Eventos
As XXV Xornadas Técnicas Expomar, que se desenvolverán os días 3 e 4 de maio, serán inauguradas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e clausuradas polo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos. Nesta cita abordaranse temas como a política pesqueira comunitaria e os hábitos de consumo, nutrición e trazabilidade. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, fai unha chamada ao consumidor a asistir á mesa redonda do venres, debido aos temas que se abordarán: a importancia do peixe na dieta nutricional, a trazabilidade, o etiquetado e a información ao consumidor, entre outros. Paralelamente o venres, día 4, tamén se celebrará o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.
Llano subliñou que “este ano ten a particularidade de ser o 25 aniversario, o cal ven indicar que hai interese desde a Fundación...
leer másO Concello de Lourenzá organiza o vindeiro martes, día 1 de maio, a tradicional Festa do Maio que se celebrará en Vilanova. Haberá premios para o mellor adorno de balcón, xanela ou local comercial e na Praza do Conde Santo ás sete da tarde terá lugar a actuación da Banda de Luis Vallecillo.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o próximo martes, día 1 de maio, celebramos un ano máis a tradicional Festa dos Maios de Lourenzá. Ás catro e media da tarde terá lugar a saída da Madalena do Mercado Comarcal Gandeiro para facer un percorrido polas principais rúas da vila chegando ao Cantón. Unha vez rematado o percorrido entregaranse os premios ao mellor adorno de balcón, xanela ou local comercial e tamén os premios do terceiro concurso Unha postal para mamá, organizado pola asociación de comerciantes e autónomos ACIAL de Lourenzá”.
... leer másA edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, anunciou hoxe o programa de actos que hai disposto con motivo do XXXV Día do Xubilado, que terá lugar o vindeiro martes, 1 de maio.
Armada avanzou que a día de hoxe “máis de 500 veciños e veciñas xa se anotaron para participar nesta xornada de convivencia que pretende ser unha homenaxe ao importante labor desenvolvido polos nosos maiores tanto no pasado como no presente”.
A edil comunicou que desde o Concello fletaremos autobuses que pasarán ás 11:30 horas da mañá por todas as paradas das parroquias para recoller ás persoas asistentes.
A xornada comezará ás 12:00 horas, cunha misa cantada pola Coral Terramar no Pavillón da Veiga, “que xa estamos acondicionando para a ocasión”. A continuación, os asistentes desprazaranse ata a carpa instalada na Praza dos Campos onde...
leer másAs Concellerías de Turismo e Medio Ambiente organizan unha nova peregrinación que este ano será entre Compostela e Fisterra-Muxía. Dividirase en cinco etapas de 18 quilómetros cada unha delas, e a primeira será o 5 de maio. As persoas interesadas poden anotarse nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 618 75 25 60.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anunciou que “nesta ocasión imos facer o camiño de Fisterra a Muxía, empezamos en Santiago e acabaremos en Fisterra, e despois iremos a Muxía, pero iso será máis adiante en setembro”.
Gómez Puente sinala que “as persoas interesadas en participar nesta nova peregrinación poden chamar ao 618 75 25 60, que é o meu teléfono, ou achegarse persoalmente ao Concello de Barreiros”.
O edil barreirense explica que “...
leer másA cita, organizada pola asociación Cabaleiros do Xunco, en colaboración co Concello, terá lugar no polígono industrial de Cuíña durante toda a xornada.
Así o anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Medio Rural, José Ramón Soto e Plácido Pérez, na presentación do evento, na que tamén estivo presente o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e varios membros da Xunta directiva deste ente.
Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciais no recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuitos para os pequenos sobre cabalos de montura.
Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras:...
leer másOs días 18, 19 e 20 de maio terán lugar as Festas de Obispo Santo en San Martiño, en Foz, a carón da ermida de San Gonzalo.
O venres a festa-verbena estará amenizada polas orquestras Nueva Banda e Jerusalén.
O sábado ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois haberá sesión vermú co grupo Taxi. Na festa-verbena actuarán o grupo Taxi e a orquestra New York.
O domingo ás 13:00 horas terá lugar a misa, seguida de sesión vermú.
Durante os tres días haberá pulpo, xamón cocido e churrasco servido pola pulpería A Rochela, de Vilalba.
Os festexos están organizados pola asociación cívico-cultural Obispo Santo coa colaboración do Concello de Foz.
A comisión de festas de Monte, formada por membros da asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os días 28 e 29 de abril.
O sábado, día 28, ás 13:00 horas, celebrarase a misa na igrexa parroquial e procesión na honra a San Isidoro. Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con Pecados. Ás 15:00 horas, terá lugar un xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 646 647 619. Ás 17:00 horas, comezará a verbena con Pecados e Fénix na que haberá trofeos para as tres mellores parellas de baile, para a máis vella e a máis nova.
O domingo, día 29, ás 10:00 horas dará comezo unha xuntanza cabalar e ruta de sendeirismo Penasagudas á Cruz do Pau da vella (a pé ou a cabalo), organizada pola asociación Cruz de Loureiro....
leer másDesde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio subliñan que ata o 4 de maio está aberto o prazo do inscrición na III edición de Cantos de Taberna, que se desenvolverá o 11 de maio a partir das oito da tarde durante o Ribadeo de Tapeo 2018.
E lembran que “as bases atópanse publicadas na páxina web do Concello e nelas recóllese, como vén sendo habitual, as seguintes particularidades: os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de maneira visible. A participación no concurso estará limitado a 10 grupos e/ou un máximo de 100 persoas en total. Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non podendo realizar actuacións noutros locais de hostalería que non lle fosen asignados. Cada grupo dispoñerá de 20 minutos de actuación en cada local. O...
leer másA Concellería de Cultura programa para este domingo, 22 de abril, o espectáculo titulado "Achégate ao sexto sentido" co mago Manuel Lamas.
Esta actuación, incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros ás 18:00 horas.
Trátase dunha montaxe novidosa onde as novas tecnoloxías se mesturan con fermosas historias contadas con dobre sentido para que o público disfrute con emoción e ilusión.
A asociación cabalar Rías Altas organiza o 26 de maio a V Ruta Cabalar O Vicedo.
A saída será ás 10:00 da mañá desde o peirao de O Vicedo e a ruta discorrerá polos paraxes do concello. Ás 15:00 horas haberá un xantar, o prezo por persoa é 20 euros e a inscrición pode facerse ata o día 23 de maio. Os teléfonos de contacto son: 677 452 735 (Alejandro) e 679 622 314 (Cristian).
A organización informa que se trata dun paseo a cabalo e non dunha competición, non se fai responsable dos danos ocasionados a terceiros e é obrigatorio o seguro do animal.












