Barreiros
Cabarcos, no municipio de Barreiros, celebrará a súa I Comida Popular o día 28 de marzo, sábado. Será no campo da festa cerrado con carpa e estará amenizada por DJ Bombarbero e a charanga Europa. A sesión vermú comezará ás 13:30 horas e ás 14:30 servirase a comida.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural San Xulián de Cabarcos, que anuncia: “estamos desexando compartir este día tan especial con todos vós! Recordade que a data límite para coller os tickets é ata o luns 23 de marzo. Non o deixedes para o último momento. Contamos con vós para facer desta primeira edición algo inesquecible”.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro comunitario este domingo, día 22 de marzo. Será nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante de 17:00 a 20:00 horas.
“Este domingo 22 temos unha nova oportunidade para xuntarnos arredor do teatro, compartir, crear e deixarnos levar pola experiencia colectiva. Da man de Raquel López Cendán, abrimos un espazo para explorar, xogar e descubrir o que pode xurdir a través do corpo, da voz e da escoita compartida. Unha tarde para experimentar sen présas, para rir, para probar e para construír comunidade a través do teatro”, anuncia o Colectivo Cultural Ollomao.
Por quinto ano consecutivo o surf ten presenza nas Escolas Deportivas Municipais de Barreiros. O concelleiro de Deportes, Daniel García, reuniuse co responsable da academia local de surf LA Academia del Surf, Luís Fernández, para presentar oficialmente a Escola Municipal de Surf desta tempada 25/26, que dará comezo o vindeiro 08 de abril na praia sede da actividade, a de Coto.
O Concello de Barreiros explica que “a Escola de Surf é unha das seis que se inclúen no programa deportivo e que cada ano vai atraendo a máis crianzas do concello e doutros veciños”. Neste senso o edil de Deportes sinala que “ofertar a actividade de surf é unha maneira de apostar polo deporte e reivindicar a súa práctica dende a base, xa que nun concello coma o de Barreiros contamos con praias de riqueza incalculable para a practica deste deporte”.
... leer másBeOne refuerza su estrategia de patrocinio deportivo ampliando su acuerdo con O Gran Camiño, prueba ciclista gallega que llegará el 15 de abril a Barreiros. La cadena de fitness incrementa su apoyo a la prueba ciclista gallega y activará su marca con experiencias para socios y presencia en el recorrido.
BeOne Fitness & Sport ha ampliado su acuerdo de patrocinio con O Gran Camiño, “una de las pruebas ciclistas profesionales más relevantes del calendario deportivo en España, reforzando así su estrategia de vinculación de marca con el deporte y los hábitos de vida saludables”.
La firma del acuerdo se formalizó con la participación de Roberto Ramos, director general de BeOne, y Ezequiel Mosquera, ex ciclista profesional y director de EME Premium Sports, promotora de la prueba ciclista O Gran Camiño.
... leer másO Concello de Barreiros anuncia: “como continuidade da nosa aposta por favorecer a conciliación familiar, organizamos un campamento infantil para que a cativada estea entretida e as familias poidan cumprir, da mellor maneira posible, coas súas obrigas. O prazo de preinscrición comeza o luns 16 e finaliza o día 20 de marzo”.
As taxas desta actividade son: 5 euros para crianzas censadas no Concello de Barreiros e 20 euros para as que non estean.
Este venres, día 13 de marzo, tivo lugar en Barreiros a inauguración da exposición Fauna Esencial, da Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria. Estará situada no salón do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ata o 10 de abril e o horario de visita é de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas, con entrada de balde.
O Concello agradece “a Abanca Corporación Bancaria e á Fundación Abanca que conte con Barreiros para achegar a cultura a concellos coma o noso”.
O Concello de Barreiros, a Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria, asinaron un convenio de colaboración para traer a Barreiros a exposición Fauna Esencial. “É unha exposición dunha serie de fotografías de fauna ibérica. Cada unha delas, leva textos explicativos que dan datos das especies: hábitat, alimentación, ou perigos que enfronta actualmente para sobrevivir. Esta mostra está unida a Cultura por alimentos e haberá habilitado un estante para que a xente da zona poidan levar algún alimento, cando visiten a mesma, que será doado, ao remate do período expositivo. A exposición situarase no salón do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros e abrirá de 9:30 a 14:30 h de luns a venres. A entrada é gratuíta”, explica o Concello de Barreiros, que engade: “o acto institucional de apertura será o venres 13 de marzo ás 11:30 horas e...
leer másBarreiros acollerá desde o día 14 de abril ata o 8 de maio un curso de vendedor en estacións de servizo para persoas con discapacidade.
O Concello de Barreiros anuncia que “segue a dar pasos firmes para que a formación e as oportunidades laborais non sexan unha barreira para ninguén. Grazas ao traballo levado a cabo desde a área de Servizos Sociais nos últimos anos, o convenio de colaboración coa entidade Inserta Empleo (Fundación ONCE) comeza a dar os seus froitos máis tanxibles coa posta en marcha dun curso presencial de Vendedor/a de Estacións de Servizo”.
A concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga, sinala que “esta iniciativa nace cun obxectivo claro: que as persoas con discapacidade do noso concello e da contorna poidan ampliar o seu perfil laboral e gañar novas habilidades sen ter que facer longos...
leer másO Concello de Barreiros, a través da área de Igualdade, organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, co obxectivo de reforzar a sensibilización social, a participación da veciñanza e o traballo transversal en igualdade de xénero. Serán os días 6, 8 e 14 de marzo.
A primeira das actividades será a lectura da declaración institucional. Terá lugar o venres 6 de marzo ás 11:30 horas na Praza do Concello. Ao remate do acto, entregarase un pequeno agasallo ás persoas asistentes.
O propio día 8 de marzo, domingo, conmemorárase a xornada cun monólogo treatralizado sobre a obra A Muller Soa, de Franca Rame e Darío Fo. A interpretación será a cargo do Colectivo Cultural Ollomao ás 20:00 horas nos colexios vellos de San Miguel, con entrada de balde e ata completar o aforo.
... leer másA Biblioteca Municipal de Barreiros celebra o Día de Rosalía cunha exposición sobre a escritora que poderá visitarse durante esta semana, ata finais deste mes de febreiro.
“O 23 de febreiro conmemoramos o legado dunha muller esencial na defensa e dignificación da lingua e da cultura galega, autora de obras fundamentais como Cantares gallegos. Desde a Biblioteca Municipal de Barreiros sumámonos a esta celebración cunha exposición que nos lembra a importancia de coidar e valorar o noso idioma e a nosa identidade. Podedes visitala durante toda a semana no horario habitual da biblioteca”, anuncia o Concello de Barreiros.












