Burela

Etiquetas:
12/11/2020

Mañá, 13 de novembro, terá lugar a reapertura da exposición do fotógrafo galego Julio Noche, titulada Luces e Sombras, que estará na Casa da Cultura de Burela ata o 30 de novembro.

Esta mostra abriu inicialmente ao público o pasado día 29 de febreiro, pero tivo que pechar aos poucos días despois debido á pandemia de covid, segundo informa a Concellería de Cultura de Burela. 

Luces e Sombras é unha colección de máis de vinte fotografías que reflicten unha persoal busca da luz, desde as tebras. O autor non ilumina a escena senón que a escena o ilumina a el e, no último termo, ao espectador. As imaxes mostran estados de ánimo, momentos contemplativos de beleza ou de reflexión, e xogos co abstracto buscando novos estímulos.

Julio Noche utiliza, nesta ocasión, a fotografía como terapia da alma...

leer más
Etiquetas:
10/11/2020

O Almacén do Peixe amplía su servicio de entrega a domicilio para seguir atendiendo a sus clientes de los diferentes municipios de A Mariña y de otros lugares a pesar del cierre perimetral de Burela como consecuencia de la pandemia de Covid-19.

Ahora O Almacén do Peixe, de Burela, realiza el reparto a domicilio todos los días de martes a sábado. Los interesados en recibir en su casa pescados y mariscos frescos pueden darse de alta en la lista de difusión de O Almacén do Peixe, enviando un mensaje a través de whats app al número de teléfono 604.085.658, y recibirán todas las ofertas diariamente en su móvil. También pueden contactar para hacer sus encargos llamando a los teléfonos 982.58. 64.24 o 698.170.624. 

 

Etiquetas:
09/11/2020

O galego David Amor presenta o vindeiro sábado, 14 de novembro, en Burela o monólogo Love está en el aire. Será no auditorio municipal ás 20:30 horas. O prezo das entradas é de 4 euros. 

As entradas estarán á venda o día da función na billeteira do auditorio, que abrirá unha hora antes do comezo da representación.

Participan na organización deste evento, xunto ao Concello de Burela: Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 2021.

O Concello agarda que a Xunta de Galicia permita que o aforo no auditorio municipal sexa para 50 persoas, en lugar das 30 permitidas na actualidade, “xa que hai sitio de sobra para manter as medidas de seguridade esixidas neste momento”. E lembran que “será obrigatorio o uso de máscara, así coma o lavado das mans co xel...

leer más
Etiquetas:
06/11/2020

A compañía Ibuprofeno Teatro presenta en Burela a súa última produción “O mel non caduca”. Marián Bañobre e Avelino González (premio ao Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada) son os protagonistas desta traxicomedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso que se poderá ver na Casa da Cultura o domingo, 8 de novembro, ás 19:30 horas. 

“O mel non caduca” é un espectáculo arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación do planeta por mor da perversa lóxica capitalista. É unha obra para emocionar e concienciar e tamén para rir. 

A montaxe amosa dúas tramas, dous científicos que no 2173 tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva e dous irmáns que se reencontran trala morte da súa nai para xestionar as...

leer más
Etiquetas:
05/11/2020

A programación cultural de Burela para novembro inclúe varias representacións teatrais, a actuación de David Amor e a estrea do documental Honra. Debido ás novas restricións que aplicará a Xunta de Galicia desde o vindeiro sábado, 7 de novembro, haberá redución de aforo para asistir a todas estas actividades. 

O vindeiro domingo, día 8, Ibuprofeno Teatro representará a obra O mel non caduca. Será no Auditorio Municipal ás 19:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.

O sábado 14 David Amor presentará o seu monólogo Love está en el aire. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.

O sábado 21 a compañía Teatro Andanzas porá en escea a obra Olvida los tambores. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. E o domingo 22 tamén no Auditorio Municipal...

leer más
Etiquetas:
05/11/2020

A Concellería de Medio Ambiente anuncia a cancelación do Obradoiro de Alquimia na Cociña, que estaba previsto para este sábado, 7 de novembro, e  tamén os Obradoiros de Nadal, que ían ter lugar todos os venres deste mes.  

A edil Toñi Eijo sinala que “tras a situación provocada pola covid-19 no noso pobo vémonos obrigados a cancelar estas actividades. Facémolo por responsabilidade e como medida de precaución. A nosa intención é facer ambas iniciativas en canto a situación o permita”.

 

02/11/2020

O debut ligueiro das Guerreiras na casa, previsto para este sábado (18.30 horas) coa xornada 4 ante o UA Alicante, será a porta pechada. A Vista Alegre tan só terán acceso as expedicións de ambas as escuadras, así como o persoal do club e medios acreditados. A cita poderá seguirse en directo por streaming.

Os abonados terán ata o venres, día 30, para solicitar a devolución da cota correspondente a este encontro (4 euros Abono Feminino// 3 euros Abono Mixto). Deberán formalizalo por escrito na oficina laranxa (formulario dispoñible). 

Horario de atención: 

Luns e venres 10.00-14.00 horas
De martes a xoves 10.00-14.00 // 16.30-19.00

Etiquetas:
31/10/2020

A compañía Producciones Teatrales S.L. decidiu cancelar o espectáculo de humor Pesadilla en la comedia, protagonizado por Enrique San Francisco e Miki Dkai previsto para o vindeiro sábado, 7 de novembro no auditorio municipal de Burela, dada a alerta sanitaria derivada do covid-19 e a limitación de aforo a 60 persoas imposta pola Xunta de Galicia para os eventos culturais que se realicen en recintos pechados. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, lamenta “as molestias ocasionadas e trataremos de reprogramar máis adiante dito espectáculo. O importe das entradas xa mercadas será devolto automaticamente a través da plataforma online de ataquilla.com”.

 

Etiquetas:
26/10/2020

A visita do Santa Coloma a Vista Alegre será sen público, tras o estado de alarma anunciado polo Goberno pola Covid-19. Ao recinto tan só terán acceso as expedicións de ambas as escuadras, así como o persoal do club e medios acreditados. A cita poderá seguirse en directo por streaming.

Os abonados terán entre hoxe e o venres, día 30, como prazo para solicitar a devolución da cota correspondente a este encontro (4 euros Abono Masculino// 3 euros Abono Mixto). Deberán formalizalo por escrito na oficina laranxa.

Horario de atención: De luns a xoves 10.00-14.00 // 16.30-19.00 e Venres 10.00-14.00 horas

Etiquetas:
26/10/2020

A Concellería de Medio Ambiente organiza talleres de manualidades de Nadal con Gaia. Vanse celebrar os venres do mes de novembro pola tarde. Serán os días 6, 13, 20 e 27. 

A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explica que “ofertamos talleres de manualidades de Nadal, que terán lugar todos os venres do mes de novembro pola tarde. Trala gran demanda que tiveron os obradoiros de manualidades que ofertamos durante o mes de outubro, decidimos facer unha quedan máis para poder ofertar máis prazas”. 

A concelleira burelesa sinala que “debido á situación que estamos a vivir con respecto á pandemia non sabemos de que tamaño serán os grupos, e farémolos respectando as medidas vixentes en cada momento. Nesta actividade poden participar os nenos e as nenas empadroados en Burela que cursen Infantil ou Primaria. Para apuntarse...

leer más