Teatro

Etiquetas:
26/10/2026

O segundo certame de teatro afeccionado do Concello de Barreiros, organizado pola Área de Dinamización e Participación Veciñal coa colaboración do grupo de teatro local do colectivo cultural Ollomao, seleccionará sete obras que se representarán entre os meses de xaneiro e marzo de 2027.

A mellor obra será galardoada co premio Ollomao de ouro, a segunda co Ollomao de prata e a terceira co Ollomao de bronce. Tamén serán premiados a mellor actriz principal e secundaria, o mellor actor principal e secundario e entregarase o premio especial do público á obra mellor valorada polas persoas que asistan ás funcións.

As bases do certame poden consultarse na web do Concello (www.concellodebarreiros.gal) e as obras poderán presentar a súa solicitude...

leer más
Etiquetas:
22/10/2026

Este sábado, día 24 de outubro, a Biblioteca Municipal de Alfoz acollerá dúas actividades -un obradoiro e unha representación teatral- para conmemorar o Día das Bibliotecas cunha programación “pensada para desfrutar da cultura e das historias en familia”.

O Concello de Alfoz explica que de 16:00 a 19:00 horas desenvolverase un obradoiro infantil, unha actividade dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos “para compartir unha tarde de creatividade na biblioteca”. E gratuíto e sen inscrición previa. E ás 19:00 horas haberá unha representación teatral titulada Latexos. As lendas do castro. A compañía K’Paparota Teatro presentará esta obra dirixida por Kevin Stewart destinada ao público infantil e familiar e aberta a todos os públicos.

Son actividades enmarcadas no Plan 2026 da Deputación de Lugo.

20/10/2026

A compañía Contraproducións representará  a obra teatral titulada Memorias dun neno labrego en Viveiro este sábado, día 24 de outubro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas.

O Concello de Viveiro explica que esta comedia é unha adaptación da novela de Xosé Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte. Ten unha duración de 100 minutos e está dirixida e adaptada por Cándido Pazó.

O elenco artístico está formado por Xulio Abonjo, Santi Romay, Ana Santos, Federico Pérez, Mónica García, Manuel Cortés e Iris Davila.

A sinopse é a seguinte: “a escola, a familia, os soños frustrados, as inxustizas sociais e o desexo constante de fuxir dun destino xa escrito, describindo en gran medida o panorama común da España rural daqueles duros anos. Nunha historia que se estrutura arredor...

leer más
Etiquetas:
20/10/2026

Este venres, día 23 de outubro, ás 20:00 horas vaise proxectar no Teatro de Ribadeo o documental titulado 1846. Revolución galega, producido pola Fundación Galiza Sempre.

É unha actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que “segue a ter entre os seus obxectivos a temática histórica, tan demandada polos nosos asociados e asociadas. Esta mirada á nosa historia permitiranos comprender non só un feito específico da nosa historia, máis ou menos coñecido, como é o episodio do fusilamento dos mártires de Carral, senón as consecuencias do mesmo de cara á toma en conciencia da nosa identidade colectiva. Este venres 23 teremos ocasión de revisar dito capítulo a fondo da man do autor do estudo que deu lugar a este documental, César Caramês, profesor de Lingua e Literatura Galegas en Moraña”.

... leer más
13/10/2026

A Vicepresidencia da Deputación anuncia que fomenta a inclusión de teatro amador dentro das axendas culturais de Ribadeo, Cervo, Foz e A Pontenova durante esta fin de semana, do venres 16 ao domingo 18 de outubro.

O Grupo Humorístico Trípode representará a obra titulada Desequilibrados este venres, día 16 de outubro, ás 20 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo.

O grupo A Mariña ofrecerá A Historia dun Fidalgo para Sempre Lembrar este sábado, 17 de outubro, ás 19 horas no salón de plenos da Casa do Concello de Cervo.

A Caxiga, de As Nogais, escenificará A Herencia de Xoana este sábado ás 19 horas no salón de Actos da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte (Foz).

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra Dona Clara...

leer más
Etiquetas:
04/10/2026

O Colectivo Cultural Ollomao anuncia que “este outubro Barreiros incorpórase ao Circuito Galego de Teatro Amador, unha iniciativa da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) na que participamos desde Ollomao. Ao longo do mes poderemos gozar de catro funcións, catro compañías e catro historias ben diferentes, repartidas entre as Escolas Vellas de San Miguel e o Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme”.

O sábado 10 de outubro Andaravía Teatro representará a obra titulada Lévame ao paraíso; o domingo 11 Rebuldeira Teatro escenificará Vermello; o sábado 24 de outubro Tiruleque Teatro ofrecerá A conspiración da piolla; e o sábado 31 de outubro Gargallada Teatro poñerá en escena García, un cadáver informal.

O prezo das entradas será de 3 e estarán á venda dende...

leer más
03/10/2026

A Vicepresidencia da Deputación puxo en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que levará ás comarcas da provincia preto de cen representacións teatrais. Nesta edición, o programa contará con 32 grupos de teatro amador -once deles da Mariña-, con pezas de distintos xéneros e para diversos públicos. A área de Cultura mantén, así, “o apoio ás artes escénicas e ofrece ás asociacións e aos concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais”.

A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, expresou a súa satisfacción por “organizar un ano máis este Circuíto, que leva 18 anos tecendo unha rede de compañías de teatro afeccionado que foi medrando e consolidándose, espallando o teatro por todo o territorio”.

As 32 compañías participantes no Circuíto de Teatro Afeccionado 2026 proveñen de 19...

leer más
Etiquetas:
07/09/2026

O Concello de Lourenzá publica as bases para participar no VIII Certame de Teatro Afeccionado. As representacións dos grupos que sexan elixidos desenvolveranse durante o mes de novembro no edificio multiusos Ponte de Cuñas.

Nas bases explícase que “o Concello de Lourenzá, consciente do interese que o teatro esperta entre os laurentin@s e ao obxecto de incentivar a participación dos grupos no VIII Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá 2026, establece as bases reguladoras para a participación no mencionado certame e os premios que se outorgarán”.

No documento tamén se indica que “poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas...

leer más
Etiquetas:
25/08/2026

O Concello do Valadouro anuncia que organiza entre o 29 de agosto e o 3 de setembro “seis noites para gozar do teatro amador, do humor e das historias dos nosos grupos”. Serán todos os días ás 22:00 horas e con entrada de balde no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A apertura de portas no local será 20 minutos antes de cada función.

Este sábado, día 29 de agosto o grupo Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) representará a obra titulada Da taberna ao consultorio e da cociña ao purgatorio. O domingo 30 O Centiño, de San Martiño (Foz), escenificará O Autobús…. O luns 31 A Adala (Fazouro) ofrecerá a obra Ai, Señor, Señor.... o martes 1 de setembro Ollomao (Barreiros) representará Dona Clara. O mércores 2 Pico do Castro (Foz), con Cousas de vellos. O xoves 3...

leer más
Etiquetas:
09/06/2026

A Escola Municipal de Teatro de A Pontenova presenta a obra titulada Inquisítame Outra Vez. Será este domingo, día 14 de xuño, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de A Pontenova.

O Concello da Pontenova anuncia que é “unha nova proposta teatral que non vos deixará indiferentes. Unha cita imprescindible para gozar do talento local e dunha tarde de teatro en compañía. Agardámosvos para compartir unha xornada chea de emoción, interpretación e cultura”.