Gastronomía
Cervo será o escenario da XVII Exaltación da Carne de Porco, “unha cita xa consolidada no calendario festivo e gastronómico do municipio que se celebrará o vindeiro sábado 20 de xuño da man da Asociación Cultural Airiños do Xunco”, anuncia o Concello de Cervo.
No acto de presentación participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e os concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, xunto a membros de Airiños do Xunco, na propia Praza do Souto, que será o escenario da cita.
A rexedora puxo en valor o labor que desenvolve Airiños do Xunco na dinamización social e cultural da parroquia e do conxunto do municipio: “é de xustiza recoñecer o enorme traballo que realiza Airiños do Xunco ao longo de todo o ano. Grazas ao compromiso das persoas que forman parte desta asociación, Cervo conta con actividades que...
leer másO Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu esta tarde a entrega dos premios aos gañadores do Ribadeo Sabe 2026.
A tapa de Kalpa Amodiño foi a elixida para o xurado profesional. E a tapa de El Oviedo foi a mellor para o público. O premio para o local gañador do xurado profesional é un curso no Basque Culinary Center e estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular é unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.
Tamén se entregaron os premios ao público que participou nas votacións do Ribadeo Sabe e que resultaron agraciados no sorteo celebrado hai uns días no Concello. Foron tres as categorías establecidas e dotadas con 200, 150 e 100 euros en vales de compra...
leer másA tapa do restaurante El Oviedo foi a elixida polo público como a mellor do Ribadeo Sabe 2026, o renovado concurso gastronómico celebrado do 14 ao 17 de maio organizado polo Concello e por Acisa. E tivo lugar o sorteo entre as persoas participantes co obxecto de determinar as gañadoras dos premios destinados ao público. A culler de bronce será para María Jesús Vior Fernández, a culler de prata para Javier Páez Pérez e a culler de ouro para Marcos Paleo Otero.
Desde a organización lembran que a tapa de Kalpa Amodiño foi a gañadora do xurado profesional do Ribadeo Sabe. O xurado destacou a calidade das 12 elaboracións presentadas o pasado 13 de maio a concurso e recoñeceron tamén as elaboracións de La Solana, Marinero e Ramonita.
A entrega de premios terá lugar este xoves, 4 de xuño, ás 19:30 horas na Casa do...
leer másViveiro acollerá o venres 29 e sábado 30 de maio o 1º Concurso de Miniburguers, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes do Centro Histórico co obxectivo de “dinamizar a actividade comercial e hostaleira da vila, ofrecendo ao mesmo tempo unha experiencia culinaria diferente e atractiva”.
Nesta edición participarán 7 locais, que elaborarán diferentes miniburguers. Os participantes e as súas propostas son: Muro Restaurante, con Miniburguer de Pulled Pork; Vinoteca Los Leones, coa súa Miniburguer Los Leones, que ten como ingredientes principais carne de porco celta, rulo de cabra e cebola caramelizada; Cornelius presenta a súa CorneBurguer, unha combinación de carne de tenreira, papada, chutney de mango e cebola crocante; La Tortilla Maravilla, coa súa TortiBurguer, coa tortilla de patacas con cebola como gran protagonista;...
leer másA tapa de Kalpa Amodiño é a gañadora do xurado profesional do Ribadeo Sabe. O renovado concurso gastronómico desenvolverase desde mañá, xoves, ata o domingo, 17 de maio, en 22 locais hostaleiros. Foron un total de 12 as propostas elaboradas e presentadas esta tarde diante do xurado na Praza de Abastos de Ribadeo.
O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estivo composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto Veiga, sumiller de restaurante Nito, de Viveiro, e barista en Coffee Urban Roasters, tamén en Viveiro; e Daniel Gutiérrez, influencer gastronómico lucense @oidocomida. O xurado destacou a calidade das tapas presentadas esta tarde e recoñeceron tamén as elaboracións de La...
leer másA Praza de Abastos de Ribadeo acollerá unha xornada sobre a Faba de Lourenzá, con elaboración de receitas e degustación. Será este sábado, día 9 de maio, ás 12:00 horas dentro do programa Gastropraza.
A asociación Cociñeiros Lugo explica que “a gastronomía galega tamén se constrúe dende o produto, o coñecemento e a maneira de compartilo. O vindeiro sábado 9 de maio ás 12:00 horas na Praza de Abastos de Ribadeo celebraremos unha nova cita de Gastropraza. Cociña de calidade no mercado, desta volta cunha xornada dedicada a un dos grandes tesouros da nosa despensa: a Faba de Lourenzá. Durante a actividade levarase a cabo a elaboración de receitas e degustación, poñendo en valor un produto emblemático da nosa terra, recoñecido pola súa calidade e pola súa fonda vinculación coa cociña galega. Será unha oportunidade perfecta para seguir achegando...
leer másViveiro acollerá o venres 8 e o sábado 9 de maio a primeira edición da Ruta Gastronómica de Países do Mundo, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes do Centro Histórico “co obxectivo de dinamizar a actividade comercial e hostaleira da vila, ofrecendo ao mesmo tempo unha experiencia culinaria diferente e atractiva. Nesta edición participarán 7 locais, que elaborarán tapas inspiradas en distintas gastronomías internacionais, permitindo aos asistentes realizar una viaxe gastronómica sen saír de Viveiro”.
Os participantes e as súas propostas son: Cornelius, con Pad thai, de Tailandia; Bar A Zapatería, con Shawarma, de Turquía; Casa Pepi, con Papa rellena con salsa criolla, de Perú; Muro Restaurante, con Chambre de Guandules, de República Dominicana; La Tortilla Maravilla, con Tortilla...
leer másO mércores 6 de maio ás 12:00 horas, na Praza de Abastos de Ribadeo terá lugar a Masterclass Armonía de Viños, impartida polo sumiller Alberto Vega. A actividade enmárcase no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico de tapas, que organizan o Concello e Acisa.
“Trátase dunha actividade especialmente orientada ao sector hostaleiro, concibida como un espazo de formación e intercambio arredor da harmonía entre bebidas e gastronomía. Durante a sesión os asistentes catarán viño branco, viño tinto e diferentes cervexas, e recibirán consellos e orientacións sobre combinacións de sabores con distintas bebidas, co obxectivo de achegar ferramentas útiles para a aplicación práctica na hostalaría e para mellorar a experiencia gastronómica dos clientes”, explican desde a asociación Cociñeiros Lugo. E subliñan que “esta masterclass busca...
leer másEsta fin de semana, venres, 24 e sábado 25 de abril, será a segunda parte da ruta de pinchos no Concello de O Vicedo, nesta ocasión, con bares e restaurantes da capital do municipio. Son os seguintes establecementos e pinchos: Cafetería Casa da Cultura, Crujiente de Corral (venres e sábado); La Bodeguita del Puerto, Maravillas del Cantábrico (venres e sábado); Chiringuito Los Árboles, Chips de Torrezno (venres e sábado); Café Bar Santo Domingo, Arroz con calamares (só o venres); Café Bar San Esteban, Tosta La miga creativa (só o venres); e Mesón O Remo, Crepe o Remo (só o venres).
O Concello de O Vicedo explica que “os pinchos poderán ser degustados a partir das 20 horas a un prezo de 4 euros por pincho. Ademais hai un concurso ao mellor pincho con voto popular: con cada pincho vaise dar unha papeleta para valorar o pincho...
leer másO Concello de Ribadeo, coa colaboración da Xunta de Galicia, Acisa e a Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo impulsa o proxecto Gastropraza, unha iniciativa de dinamización da Praza de Abastos que busca poñer en valor o produto local, a hostalaría e o comercio de proximidade a través dun completo programa de actividades gastronómicas, educativas e divulgativas. A primeira delas será este sábado, 18 de abril, a partir das 12:00 horas. O protagonista será o tofu natural.
A iniciativa, que naceu hai un ano, terá continuidade ao longo dos vindeiros meses, convertendo a Praza de Abastos nun espazo vivo de encontro, aprendizaxe e degustación, onde se levarán cabo actividades para estudantes, degustacións e obradoiros onde se poderán aprender e poñer en práctica estilos e receitas de cociña centradas no produto de proximidade e de calidade...
leer más












