Gastronomía

Etiquetas:
28/09/2018

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, presentou hoxe a programación da XXVIII edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará dos días 5 ao 7 de outubro. As actividades inclúen a venda de fabas, degustacións, tapas elaboradas con esta leguminosa, showcooking, actividades infantís, os concertos musicais de Tumba e Dalle e A Roda e concentracións de vehículos clásicos, entre outras propostas. O pregón será o sábado ás 12:00 horas e correrá a cargo da xornalista Marta Docampo. A rexedora convida a asistir a esta cita.

Rocío López anunciou que “o fin de semana do 5, 6 e 7 de outubro celebramos a vixésimo oitava edición da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego pola Xunta de Galicia. A inauguración do stand do concello invitado, unha novidade que introducimos fai dous anos, terá lugar o venres. Este ano é A Rúa...

leer más
Etiquetas:
27/09/2018

A xunta directiva de Acisa ultima os detalles das campañas que se desenvolverán en Ribadeo ata finais de ano. Do 2 ao 4 de novembro terá lugar unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo e do 22 ao 25 dese mes celebrarase o Black Friday. 

Na reunión mantida esta semana pola xunta directiva de Acisa acordouse continuar cun traballo intenso para tentar que o peche do ano sexa positivo e fíxose balance da repercusión que o turismo tivo para o comercio e a hostalería  ribadense: “aínda que o mes de xullo foi bastante frouxo con respecto a anos anteriores, agosto cumpriu coas expectativas que nos realizamos, sobre todo para os hoteis e restaurantes da nosa vila. Setembro tamén estivo ben, pero debemos traballar para mellorar o impacto turístico no comercio e nos bares. É certo que puidemos ver as rúas de Ribadeo ateigadas...

leer más
Etiquetas:
26/09/2018

O Centro de Interpretación da Faba, en Lourenzá, acolleu esta mañá a presentación da segunda edición da Ruta da Faba, da que poderán gozar mariñáns e turistas os días 13, 20 e 27 de outubro. Esta ruta busca poñer en valor o arte, o patrimonio, a natureza, a gastronomía e o cultivo da faba de Lourenzá. Durante 7 horas grupos de 10 ou 15 persoas poderán percorrer edificios emblemáticos laurentinos, visitar as plantacións de faba e falar cos agricultores, achegarse á Cooperativa Terras da Mariña e gozar dun delicioso xantar composto de produtos da comarca, entre outras actividades. No acto desta mañá participaron o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o representante da Cooperativa Terras da Mariña, José Cuadrado; e Pedro Fraga, de Mariña Activa, empresa que se encarga de comercializar esta Ruta da...

leer más
Etiquetas:
21/09/2018

A contorna da praza de abastos de Ribadeo acollerá este domingo, día 23 o evento chamado Pementos Fest. Está organizado polo Concello de Ribadeo e a Asociación de Produtores de Horta A Sucadoira.

Desde a organización explican que “como cada setembro, chega a tempada dos pementos e o Mercado dos Domingos quere dedicar un día especial a este produto tan característico da nosa zona, onde salienta o Pemento de Piñeira. Para elo celebrarase o Pementos Fest o vindeiro domingo, día 23 de setembro, de 9 a 14 horas, no Mercado dos Domingos”.

Os organizadores engaden que “esta xornada dedicada ao pemento, ademais de incluír o xa habitual mercado de produtores e produtoras locais, contará cunha mostra de elaboración de cervexa artesanal a cargo de BB de Ribadeo a partir das 11 horas. Ás doce do mediodía haberá unha...

leer más
Etiquetas:
14/09/2018
O mes de setembro ven cargado de actividades e iniciativas da man do Centro Comercial Histórico de Viveiro: 
 
-O sábado, 15 de setembro, ás 20:30 horas na Praza da Fontenova terá lugar a representación da obra “Amor Filial” da man da compañía Ardora, de Cervo.
 
A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo dentro do circuito Buxiganga, proxecto teatral afeccionado. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer. 
 
Nesta ocasión a compañía Ardora representará a traxicomedia titulada”Amor Filial” apta para tódolos públicos. A obra trata da relación entre as diferentes xeracións dunha mesma familia, nais e...
leer más
Etiquetas:
06/09/2018

Na avenida de Asturias, número 11, de Ribadeo, reabriu onte, mércores, un establecemento hostaleiro histórico na vila ribadense: o café bar Madison. Nesta nova etapa o xerente é Javier González Barcía, tamén coñecido como Javi Tattoo.

A inauguración incluíu unha degustación gratuíta de bebidas e tapas para os moitos clientes que asistiron.

O novo café bar Madison disporá de tres pantallas de televisión, unha delas xigante, para que os clientes poidan gozar ao grande dos principais acontecementos deportivos. Abre todos os días ás 08:00 horas, está atendido por persoal con ampla experiencia en hostalería e ofrece almorzos, tapas, racións e bocadillos, ademais dunha gran variedade de bebidas.

 

Etiquetas:
30/08/2018

O vicepresidente da Deputación e deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o presidente de CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), Francisco López Valladares, xunto con membros da Corporación, inauguraron este xoves a feira de produtos ecolóxicos que se celebra, dende hoxe e ata este sábado, 1 de setembro, nos xardíns de Noriega Varela. Baixo o nome de Ágora Verde, serve para dar a coñecer estes alimentos na comarca, e os stands participantes estarán abertos dende ás 11 ata ás 22 horas.

O Goberno da Deputación é o principal impulsor desta iniciativa, que acada a súa terceira edición, cunha achega de 25.000 euros. Durante os días de feira haberá xogos, obradoiros infantís, concursos e demostracións de cociña, entre outras actividades.

 

10/08/2018

A 2ª Festa do Ovo Frito celebrarase o vindeiro martes, 14 de agosto, no campo do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. O obxectivo é recadar fondos para o Celta Barreiros e pasar unha boa noite de festa. A cita dará comezo ás oito da tarde e por seis euros será posible degustar patacas, un par de ovos fritos, un chourizo, pan e bebida. A noite contará con animación musical. O evento foi presentado este mediodía no Concello de Barreiros coa presenza do alcalde, Alfonso Fuente; do primeiro tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente; e do presidente do Celta Barreiros, José Manuel García Cela, entre outros. 
O presidente do club de fútbol barreirense manifestou que “é a Festa do Ovo Frito que celebramos no campo de fútbol do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. Xa organizamos o ano pasado a primeira edición para recadar fondos como axuda para o Celta Barreiros de fútbol e...

leer más
Etiquetas:
02/08/2018

O Executivo Provincial colabora coa XXXIV Feira do Bonito de Burela, que comeza este xoves e prolongaraseata o domingo.Ao longo da fin de semana, serviranse máis de 3.500 quilos de bonito, repartido en preto de 5.000 racións. Ademais da Feira do Bonito esta fin de semana terán lugar outros dous eventos importantes en Burela como son o II Certame de Pintura Mural AMARTE, que está incluído na programación da mesma feira, e a 16ª Feira Produart. O Goberno da Deputación destina 21.000 para colaborar con estes tres eventos.

Dende o xoves 2 e ata o domingo 5, na vila de Burela terán lugar máis dunha decena de actividades distintas a través das que se dará a coñecer a gastronomía do Concello, por medio do principal recurso pesqueiro e económico desta, á vez que reunirá varios milleiros de visitantes, dinamizando a economía e actuando coma un...

leer más
Etiquetas:
02/08/2018

El Hotel Vila do Val, en Ferreira do Valadouro, inicia mañana, 3 de agosto, la décima edición de las jornadas del bonito, que se prolongarán hasta el 9 de septiembre. 
Todos los días de la semana, al almuerzo y a la cena, se podrá degustar este producto en diversas preparaciones elaboradas por la cocina del Vila do Val. Son cuatro las recetas escogidas: bonito en rollo, con pisto, a la plancha y a la faraona. El precio, al igual que el año pasado, es de 12 euros/plato.

La directora del Hotel Vila do Val, María Hermida, destaca que “es una cita ya consolidada a la que muchos de nuestros clientes acuden cada año e incluso algunos aprovechan su estancia en el hotel para degustar el bonito. Llegamos a la décima edición de esta cita gastronómica y estamos satisfechas por ello. En este 2018 repetimos aquellas preparaciones que tienen mayor...

leer más