Entroido

Etiquetas:
14/03/2025

O mércores 19 de marzo ás 14:30 horas celebrarase unha comida de Entroido en Riotorto, organizada polo Concello.

O menú é: sopa, cocido completo, postre, café e bebidas. Estará amenizada coa actuación do dúo musical Ángel América.

O prezo é 30 euros por persoa e para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 16 de marzo.

Etiquetas:
13/03/2025

A asociación veciñal da parroquia ribadense de Vilaframil organiza a súa primeira Festa do Entroido este domingo, día 16 de marzo, a partir das 17:00 horas.

Será na Escola de Vilaframil e estará amenizada pola charanga Aturuxo, de Ribadeo.

“Se ves co teu disfrace participas no sorteo de lotes de produtos e poderás sacar unha foto no photocall”, anuncia a organización.

Haberá merenda de balde para os socios do colectivo organizador e as persoas que non forman parte da asociación deberán pagar 5 euros.

Etiquetas:
04/03/2025

O Vicedo celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 8 de marzo.

As actividades empezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú dobre na que actuarán o dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. Desde as 17:30 horas haberá festa infantil con colchonetas e merendola ás 20:30 horas. Para as 21:30 horas está programado un desfile infantil e ás 22:30 horas comezará verbena amenizada polo dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. E ás 00:30 horas terá lugar o desfile adultos, no que se sorteará unha cesta e haberá premios para os mellores grupos, parellas e disfraces individuais.

Este evento está organizado pola Comisión de Festas de Santo Estevo 2025.

Etiquetas:
02/03/2025

Será a partir das 21:30 horas. Haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E non faltarán os premios aos mellores disfraces: individual, parellas e grupos, e especiais a menores de 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 16. 

A Festa contará coa animación do Dúo Boreal.

O evento está organizado pola asociación de mulleres de San Román do Val.  

27/02/2025

En Ferreira do Valadouro haberá actividades de Entroido este domingo, día 2 de marzo, e o martes 4.

O domingo desde as 17:30 horas celebrarase o desfile con este percorrido: saída do Parque Concepción Arenal, Praza de Santa María, A Ponte, rúa Xistral, Avenida da Deputación, rúa Leandro Buján e chegada a Pavillón Municipal.

E o martes 4 terá lugar o Entroido infantil a partir das 16:30 horas na Praza de Santa María. Haberá inchables, pintacaras, toro mecánico, varredora, xogos e outras actividades.

Etiquetas:
26/02/2025

Achéganse os días grandes do Entroido de Foz e segue aberto o praza de inscrición para participar no desfile que se celebrará este sábado, día 1 de marzo, desde as 16:30 horas.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que “Foz vive estes días a emoción do Entroido. O sábado 1 de marzo é o día grande, mais antes del, un par de citas importantes agardan en Foz. Este xoves ás 20 horas terá lugar a inauguración no Cenima da exposición dedicada a You & Caxé, os pregoeiros deste ano 2025. Para a continuación, ás 21.30 horas, acudir a pasar unha boa noite na Cea de Comadres organizada por Amas de Casa e Afammer. O venres é o día do pregón e as coplas. A partir das 20 horas na carpa da rúa Atalaia poderemos desfrutar do plan dos nosos pregoeiros e das coplas coas que nos deleitaran as peñas”.

Ademais Inés...

leer más
23/02/2025

O Concello de Viveiro presentou a súa programación completa para o Entroido 2025, que comezará o 1 de marzo co tradicional certame de Alpuxarradas. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, sendo necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 982.56.01.62. As entradas para asistir ao evento, cun custe de 2 euros, poden ser reservadas dende o día 25 ata o 28 de febreiro chamando ao mesmo número ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.

Nos días seguintes haberá diversas actividades, destacando o martes 4 de marzo co desfile de Entroido e o concurso de disfraces. O prazo de inscrición para o desfile está aberto ata o 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, convida a toda a...

leer más
21/02/2025

A Pontenova terá actividades para celebrar o Entroido os días 1 e 2 de marzo, sábado e domingo.

O sábado 1 haberá unha ruta de tapas de Entroido polos establecementos hostaleiros participantes, que son: O Lar de Balbina, Rony Bar, Sidrería A Mina, Cafetería Casa da Cultura e Bar Puente. Está organizada polo Concello da Pontenova, que explica: “cada participante na ruta deberá ir disfrazado e selar a súa tarxeta en cada un dos bares sinalados. Entre tódalas persoas disfrazadas que presenten a tarxeta selada completamente sortearanse unha serie de vales regalo. O sorteo realizarase no Rony Bar ese mesmo día ás 1:00 horas da madrugada. Os vales regalo poderanse canxear ata o 30 de xuño de 2025”.

E o domingo 2 celebrarase o Carnaval infantil, desde as 17:00 horas no Pavillón Municipal Tito Margaride. Haberá xogos,...

leer más
Etiquetas:
21/02/2025

O Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza actividades de Entroido para os días 28 de febreiro, 4 e 8 de marzo.

O venres 28 de febreiro ás 22:30 horas celebrarase a cea baile de Comadres. Consistirá en cocido e a música correrá a cargo de Eventec.

O martes de Entroido, 4 de marzo, haberá festa infantil con entrada libre de balde.

E o día 8 de marzo, sábado, ás 22:30 horas será a cea baile de Piñata, con cocido, música de Eventec e premios para as mellores mascaritas.

20/02/2025

O Concello de Barreiros, a través da súa Concellería de Dinamización, presentou este xoves a programación do Entroido Barreiros 2025, “unha proposta chea de diversión, participación e tradición na que teñen cabida actividades para todas as idades”. As actividades desenvolveranse os días 2, 5 e 7 de marzo.

Dará comezo o domingo 2 de marzo coa Festa Infantil de Entroido que terá lugar no centro sociocultural de San Cosme de 17 a 20 horas. A cativada poderá gozar dunha tarde “chea de cor e fantasía con animación musical, xogos, baile e agasallos para as persoas que acudan disfrazadas. O espazo contará  unha decoración especial elaborada polo obradoiro de emprego”.

O mércores 5 de marzo, o Concello de Barreiros organiza un Obradoiro Infantil de Disfraces como medida de conciliación familiar neses días non lectivos....

leer más