Cursos
O local da Asociación Cultural e Deportiva O Castro, de Vilaronte (Foz), acollerá un curso de coiro que se desenvolverá todos os martes e xoves de novembro de 17:00 a 20:00 horas.
As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse a través do teléfono 656.796.012.
Nesta actividade colabora o Concello de Foz.
Dentro da programación de actividades con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, Burela acollerá un obradoiro gratuíto de defensa persoal feminina. A actividade será o sábado 14 de novembro na Aula de Familia da Casa da Cultura e contará con dous grupos: un de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e outro de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. O obradoiro será gratuíto e as persoas interesadas poderán inscribirse ata o 13 de novembro a través do teléfono 982.580.609 ou do correo electrónico cim@burela.org.
A concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, destaca a importancia de incorporar este tipo de iniciativas á programación do 25N: “con este obradoiro queremos ofrecer ás mulleres ferramentas básicas de defensa persoal que contribúan a reforzar a súa seguridade e confianza...
leer másO Concello de Burela impartirá do 9 ao 16 de novembro na Casa do Concello un curso dirixido a persoas estranxeiras que “ten como obxectivo facilitar a súa integración na contorna. A formación serve ademais de apoio para solicitar o informe de esforzo de integración que emite a Xunta de Galicia, un documento válido nos procesos de renovación de autorizacións de residencia”.
As sesións terán lugar todos os días, de 9:30 a 13:30 horas, e serán impartidas pola técnica de inmigración do Concello, Conchita Pernas.
Esta actividade forma parte do programa de inclusión social da poboación inmigrante e desenvóvese no marco das subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 ao 2027, cofinanaciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense mantivo este mércores en Mondoñedo unha reunión de traballo coas empresas adheridas ao programa de Sostibilidade, Intelixencia e Calidade Turística no Ecosistema do Destino (SICTED). O encontro serviu “para revisar o traballo realizado no que vai de ano, compartir impresións arredor dos fitos máis salientables e plantexar novas accións que repercutan no beneficio das entidades adheridas. No decurso da xuntanza informouse ao sector sobre o programa formativo para o sector turístico da Mariña que se desenvolverá nas vindeiras semanas no marco dos convenios asinados coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo baixo o título Empresas turísticas más rendibles, sostibles e innovadoras. Esta acción, totalmente gratuíta, é unha formación de carácter práctico orientada a facilitar a súa implantación no negocio. As tres xornadas...
leer másEste venres, día 23 de outubro, a Casa Consistorial de Burela acollerá a formación titulada Autocuidado do profesional: o teu sistema nervioso como guía para unha práctica sostible con nenos, nenas e adolescentes, organizada pola asociación Alborada e impartida por Alba Burundarena, psicóloga sanitaria.
Será de 9:30 a 13:30 horas no salón de plenos do Concello de Burela.
O Concello de Burela tamén anuncia que a inscrición é gratuíta e hai que facela a través da web...
leer másO Concello de Barreiros desenvolverá, entre os meses de novembro de 2026 e xuño de 2027, un programa de actividades de dinamización comunitaria nas distintas parroquias do municipio a través do obradoiro de emprego Máis Talento, que actualmente desenvolve a súa labor nos concellos de Barreiros e Ribadeo.
A oferta de talleres “é variada e está pensada para dar resposta aos intereses e necesidades de cada comunidade. Englobaranse tres grandes liñas de traballo: talleres de manualidades e artesanía, que incluirán modelado e pintura en cerámica, pintura en lenzo, elaboración de xabóns e candeas artesanais, entre outras propostas; talleres de risoterapia orientados ao benestar e á conexión social; e talleres de memoria oral baixo o título “Tesouros vivos”, centrados na recompilación de tradicións, testemuños e encontros interxeracionais para...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa e o Hospital Público da Mariña organizan o 24 de outubro unha sesión práctica de reanimación cardiopulmonar (RCP) e de uso dos DESA, aberta a persoas de todas as idades. A actividade terá lugar de 10:30 a 13:00 horas no pavillón municipal de Ribadeo. O Concello anima a toda a veciñanza a participar.
A actividade, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa e o Hospital Público da Mariña, está aberta a toda a cidadanía e diríxese a persoas de todas as idades. O obxectivo é achegar á poboación os coñecementos básicos necesarios para actuar ante unha parada cardíaca, aprender a utilizar un desfibrilador e saber como responder durante os primeiros minutos dunha emerxencia.
O Concello ribadense explica que “esta formación cobra especial importancia tras a...
leer másLa asociación ribadense La Concordia organiza un curso de castellano para migrantes en Ribadeo. Es gratuito y tendrá dos meses de duración, del 22 de octubre al 22 de diciembre de 2026. Se desarrollará en horario de tarde martes y jueves.
Las plazas son limitadas y el plazo de inscripción está abierto hasta el 20 de octubre en el teléfono 607.267.496.
O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do programa de talleres lúdicos de estimulación cognitiva dirixido á veciñanza maior de 65 anos, ás persoas xubiladas maiores de 60 anos e ás persoas con discapacidade, que comezará en novembro.
“É un espazo para exercitar a memoria, a atención, a concentración e a creatividade, favorecer as relacións sociais e compartir experiencias, aprendendo e desfrutando en compañía”, explica o Concello de Barreiros, que ademais anuncia que as preinscricións para novas incorporacións deben facerse do 21 ao 30 de outubro nas Oficinas Xerais do Concello. E as persoas participantes na edición anterior contan coa reserva automática da súa praza ata o 13 de novembro.
A actividade terá unha taxa anual de 10 euros e cada grupo contará cun máximo de 25 participantes.
O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza un curso gratuíto de transformación e conservación de excedentes da horta con enfoque agroecolóxico. Será os días 16, 17 e 31 de outubro no Centro Social Blanca Muruais, que está na área recreativa de Saldoira (A Pontenova).
Será impartido por Luz de Ribeiregas nestes horarios: o venres 16, de 16 a 20 horas; e os sábados 17 e 31, de 15 a 21 horas. Para participar hai que inscribirse previamente.
É unha actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).












