Mondoñedo

Etiquetas:
27/04/2021

Xa están á venda as entradas para o ciclo Schubert no Camiño, incluído nas actividades da oitava edición do Festival Bal y Gay. Será do 14 ao 16 de maio en Foz, Lourenzá e Mondoñedo e contará coas actuacións de 
Judith Jáuregui, Cosmos Quartet xunto a Fernando Arias e Christoph Prégardien xunto a Daniel Heide.

Todos os concertos serán presentados pola locutora de Radio Clásica
Clara Sánchez.

O venres 14 de maio ás 19:30 horas na Basílica de San Martiño (Foz) actuará Judith Jáuregui, que é unha das pianistas máis cautivadoras do momento e que foi recibida con entusiasmo en salas de referencia como o Auditorio Nacional de Madrid ou o Palau de la Música Catalana.

O sábado 15 ás 18:00 horas na Igrexa de San Salvador (Lourenzá) ofrecerá un concerto Cosmos Quartet, formado por...

leer más
25/04/2021

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, organiza durante os meses de maio e xuño obradoiros de vento madeira (clarinete, frauta traveseira, saxofón e oboe) e vento metal (trompeta, trombón, tuba e bombardino) para nenos e maiores. 

Os obradoiros, que serán impartidos por profesorado titulado e con ampla experiencia os xoves e os venres, comezarán o 6 de maio e rematarán o 25 de xuño.

A inscrición é gratuíta e os interesados en obter máis información poden contactar cos teléfonos 677.838.812 e 607.423.721

Etiquetas:
21/04/2021

O Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros Xacobeo Peregrinas, enmarcado na programación do Xacobeo 2021-2022, e que contará coa participación da actriz e humorista Sara Escudero, a poeta Yolanda Castaño e a regatista olímpica Ángela Pumariega. 

Así o anunciaban esta mañá en Lugo a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estiveron acompañadas na presentación polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Xacobeo Peregrinas é un perfecto exemplo do que está sendo a programación do Xacobeo 21-22: unha iniciativa descentralizadora, aberta e integradora, na que estamos a aproveitar as novas tecnoloxías para achegar novas perspectivas e experiencias arredor do Camiño de Santiago a...

leer más
Etiquetas:
20/04/2021

Este sábado, 24 de abril, en Mondoñedo celebrarase un taller de márketing dixital.

A actividade está dirixida a pequenos comercios e autónomos e será impartida por Fran Saura e Felipe Debasa. Dará comezo ás 19:30 horas e terá lugar no Pazo de Santomé, antigo centro comarcal, na rúa Julia Pardo.

As persoas interesadas pódense anotar no teléfono 982 50 71 77.

O taller está organizado pola Universidad Rey Juan Carlos, e colaboran o Concello de Mondoñedo e The Mondoñedo Valley. 

 

18/04/2021

O vindeiro venres, 23 de abril, ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da curtametraxe “Mondoñedo” na que participa xente do concello e que conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces. 

Para a asistir é preciso levar cascos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de luns, día 19, no telefono 982 52.40.03, xa que o acto ten prazas limitadas. A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.

A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo.

 

02/04/2021

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo inicia a partir do 10 de abril todos os sábados pola mañá roteiros de sendeirismo por Mondoñedo. Serán en grupos de seis persoas cun monitor que guiará as mesmas por distintos sitios do municipio.

O primeiro roteiro realizarase ao Mosteiro dos Picos e ao Castro de  Zoñán. 

Para apuntarse aos roteiros ou informarse as persoas interesadas poden chamar ao  teléfono 605.790.091 (Raúl).

 

01/04/2021

O Concello de Mondoñedo inmortaliza nun vídeo (https://youtu.be/aCnG5ZOUEb0) a Semana Santa do 2021 marcada pola situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19. A creación audiovisual da a coñecer as imaxes máis importantes da Semana Santa mindoniense, de interese turístico, que se concentran este ano no interior da Catedral de Mondoñedo.

“Trátase dunha exposición única, nunca vista, nun entorno tamén único como é a Catedral de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional en 1902 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2015”, segundo destacan dende o goberno local.

A peza audiovisual de pouco máis de 3 minutos e medio comeza ensinando as tres obras escultóricas de Raimundo Rubal que adornan a entrada da Catedral de Mondoñedo.

Xa no interior, o...

leer más
28/03/2021

Comeza a exposición no Cruceiro da Catedral que da acceso ao Claustro, con imaxes da Procesión do Santo Encontro: a Verónica, o San Xoán e O Nazareno.

Na Xirola da Catedral, na primeira capela, a de San Fracisco, estará a Reserva do Santísimo. Na Capela do Cristo da Boa Morte, a que atopamos a continuación, está o Cristo Xacente dentro da súa urna. Pertence á Procesión do santo Enterro.

Na terceira capela, na de de Santa Ana, atópase a Dolorosa da Procesión da Soidade e remata a xirola a capela do Ecce Homo no que se atopan as imaxes do Cristo da Columna e o Cristo de Medinaceli da Procesión do Prendemento.

Son pasos da Semana Santa dos séculos XVII e XVIII.

 

16/03/2021

Onte inaugurouse no Centro Comarcal de  Mondoñedo a exposición fotográfica “Amar a mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas” organizada polo IES San Rosendo en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo e co Concello de Mondoñedo. 

Ao acto acudiron Manuel Otero, alcalde da cidade mindoniense, Patricia Otero, concelleira de Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá, e Carmen Rey ,directora do  CIM. Ademais tomaron parte no acto a directora do instituto, María José  Cuesta, e representantes da comunidade educativa e do persoal laboral do centro.

A exposición permanecerá aberta de 9:00 a 15:00 de luns a venres ata o próximo 16 de abril.

A mostra recolle fotografías de caras e mans das avoas, fillas e mais que para a comunidade do instituto son merecentes dunha homenaxe sinxela,...

leer más
Etiquetas:
14/03/2021

A Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo veñen de presentar as primeiras versións do «Mondopoli», un xogo de mesa elaborado de forma conxunta e inspirado nas principais localizacións, eventos e personaxes da cidade. A iniciativa conta co apoio do Concello de Mondoñedo e pretende poñer en valor as distintas referencias artísticas, xeográficas e festivas da localidade mariñá. 

«Mondopoli», que é un proxecto sen fins lucrativos, veu a luz esta fin de semana despois de varios meses de esforzo e traballo por parte das dúas entidades. Tanto o taboleiro como as distintas pezas que integran o xogo procuran ser o máis sostibles posible e correron a cargo de comercios de proximidade. Ademais, as fichas e os billetes supoñen dous dos elementos máis distintivos do produto. Dende este sábado, o resultado final está...

leer más