Eventos

16/05/2026

O programa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Da Escola á Granxa financiará na súa  cuarta quinta edición 210 actividades formativas en granxas e producións agroalimentarias da provincia, nas que participarán máis de 6.000 nenas e nenos de 74 centros educativos.

O deputado provincial Daniel García achegou estes datos sobre a quinta convocatoria do programa nun encontro que mantivo con representantes das 45 granxas e proxectos de emprendemento no rural que participan nesta edición do programa, “pioneiro no momento da súa posta en marcha e referente para institucións públicas e privadas”.

O acto, que contou tamén coa presenza de asociacións gandeiras que veñen colaborando activamente co programa -Asoporcel, Boaga, Ovica, Puraga, Avimós, a Asociación Galega de Apicultura ou Casa do Mel...

leer más
Etiquetas:
16/05/2026

Muras celebrará o vindeiro 23 de maio a décima edición da Romaxe Artesá da Chaira, organizada polo Concello coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O programa  presentouse na área recreativa da Veiga, que serve tamén de escenario para a feira de artesanía, cunha vintena de postos, e os eventos lúdicos e musicais que se programan durante a xornada. O acto contou ca presenza do alcalde de Muras; Manuel Requeijo; a tenente de alcalde, Paula Gómez; a concelleira de Servizos Sociais, Azucena Camba; o deputado provincial de Rural, Daniel García Fernández; e a artista Mercedes Peón, que porá o peche musical á Romaxe.

Manuel Requeijo lembrou os inicios da Romaxe, da man da Asociación de Obradoiros de Artesáns da Chaira, para poñer en valor os oficios tradicionais e valorou unha traxectoria da que destacou “o coidado na ...

leer más
15/05/2026

O Concello de Burela celebrará o Día das Letras Galegas cunha programación cultural que inclúe literatura, tradición, música, maxia, teatro e actividades “participativas para todos os públicos, co obxectivo de poñer en valor a lingua galega e achegar a cultura á veciñanza dun xeito atractivo e diverso”. Desenvolverase ata o día 19 de maio.

Tamén anuncia que “unha das iniciativas destacadas será a intervención artística nalgúns pasos de peóns da vila, na que a Aula Medioambiental Gaia, persoal municipal da área de Obras e diferentes colectivos locais, coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal, pintarán versos de autoras e autores homenaxeados ao longo da historia do Día das Letras Galegas. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Lina Gómez, “esta acción é unha maneira moi bonita de facer visible a nosa literatura no día a día....

leer más
Etiquetas:
14/05/2026

Na vila ribadense vanse desenvolver actos esta fin de semana con motivo das Letras Galegas, organizados pola Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL), e que contan coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Varios deles están dedicados a homenaxear ao músico Hernán Naval con motivo do 25 aniversario do seu falecemento.

“Desde o venres imos poder visitar, na Escola de Música, a exposición dedicada a Hernán Naval. Vaise poder contemplar até o remate do curso na Escola de Música. Xa no sábado 16 ás 14 horas vai ser o xantar en homenaxe a Hernan Naval no Restaurante O Mariñeiro. Aínda quedan algunhas prazas libres. Se alguén quixera inscribirse a última hora pode dispoñer dalgunhas tarxetas de invitación no Bar Cantón. E pola tarde, ás 19:00 horas terá lugar o concerto homenaxe a Hernán...

leer más
Etiquetas:
14/05/2026

A Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncian que colaboran cos organizadores da Romaría do Bispo Santo, que se celebrará desde este venres, 15 de maio, ata o domingo 17 en Mourente, no municipio de Foz.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou durante a presentación do programa “a vixencia dunha tradición con máis de 300 anos de antigüidade, que se transmite de xeración e xeración e segue a ser un dos eventos máis populares da Mariña”.

A asociación cívico-cultural Bispo Santo deu a coñecer as actividades previstas, “entre as que destaca o apartado musical; o venres actuarán as orquestras Show M3 e Origen; o sábado, o Grupo Sensación e Panorama City; e o domingo Los Satélites e Festicultores. Tamén haberá propostas para os máis pequenos, como o espectáculo infantil de...

leer más
14/05/2026

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ribadeo pon en marcha por segundo ano consecutivo a campaña denominada Completa a bandeira do Orgullo, unha iniciativa creada para visibilizar, sensibilizar e celebrar a diversidade arredor do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se conmemora o 28 de xuño, aínda que en Ribadeo a celebración terá lugar o vindeiro 21 de xuño.

Desde o CIM de Ribadeo explican que “desde o 15 de maio ata o propio 21 de xuño, veciñanza e visitantes poderán participar nesta divertida proposta colaborativa co comercio e a hostalaría locais. O funcionamento é moi sinxelo: haberá que completar unha tarxeta conseguindo seis selos de seis establecementos colaboradores diferentes -non se admitirán selos repetidos- para poder entrar no sorteo final. Durante estes días repartiranse tarxetas polas rúas...

leer más
Etiquetas:
13/05/2026

A historia de Ribadeo volverá camiñar polas súas rúas este domingo, 17 de maio, da man de Guía tu día, o proxecto de visitas guiadas impulsado por Ana Pena, especializada en experiencias culturais na Mariña.

Baixo o título “Ribadeo indiano e comerciante”, a proposta invita a veciños e visitantes a mergullarse no pasado da vila a través dun percorrido centrado na pegada dos indianos e dos comerciantes que transformaron Ribadeo coas súas historias de emigración, os negocios de ultramar e unha arquitectura que aínda hoxe fala da conexión entre América e a Mariña.

Durante aproximadamente dúas horas, as persoas asistentes descubrirán casas con memoria, personaxes singulares e relatos de ida e volta entre Ribadeo e América, nun paseo pensado para gozar do patrimonio dunha forma próxima, dinámica e divulgativa.

... leer más
13/05/2026

O Concello de Viveiro desenvolverá entre os días 15 e 17 de maio un programa de actividades con motivo da celebración das Letras Galegas. A proposta inclúe obradoiros, conferencias, concertos, teatro e iniciativas de animación cultural en varios espazos do municipio.

A programación comezará o venres 15 de maio, ás 18.00 horas, cun obradoiro de letteringna Biblioteca Municipal, dirixido a público a partir de 7 anos. As inscricións poden realizarse no teléfono 982 570606 e as prazas son limitadas. Ás 19.30 horas celebraranse as II Xornadas de Violoncello, cunha conferencia de Adrián Pereiro, luthier, e a presentación do proxecto «Un chelo, catro historias», no salón de actos do Conservatorio. A xornada completarase ás 20.00 horas co acto homenaxe «Hernán Naval» no Teatro Pastor Díaz, organizado por Colectivo Pensamento e Sementeira.

... leer más
Etiquetas:
12/05/2026

O porto de Burela acolle esta semana, o mércores 13 e o xoves 14 de maio, as 33ª Xornadas Técnicas e o 27º Encontro Empresarial, que organiza un ano máis a Fundación Expomar co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

A Fundación Expomar anuncia que “os profesionais e entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional e europeo danse cita en Burela para abordar os principais retos e dificultades actuais na pesca e debater acerca do futuro do sector pesqueiro”.

Na apertura das Xornadas 2026, que se volverán celebrar no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela, e que se poderán seguir en directo a través da web de expomar.com, estará presente a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde,...

leer más
11/05/2026

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Parque Natural de Redes, que está en Caleao (Asturias), desde o venres 15 ata o domingo 17 de maio.

A saída será o venres ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do martes 12 de maio a través do teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 165 euros para os socios do colectivo organizador e de 175 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e inclúese tamén o xantar do domingo. As prazas son limitadas (por orde de inscrición).