Eventos

Etiquetas:
07/09/2018

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza o 15 e o 16 de setembro a Romaría de Santa Eufemia.

O día 15 ás 8:00 horas comezará a confección da alfombra floral a carón da capela. Ás 13:30 horas celebrarase a misa solemne na honra da Virxe do Carme e San Antonio cantada polo Coro de Cervo. Despois haberá sesión vermú a cargo da orquestra Emperadores. Ás 22:30 horas terá lugar a gran verbena amenizada pola orquestra Emperadores e o Dúo Epo-K.

O día 16 ás 13:30 horas será a misa solemne na honra a Santa Eufemia, cantada polo Coro de Cervo. Seguidamente haberá sesión vermú co Dúo Epo-K.

O Concello de Cervo colabora na organización destes festexos.

 

Etiquetas:
05/09/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Padrón e Ribeira. Será día 16 deste mes, domingo.

A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, a comida e o seguro de viaxe obrigatorio. Os participantes visitarán o mercado de Padrón, despois comerán e pola tarde farán un percorrido por Ribeira. O prezo é de 35 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

Etiquetas:
04/09/2018

Mondoñedo acollerá este venres, 7 de setembro, a cuarta edición da Festa da Xuventude. O concelleiro Alberto García explicou durante a súa presentación na que estivo acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que este departamento autonómico “sufraga integramente” a celebración que se desenvolverá na praza do Concello despois do festival “Mamá quero cantar” que comezará ás dez da noite.

Esta cuarta edición da Festa da Xuventude contará coa música de Hugo Torreiro e Carlos Bau que se unen no espectáculo denominado #DosEnPunto a través do que repasan os grandes éxitos da música pop española: dende Camilo Sesto a Los Suaves pasando por Alaska, Amaral ou Georgie Dann. A festa rematará cunha sesión dj.

A cita da comezo ás festas na honra á Virxe dos Remedios que se celebran na cidade mindoniense entre o...

leer más
Etiquetas:
04/09/2018

As Concellerías de Medio Ambiente e de Turismo organizan unha viaxe á Festa da Virxe da Barca en Muxía. Será o 9 de setembro e sairán dous autobuses, o primeiro ás 6:30 horas da praza do Concello cos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago por etapas nese treito. O outro autocar partirá ás 8:00 horas coas persoas que queiran asistir á misa e á Festa da Virxe da Barca. En Muxía xuntaranse as dúas expedicións e compartirán un xantar a base de arroz á mariñeira, caldeirada de pescada, lacón asado, doces e café. O prezo por persoa é de 17 euros. Das 110 prazas ofertadas hai aínda 40 libres e a inscrición segue aberta. As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 618 752 560 e 676 445 465.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “é unha iniciativa da Delegación de Medio Ambiente e tamén da...

leer más
Etiquetas:
02/09/2018

A Pontenova acollerá o día 22 de setembro, sábado, a quinta edición da ruta ecuestre Equus Norte.

As actividades comezarán cun almorzo ás 10 da mañá no Mesón A Mina. O percorrido en cabalo empezará ás 10:30 horas e haberá un xantar ás dúas da tarde. Ás 16:30 horas terá lugar unha carreira de obstáculos a cabalo, despois haberá sorteos e música a cargo dunha discoteca móbil e pola noite farase unha degustación de pinchos.

 

Etiquetas:
30/08/2018

Este domingo, 2 de setembro, celebrarase un Touporroutou solidario en Foz.

Terá lugar no Pazo de Fontao, ás 20:00 horas, e será en beneficio dunha familia de Cangas de Foz.

Estará presentado por Tono e amigas/os, e contará coa actuación dos Kentakis, con Burunda e Olaia.

Haberá buses de balde, que sairán do porto ás 19:00 horas.

 

Etiquetas:
29/08/2018

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta este sábado, 1 de setembro, o número 2 da súa revista Candea Branca. O acto terá lugar  na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.

Esta segunda entrega abarca desde xaneiro de 2017 ata xullo de 2018 e presenta traballos literarios e de investigación de autores mariñáns. Neste número hai colaboracións de Arturo Mogo, Antonio Reigosa, Andrés García Doural, Xoan Ramón Fernández Pacios, Lola Sánchez Orol, Paco Piñeiro, Xosé Isidro Fernández Vilalba, Fran Bouso, Claudia Pena, Pablo Mosquera, Beatriz Yáñez, Rita Morrigan, Alfonso Otero Regal, Pedro Rubal, Isaac Ferreira, Ramón Hermida, Alberto Geada, Lionel Rexes, Xavier Pardiñas, Pepe Blanco, Susi Paz e Miguel Vila.

A publicación recolle ademais a sección de noticias do SEVA coas actividades organizadas polo...

leer más
Etiquetas:
29/08/2018

A parroquia de Rúa celebra este sábado, 1 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e varios membros da Asociación de Veciños.

A cita comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a ruta de sendeirismo, e xa ao mediodía o Dúo Diamantes será o encargado da sesión vermú. Ás 14 haberá un xantar que será de balde ata 5 anos, 10€ de 5 a 10 anos e 20€ para os maiores de 10 anos.

Pola tarde, ás 18h terá lugar a Malla Tradicional e ás 20h haberá Xogos Populares para nenos e maiores.

... leer más
Etiquetas:
28/08/2018

As festas patronais de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo, comezan este sábado, día 1 de setembro, con teatro de monicreques e o pregón a cargo do profesor e escritor Carlos Álvarez Lebredo.

Os actos empezarán ás 19:00 horas no parque de San Francisco, onde a compañía Mircromina representará a obra de teatro de monicreques A familia unida. En caso de mal tempo este acto trasladarase ao auditorio municipal Hernán Naval. E ás oito e media da tarde no Teatro celebrarase o acto do pregón, no que actuará a Coral Polifónica de Ribadeo.

Carlos Álvarez Lebredo é fillo do músico Carlos Álvarez Fernández-Cid, de quen se celebra este ano o centenario do seu nacemento con varios actos na vila ribadense.

O pregoeiro das festas patronais de 2018 na honra de Santa María do Campo naceu en Ribadeo...

leer más
Etiquetas:
27/08/2018

A Pontenova acollerá a cuarta edición da Festa da Malla este sábado, día 1 de setembro.

Está organizada polo Concello e colaboran Amigos da Malla e a Deputación de Lugo.

A malla comezará ás doce do mediodía, ás 13:30 horas haberá sesión vermú e a partir das 14:00 celebrarase a comida con un menú composto por empanada, arroz caldoso, costela asada e postre. O prezo é de 15 euros para os adultos e os nenos maiores de 3 anos pagarán 12 euros.

Ás cinco da tarde continuará a malla e ata as 20:00 horas haberá actividades acuáticas no Pozo da Ola. Durante toda a tarde tamén se celebrarán torneos de billarda e doutros xogos populares.

Ás 21:30 horas haberá pinchos para cear e a partir das 22:00 comezará a música en directo.