Lourenzá

Etiquetas:
12/06/2019

O Concello de Lourenzá e o Centro de Formación e Ocio Kativ@s organizan para os meses de xullo e agosto o Campamento Súper Chef. Está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “nesta actividade preténdense contar coa colaboración do comercio local e de profesionais da hostalería. O Concello subvenciona o 50 por cento do prezo da actividade, sendo o custo final para as familias de 55 euros por nen@ e mes, cun desconto do 20 por cento a partir do segundo irmán. O prazo de inscrición remata o 26 de xuño e pode realizarse nas oficinas municipais ou na biblioteca do Concello”.

Manuel Arango engade que “tal é como aparecía no programa electoral dos socialistas de Lourenzá, as Escolas de Verán e de Nadal son unha das...

leer más
Etiquetas:
15/05/2019

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial, organiza una serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas este venres, 17 de maio.

O grupo de gaitas Cántigas e Frores, de Lugo, percorrerá as rúas e os bares de Vilanova a partir das 12 do mediodía. E ás 19:30 horas, no salón de exposicións do Concello, lembrarase a figura e a obra do escritor homenaxeado nesta ocasión, Antón Fraguas.

Rematarán os actos cun recital poético a cargo da poetisa laurentina Marina Oural, con poemas de Juana de Ibarbourou, escritora uruguaia con raíces en Lourenzá.

 

Etiquetas:
29/04/2019

Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 1, o desfile do Maio e un espectáculo de clown e circo, que terá lugar no Cantón.

Ás 16:30 horas saíra o Maio do mercado comarcal para percorrer as rúas de Vilanova, acompañados polo grupo de música da asociación Osorio Gutiérrez. A continuación no Cantón haberá desfile d@s participantes no concurso de sombreiros, entrega de premios do concurso de postais para as nais, organizado pola ACIAL, e entrega de premios dos concursos de decoración de vivendas e comercios e de sombreiros do Maio.

As actividades rematarán cun espectáculo de clown e circo titulado MeRe-cidamente, da compañía Moc Moc.

En caso de choiva as actividades do Cantón trasladaranse ao mercado comarcal gandeiro.

 

Etiquetas:
23/04/2019

O Concello de Lourenzá convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio, que terá lugar o vindeiro día 1, mércores. Nun dos certames premiaranse as fiestras, balcóns, portais ou escaparates mellor decorados das rúas polas que pasa o percorrido tradicional do Maio. O outro concurso agasallará aos sombreiros mellor adornados que acompañen ao Maio no desfile, que sairá do mercado gandeiro ás 16:30 horas.

O concelleiro Manuel Arango anuncia que “o Concello de Lourenzá, a través da área de Cultura, convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio do próximo mércores día 1”.

O edil explica que “o primeiro concurso consiste en premiar as fiestras, balcóns, portais ou escaparates comerciais mellor decorados daqueles edificios por onde o Maio ten o seu percorrido tradicional. Haberá dous...

leer más
16/04/2019

A orquestra Panorama ofrecerá en Lourenzá a súa primeira actuación na provincia de Lugo co seu novo espectáculo para esta tempada, denominado Number One Tour. Será este xoves, día 18, a partir das 00:30 horas no recinto feiral, que estará cuberto con carpa.

A actuación da orquestra Panorama en Lourenzá é o prato forte do festival Vilou Spring Fest, que organiza a asociación Conde Santo e que inclúe tamén sesión vermú a cargo de Decibelios Eventos e de DJ Billy.

Para este espectáculo da xira 2019 a orquestra Panorama conta con novo escenario, son e iluminación diferentes e tamén novos compoñentes.

Ademais do Vilou Spring Fest o Xoves Santo en Lourenzá celebrarase a cuarta reunión de Amigos da Vespa&Faba e Clásicos e a primeira xornada do torneo internacional de baloncesto feminino...

leer más
12/04/2019

O Concello de Lourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa o torneo internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, a 4ª reunión de Amigos de Vespa&Faba e Clásicos, e tamén o Vilou Spring Fest, que se celebrará o xoves 18 e que inclúe a actuación da orquestra Panorama. Todos estes eventos foron presentados conxuntamente por representantes dos colectivos organizadores coa alcaldesa laurentina, Rocío López.

A rexedora municipal explicou: “temos preparado para esta Semana Santa, concretamente os día 18, 19 e 20 de abril, un amplo programa de actividades que combina a 14ª edición do Lourenzá en Xogo, que é o torneo de basket feminino que se celebrará neses tres días. Tamén teremos a colaboración, como noutras ocasións, de Vespa&Faba Clásicos de Lourenzá que realizará unha gimkana e distintas actividades máis. E o xoves durante...

leer más
Etiquetas:
10/04/2019
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto coa Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, presentaron este mércores, no pavillón municipal de Lourenzá a XIV edición do torneo bianual internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que se celebrará os días 18, 19, e 20 de abril nesta infraestrutura deportiva do concello mariñán.
 
No torneo competirán un total de 29 equipos, procedentes de España e Portugal, divididos nas categorías sénior, júnior, cadete e infantil. Unhas 350 rapazas que competirán e pasarán tres días no Concello de Lourenzá, onde estarán aloxadas no colexio e na casa da Xuventude, e onde desfrutaran dunha noite lúdica de recibimento, cunha festa celta.
 
Rivera Capón explicou que “é necesario apoiar o deporte...
leer más
02/04/2019

Lourenzá acollerá unha concentración de scooters, motos e coches clásicos o día 18 de este mes, Xoves Santo. Esta actividade está organizada pola asociación VespaFaba&Clásicos Lourenzá e colabora o Concello.

O presidente do colectivo organizador da Reunión Amigos de VespaFaba&Clásicos, Fran Rivas Dasilva, explica que “este é o cuarto ano que se fai en Xoves Santo e nesta ocasión coincide co torneo de baloncesto, ao que virá xente de diferentes puntos da Península, e vai ser un aliciente moi bo mesturar o terreo do deporte cos clásicos. Encima a asociación Conde Santo tamén se implica e fai unha sesión vermú e verbena á noite, na que actuará incluso a orquestra Panorama. Entón eu creo que vai ser un día moi interesante, a ver se nos acompaña o tempo e creo que imos pasalo moi ben. Xa temos xente que vai vir de diferentes puntos de...

leer más
Etiquetas:
05/03/2019

ACIAL e o Concello de Lourenzá organizan o Domingo de Piñata, que se celebrará o 10 de marzo. Contan coa colaboración do CEIP Juan Rey e de Hermida. Haberá pulpo e churrasco no recinto feiral.

Ás 16:30 horas terá lugar a saída do desfile, amenizado coa actuación de Dúo Musical.

Os premios na categoría Infantil serán: Individual con 65€ ao 1º, 55€ ao 2º, 45€ ao 3º, 40€ ao 4º e 30€ ao5º; Parellas con 125€ ao 1º, 100€ ao 2º, 75€ ao 3º e 50€ ao 4º; e Grupos con 250€ ao 1º, 200€ ao 2º, 150€ ao 3º e 100€ ao 4º. Na categoría Adultos os premios serán: Individual con 150€ ao 1º, 100 € ao 2º e 75€ ao 3º; Parellas con 200€ ao 1º, 150€ ao 2º e 100 € ao 3º; Grupos de 3 a 10 persoas con 250€ ao 1º, 200€ ao 2º e 150€ ao 3º; e Grupos de máis de 10 persoas con 300€ ao 1º, 250€ ao 2º e 200€ ao 3º.

Tamén...

leer más
Etiquetas:
21/02/2019

O luns de Entroido, 4 de marzo, celebrarase unha festa infantil no recinto feiral de Lourenzá. Será desde as 17:00 ata as 20:00 horas con entrada gratuíta. Haberá actuacións de Galimatías Os cómicos da rúa, chocolatada e actuación do Dj Billy.

Tamén ese luns, pero a partir das 23:00 horas terá lugar un baile de carnaval. O prezo da entrada será de 7 euros (con 1 consumición). Actuará o Grupo Fénix e Dj Billy. Ás 1:30 horas celebrarase o desfile e haberá premios en Individual de 50€ para o 1º, 35€ ao 2º e 25€ ao 3º; Parella con 80€ para o 1º, 60€ ao 2º e 30€ ao 3º; e para Grupos con 120€ para o 1º, 80€ ao 2º e 60€ ao 3º.

Organiza a ACIAL coa colaboración do Concello de Lourenzá.