Mondoñedo

04/03/2021

Este vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20:00 horas, no local da Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación da novela “A Solo no le gustaba su nombre", de Pepe Peinó. 

Ademais do autor, estará, como vén sendo habitual, o lingüista Bernardo Penabade. Contarase tamén coa amenización musical a cargo de Alejandro Barreira, que interpretará tres temas acompañado da súa guitarra. O acto lévase a cabo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.

 

Etiquetas:
03/03/2021

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro congratúlanse de comunicar que o Museo conta cunha nova vitrina grazas á colaboración de César Cunqueiro González-Seco, fillo de Álvaro Cunqueiro, que cedeu novo material que foi propiedade do escritor mindoniense a quen está adicada a Casa – Museo.

O novo material que xa está exposto consiste en:
-O anel de Álvaro Cunqueiro polo título “Doutor Honoris Causa” concedido pola USC (1980)
-A medalla da concesión do Pedrón de Ouro a Álvaro Cunqueiro (1980)
-Unha figura de trotador medieval con zanfona correspondente ao Premio da Crítica – Galicia 1979 de Creación Literaria.
-A petaca para puros de Álvaro Cunqueiro
-A carteira coas letras “A” e “C” entrelazadas na parte dianteira representando a súas iniciais de Álvaro Cunqueiro.
-O catador de viños de...

leer más
Etiquetas:
01/03/2021

Comeza unha nova campaña de visitas á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo.

Dende o vindeiro venres, 5 de marzo, haberá visitas á cova en horario de fin de semana, os venres, sábados e domingos ás 12 e ás 17 horas.

As visitas realizaranse seguindo os protocolos anti covid19

As persoas interesadas en obter máis información ou para facer as reservas poden dirixirse ao seguinte número de teléfono 982 50 71 77.

 

25/02/2021
O Concello de Mondoñedo organiza para o día 28 de febreiro de 2021 os actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro no corenta cabodano do seu pasamento.
 
Os actos comezarán cunha ofrenda floral perante a súa tumba no Cemiterio Vello da cidade episcopal e seguirán no auditorio municipal Pascual Veiga co nomeamento da “Cunqueirana de Honra” a Dna. Rexina Vega Rodríguez, coa lectura pública da obra de Cunqueiro El año del cometa e coa presentación do libro Arqueoloxía cunqueiriana de D. Abel Vigo, volume que forma parte da Coleccion Selva de Esmelle da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.
 
O desenvolvemento dos actos será como segue:
 
Cemiterio Vello:
 
• 11:00 horas: Recepción por parte do Alcalde de Mondoñedo aos/ás convidados/as aos actos.
• 11:15. horas: Ofrenda Floral ante a tumba do escritor e...
leer más
Etiquetas:
10/02/2021

O Concello de Mondoñedo apoia á Federación Galega de Espeleoloxía na elaboración do Atlas de Cavidades de Galicia que recollerá información, entre outras, da Cova do Rei Cintolo, de cara á  “poñer en valor a cavidade natural máis grande de Galicia e con maior percorrido horizontal” que “constitúe un dos reclamos naturais máis destacados do municipio”.

O consistorio mindoniense define como “ambicioso e pioneiro en España e incluso en Europa” este traballo de catalogación do mundo subterráneo e defende “a importancia deste tipo de material que divulgue coñecementos sobre as covas, así coma sobre a súa protección e conservación” debido a que son espazos naturais visitados tanto por espeleólogos e investigadores coma por turistas. 

O Atlas de Cavidades de Galicia recollerá información, sobre localización, modelos...

leer más
05/02/2021

Por motivos de seguridade sanitaria o Concello de Mondoñedo non celebrará este ano o desfile de Entroido, como habitualmente acostuman a facer, pero para non deixar pasar estas datas de festexo e tradición sen realizar ningunha actividade organizarase o Atípico Entroido 2021 como concurso de disfraces de forma totalmente dixital para seguir poñendo en valor estas datas.

BASES:
1ª Obxecto
O concurso está formulado para poñer en valor e manter a tradición do Entroido, así como festexar estas datas importantes para o noso municipio.
2ª Participantes.
O concurso está aberto a todas as persoas físicas que desexen participar, diferenciando as seguintes categorías:
• Individual infantil e adulto
• Parellas convivintes infantil e adulto
• Grupos convivintes infantil e adulto
3ª Como participar
...

leer más
01/02/2021

A escritora, profesora da Universidade de Vigo e estudosa especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, Rexina Rodríguez Vega (Rexina Vega), foi designada como Cunqueiriana de Honra de 2021. Así o decidiu este sábado 30 de xaneiro por maioría a comisión designada a tal efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, entidades promotoras da distinción, durante unha reunión telemática na que os membros deliberaron despois de que cada un presentara unha candidatura e a promovera de forma argumentada.

Entre os sobresaíntes méritos intelectuais que Rexina Vega atesoura como estudosa e investigadora da obra de Álvaro Cunqueiro, a comisión quixo destacar o gran número de publicacións que desde fai30 años a ensaísta viguesa deu a coñecer en torno á vida e obra do autor mindoniense. Así, referiu títulos coma a súa guía de lectura...

leer más
17/01/2021

O Concello de Mondoñedo pon en marcha un programa de dinamización TIC dirixido ás persoas maiores de 65 anos que se desenvolverá en tódolos núcleos do municipio.

A programación, organizada polos técnicos de Servizos Sociais xunto ao equipo do programa As Tic na Casa, achegará as tecnoloxías á vida diaria das persoas de idade avanzada. Este servizo ofrecerá unha asistencia descentralizada e gratuíta que acompañará aos primeiros participantes, chegando aos seus fogares.

A concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Rodríguez Rico, sinala que “a posta en marcha deste proxecto social ten como obxectivo favorecer o envellecemento activo”; xa que, nestes momentos, as restricións pola pandemia da covid-19 limitan o acceso ao club do xubilado ou aos locais das asociacións de mulleres nos que se desenvolvían múltiples...

leer más
07/01/2021

O Concello de Mondoñedo vén de acordar a constitución dunha comisión permanente que será a encargada de designar cada ano o Cunqueiriano ou Cunqueiriana de Honra.

Formarán parte desta comisión o Alcalde da cidade, Manuel Ángel Otero Legide (en calidade de presidente), o Concelleiro de Cultura da mesma, Alberto García Fernández (ou as persoas nas que estes deleguen), ambos os dous en representación do Concello de Mondoñedo, entidade promotora; o fillo do escritor, César Cunqueiro; o Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, Armando Requeixo (en calidade de secretario); o xornalista e cunqueiriólogo, Miguel Somovilla; o Técnico de Actividades Culturais e Turísticas do Concello de Mondoñedo, Abel Vigo García  e mais o cunqueiriano ou cunqueiriana de honra do ano precedente, nesta ocasión Víctor F. Freixanes,...

leer más
Etiquetas:
20/12/2020

O Concello de Mondoñedo e a asociación de comerciantes presentaron este sábado o vídeo de promoción do comercio local #regalamondoñedo, con motivo da campaña de Nadal. Esta peza audiovisual creada para a súa difusión a través das redes sociais pretende potenciar o comercio de proximidade durante estas datas e contribuír a “concienciar de que se merque preto”.

O Concello apoia esta campaña e convida aos veciños e visitantes a mercar durante este Nadal nos comercios de Mondoñedo e consumir produtos de Mondoñedo. Insisten, dende o goberno local, “na importancia de coidar o noso, especialmente nun momento complicado coma o actual” debido á pandemia do coronavirus que afectou a todos en xeral e aos pequenos negocios, o comercio e a hostalería local en particular.

Por iso, “máis ca nunca, debemos apoiar aos nosos...

leer más