Exposiciones
Afundación e ABANCA asinaron un convenio de colaboración co Concello de Foz para a realización da exposición «O noso planeta» que se poderá visitar de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas no CENIMA desde o vindeiro 2 de decembro ata o 5 de xaneiro. «O noso planeta», reflexo do compromiso de Afundación coa sostibilidade e a protección do medio ambiente, está baseada na recoñecida serie homónima producida por Netflix e que bateu todos os récords de audiencia da súa programación, superando calquera serie ou película da súa carteleira. Ao acto de rúbrica asistiron Francisco Cajoto Caserío, alcalde de Foz; Óscar Rodríguez Rodríguez, coordinador institucional de ABANCA en Lugo e Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense.
A proposta da Obra Social de ABANCA consiste en presentar unha...
leer másA Pancha, a moeda local ribadense, será a protagonista dunha exposición que se poderá visitar nas principais rúas da vila e que inclúe tanto paneis explicativos do seu funcionamento como un percorrido polo pasado comercial de Ribadeo.
O concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, lembra que “dende mediados do século XIX, Ribadeo foi un punto estratéxico para a actividade comercial, fortaleza que perdura ata o día de hoxe e aínda que os tempos cambiaron, a importancia do comercio na nosa vila é indiscutible, ata o punto de chegar a contar cunha moeda propia, a Pancha”.
O edil ribadense sinala que “se durante estes días paseamos polas principais rúas comerciais, en concreto por Rodríguez Murias, atoparémonos cunha exposición, que se divide en dúas partes e que está dedicada á nosa moeda, onde se amosa como e cando...
leer másA exposición “Galiza un país de festas. Ritos e festivos singulares”, incluída no programa de Exposicións Itinerantes da Rede Museística do Museo de Lugo, estará en novembro en Foz.
A Concellería de Patrimonio celebra así o Día Internacional do Patrimonio Mundial que se conmemora o 16 de Novembro. Trátase de poñer en valor neste caso o patrimonio inmaterial recollido nun Proxecto de salvagarda que durante os últimos anos levou a cabo a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Principiou no ano 2007 baixo a coordinación da Asociación Lugo Patrimonio, co obxectivo de dinamizar e consolidar seis ritos festivos singulares do sur da provincia de Lugo, e de conservar e revitalizar os seus espazos xeográficos, castigados polo grave despoboamento.
Dende o principio, colaboraron activamente as asociación...
leer másAta o 28 de outubro pódese visitar na Casa da Cultura de Burela a exposición colectiva Katy&Company. Trátase dunha mostra de pintura e fotografía dos artistas Abraham Moreno, Anuska e Katy García.
A exposición pódese ver ata o 28 de outubro de luns a venres en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.
O Concello de Foz presentará este martes, 27 de setembro, o proxecto de arquivo dixital dos fondos históricos documentais dixitalizados previamente polo propio Concello. o acto celebrarase ás 12.00 da mañá no salón de actos da Casa da Cultura focega e estará aberto ao público ata completar aforo.
Este arquivo é un escaparate virtual orientado á posta en valor do patrimonio material e inmaterial do Concello de Foz, que ofrecerá de forma rápida e estructurada unha gran cantidade de información na rede, permitindo localizala de xeito intuitivo e axilizar a localización de datos na páxina web https://arquivoconcellodefoz.com/.
Con esta web póñense a disposición do público multitude de imaxes, vídeos e outro material de diversa orixe e tipoloxía, que permitirán entender e...
leer másA delegación de Cultura do Concello de Burela anunciou esta mañá que as obras de remodelación que se están a facer na ponte sobre a rúa Eijo Garay incluirán unha cerámica serigrafiada con motivos relacionados co mar e co municipio.
Realizarase na zona central da obra unha composición con esta cerámica, lucindo nunha ponte “que xa precisaba unha mellora” por levar un tempo “presentando un aspecto bastante desolador”, segundo asegurou o edil de Cultura, Jose Díaz.
Foron moitos os trámites administrativos realizados para poder iniciar esta obra, principalmente o de “conseguir a aceptación de Adif, os propietarios da ponte, xa que consideraban que non estaba o suficientemente deteriorada para acometer ningún tipo de actuación, polo que foi o concello quen se fixo cargo”, explicou Díaz.
Unhas...
leer másDesde hoxe, 2 de setembro, o Castelo de Castrodouro de Alfoz, onde se ubica a Oficina de Información Turística, abrirá venres, sábados e domingos en horario de mañá de 11:00h a 14:00h e de tarde de 17:00h a 20:00h ata o día 2 de outubro.
No interior do Castelo, símbolo do Concello de Alfoz, pódese disfrutar de varias exposicións: Antigas Escolas, Pintura de Hipólito Xeada e II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera" e sen dúbida, das magníficas vistas desde a súa azotea desde a que se abarca todo o val.
O entorno do Castelo de Castrodouro, xunto á Igrexa de San Salvador do Castro conta cunha área recreativa ideal para disfrutar coa familia e amigos. É, sen dúbida, unha visita máis que recomendable.
Onte foi inaugurada nas Escolas Vellas de Cervo a mostra fotográfica Os Camiños de Casares, que se poderá visitar de luns a venres, ata o 15 de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas.
No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares, as edís de Cultura e Medio Ambiente, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, e o autor das instantáneas, Xurxo Lobato; ademais de membros da asociación Airiños do Xunco, a quen desde o Concello lle agradecen a cesión do local municipal, pero que está xestionado por esta entidade.
A exposición recolle 40 fotografías de gran formato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago. A actividade forma parte do programa o Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e está promovida pola Fundación Carlos Casares, coa colaboración do Concello de Cervo.
Ata o 4 de setembro pódese visitar na rúa San Roque, de Ribadeo, a exposición Os nosos océanos, de Afundación. A mostra foi inaugurada este mediodía. Ao acto asistiron as concelleiras de Cultura e Servizos Sociais, Pilar Otero e Mónica Freire, xunto ao alcalde en funcións, Pablo Vizoso, así como a responsable de Relacións Institucionais en Ourense e Lugo de Afundación, Obra Social de Abanca, Beatriz Fernández, e representantes da entidade bancaria en Ribadeo e na Mariña.
O rexedor declarou: “estamos moi agradecidos á obra social de Abanca por traer esta exposición fotográfica de carácter itinerante, que vai estar dispoñible ata o 4 de setembro para o disfrute de todos os ribadenses e de todas as persoas que teñan a ben visitarnos. É unha mostra que trata sobre a riqueza mariña, sobre a conservación dos nosos mares e océanos e que mostra...
leer más












