haberá misa solemne na igrexa de abaixo con posterior procesión. Despois terá lugar a sesión vermú co grupo La Bamba, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Estrellas.

O venres 27 ás 13:30 horas celebrarase unha misa solemne na igrexa de arriba. De seguido haberá sesión vermú co grupo Abanico que tamén estará na verbena xunto a Lecer.

Estes festexos están organizados por C.F. Celta Barreiros coa colaboración do Concello de Barreiros.