Eventos

02/10/2018

As festas da Pontenova, na honra de San Lucas, celébranse do 12 ao 15 de outubro e contarán con sete actuacións musicais, a Queima dos Fornos e un espectáculo acrobático con vehículos.

O venres 12 haberá sesión vermú e verbena, que estará amenizada polas orquestras Los Españoles e Olympus. Ademais as sete da tarde terá lugar un espectáculo acrobático cun coche Ferrari e motos a cargo de Paulo Martinho.

Para o sábado 13 está programada sesión vermú e verbena, na que actuarán o grupo Lume e a orquestra Capitol. E de madrugada, ás 00:45 horas, celebrarase o tradicional espectáculo pirotécnico Queima dos Fornos, que chega á súa vixésimo primeira edición.

O domingo 14 haberá sesión vermú e verbena, amenizada polas orquestras Compostela e París de Noia.

E rematarán as...

leer más
Etiquetas:
02/10/2018

O Goberno local do Concello de Mondoñedo ultima xa a celebración da Festa dos Maiores que se vai levar a cabo na localidade o vindeiro mércores 17 de outubro, coincidindo coas San Lucas.

Ás 14:00 horas dará comezo a comida-baile no pavillón municipal de deportes. Está previsto que sexa unha xornada de confraternización na que non van faltar a gastronomía típica, o baile, a festa e os agasallos para todos os participantes. O xantar estará amenizado pola Orquestra Mindoniense Principal.

A rexedora, a popular Elena Candia, convida a participar nesta cita que supón, unha edición máis, “un día de festa e de ledicia paraos veciños e veciñas”.

Inscricións
As persoas empadroadas no Concello de Mondoñedo maiores de 65 anos e os pensionistas de calquera idade, xunto coas súas parellas, terán...

leer más
Etiquetas:
30/09/2018

Mondoñedo celebra o Día de los Pueblos Máis Bonitos de España, que ten lugar mañá luns, día 1 de outubro, coa posta en marcha de audioguíasficcionadas. Así o adianta a alcaldesa da localidade, Elena Candia, quen explica que a entidade local vén de adquirir 30 MP4 e 30 cascos illantes para garantir a calidade do sistema e así escoitar as historias e os sons con total nitidez e sentirse totalmente inmerso na experiencia. O importe destes equipos foi duns 1.700 euros.

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense encargou á Compañía Teatral Chévere o deseño e elaboración destes aparatos para as tres vilas porta de acceso á Mariña Lucense: Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo.Trátase de dispositivos que desenvolven historias personalizadas e adaptadas a cada destino, realizadas tras un coidadoso proceso de documentación para identificar sucesos,...

leer más
26/09/2018

A cuarta edición da Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá terá lugar do 5 ao 7 de outubro, coincidindo coa celebración da Festa da Faba. Haberá rutas polo val e polos municipios de Xove, Trabada e Riotorto, ademais de xincana, trofeos, agasallos e os asistentes gozarán da gastronomía local. O evento foi presentado en Lourenzá cun acto no que participou a alcaldesa, Rocío López.

O portavoz da organización da IV Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá, Fran Rivas, lembrou que “desde o ano 2015 empezamos a reunirnos coas vespas, as motos e os coches clásicos e este ano repetimos. A concentración é o sábado 6 e o domingo 7, pero imos empezar con actividades o venres porque hai xente que xa ven ese día, así que improvisamos unha ruta nocturna en scooters e coches clásicos. Imos ir ao concello de Xove, onde hai unha festa dos callos...

leer más
Etiquetas:
25/09/2018

San Cosme de Barreiros celebra as súas festas patronais os días 26 e 27 na praza do Concello. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anima a asistir ás actividades programadas. Haberá misa solemne os dous días, á unha do mediodía, e sesión vermú. Mañá, mércores 26, actuará un grupo de gaiteiros á saída da misa, e ás 21:30 horas celebrarase a festa-verbena coas orquestras Abanico e Metrópolis. O xoves 27, festivo local, terá lugar a misa cantada pola Coral de Barreiros, ás 18:00 horas haberá xogos infantís e ás 21:30 horas festa-verbena coas orquestras Essencia e Alaska.

O concelleiro barreirense anunciou que “mañá e o xoves se vai celebrar o San Cosme, que é a festa patronal de San Cosme e de Barreiros. É festivo local o día 27 e como é costume sempre se fan os días propios de festa, que van ser o 26 e 27”.

... leer más
Etiquetas:
25/09/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa do Marisco de O Grove con visita á Illa de A Toxa. Será o día 6 de outubro, sábado.

A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo e o seguro de viaxe obrigatorio. O prezo é de 30 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

Etiquetas:
23/09/2018

A Rede Museística da Deputación ofrece un total de 36 actividadesaos escolares da Provincia, que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. Así o avanzou no Museo Provincial de Lugo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp. No acto estivo acompañada pola Directora do Museo Provincial, AureliaBalseiro e a Xerente da Rede Museistica, Encarna Lago.

García Porto explicou que a Deputación “pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018/2019 coa idea de fomentar o achegamento do...

leer más
21/09/2018

Hoxe presentouse na Praza do Centro Cívico de  Xove a II Concentración DE Vehículos clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense,  nunha convocatoria  dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.

A concentración vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 29 de setembro, durante todo o día.

A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.

Para realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar  aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momento as inscricións tanto de coches como de motos  van a moi bó ritmo.

O Programa de actividades vai ser o seguinte:
-De 9:00 a 11:00 horas.- Recepción e...

leer más
Etiquetas:
21/09/2018

O Concello abriu o prazo de inscrición para participar no XV Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 6 ao 9 de decembro. Este evento “quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño, plataforma onde se visualice o seu traballo e talento creativo e innovador”, sinalan desde a Concellaría de Desenvolvemento Local. 

E subliñan que “no Mercado do Nadal poderán participar artesáns con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e sexan de autoría propia, tamén produtos de gastronomía artesanal e creadores, artistas pola súa vertente de creatividade e deseño: artistas plásticos, gráficos, dixitais, xoguetes, moda, etc… que teñan capacidade para exhibir e vender pezas suficientes e que a creación sexa de autoría propia e a distribución sexa a pequena escala...

leer más
Etiquetas:
20/09/2018

O Concello de Burela celebrará este sábado, 22 de setembro, diversos actos con motivo do 50 aniversario do barco museo Reina del Carmen. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anunciou que haberá unha charla e unha visita ao barco. Os tripulantes do boniteiro e os guías turísticos deste museo flotante serán os protagonistas deste día e recibirán un recordo do mesmo. Xa pola tarde haberá unha xornada de portas abertas e todas aquelas persoas que o desexen poderán visitar o barco museo de xeito totalmente gratuíto.

O edil de Turismo, Ramiro Fernández, contou que “o día 22 imos celebrar o 50 aniversario do barco boniteiro Reina del Carmen. Imos celebrar ese aniversario desde a primeira vez que saíu faenar ese barco, que é emblema turístico de Burela”.

O concelleiro burelés dixo que “vai ser algo sinxelo,...

leer más