Cabalgata
A cabalgata de Reis de Lourenzá será o día 5 de xaneiro, luns, desde as 17:00 horas.
“Os nen@s e non tan nen@s de Lourenzá estamos agardando por unha visita moi esperada. Xa están aquí as súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. Acaban de confirmar que estarán no noso concello o próximo luns 5 de xaneiro. Ás 17:00 horas a carroza das súas Maxestades sairá do recinto feiral para percorrer as parroquias. E ás 19:00 horas volverán ó Multiusos de Ponte de Cuñas para recibir a tod@s os nen@s e anotar as súas peticións”, anuncia o Concello de Lourenzá.
Os Reis Magos farán un percorrido polo municipio de Barreiros o día 5 de xaneiro, luns, desde as 10:30 horas.
O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente confirmáronnos que volven percorrer Barreiros este luns para achegarnos toda a súa maxia e ilusión. Pola mañá, desde as 10:30 horas, visitarán algunhas das parroquias nas que non van estar pola tarde: comezarán o percorrido en Reinante para continuar por Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Cabarcos, A Rilleira, San Xusto e Vilamar. E pola tarde percorrerán San Cosme, saíndo ás 17:00 da Praza do Concello, para chegar ás 18:00 horas ao Centro Social. Alí farán a tradicional recepción e reparto de agasallos para todas as nenas e nenos que acudan. Non faltedes e, sobre todo, non esquezades ter todo preparadiño para a noite!”.
Todo está listo en Ribadeo para Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro luns, 5 de xaneiro, a partir das 18:00 horas.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “as súas Maxestades de Oriente sairán nas súas carrozas desde a rúa Clemente Matínez Pasarón para percorrer acompañados de todo o seu séquito as principais rúas de Ribadeo”.
A edil ribadense subliña que “hai moito traballo detrás de todo o que as familias van poder ver na rúa o vindeiro luns, 5 de xaneiro. O Concello organiza esta cita coa que colaboraron moitas persoas voluntarias ao longo das últimas semanas ás que hoxe lles queremos agradecer todo o traballo e o apoio. Ao igual que ás empresas de Ribadeo, polas súas achegas como patrocinadores ou colaboradores, canalizadas a través de Acisa Ribadeo, a quen tamén lle agradecemos...
leer másA Cabalgata de Reis da Pontenova será o día 5 de xaneiro, luns, e sairá desde a praza dos Fornos ás 17:30 horas. Despois de facer un percorrido pola localidade está previsto que chegue ás 19:00 horas ao salón de actos da Casa da Cultura.
Está organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) coa colaboración do Concello da Pontenova.
No Valadouro o día 5 de xaneiro, luns, os Reis Magos serán recibidos na Casa do Concello ás 19:00 horas e despois farán unha cabalgata, que rematará na Casa da Cultura.
O Concello do Valadouro anuncia que o luns 5 de xaneiro ás 19:00 horas haberá unha “recepción oficial das súas Maxestades de Oriente na Casa do Concello coa entrega da chave máxica por parte do Sr. Alcalde. De seguido, saída da Comitiva Real polas rúas de Ferreira ata a recepción veciñal da Casa da Cultura pasando pola praza e a ponte. Nenos e nenas das asociacións Ao Compás do Río Ouro e Amado Lar interpretarán unha serie de panxoliñas. Ó rematar haberá chocolate con roscón de Reis”.
A Cabalgata dos Reis Magos en Trabada, será este domingo, día 4 de xaneiro.
Está organizada pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “a pesar de que están con moito traballiño, Melchor, Gaspar e Baltasar non queren deixar de visitarnos e pasar un anaquiño con nós, o domingo 4 de xaneiro. Ás 17:30 horas sairán da Casa da Cultura acompañados da banda de gaitas Brisas del Eo, ata o Pavillón Municipal de Deportes, onde entregarán a cada nen@ un pequeno agasallo. Por último disfrutaremos dunha chocolatada con roscón a ritmo de música tradicional”.
A Cabalgata dos Reis Magos en Alfoz será o día 5 de xaneiro, luns. Sairá ás 16:00 horas desde a Casa da Cultura e está previsto que chegue ás 18:00 horas ao Castelo de Castrodouro, onde haberá onde haberá merenda con chocolate quente e biscoito.
Está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que anuncia: “a maxia está a piques de chegar a Alfoz! O 5 de xaneiro de 2026 os Reis Magos percorrerán as parroquias de Alfoz na súa tradicional Cabalgata. Non esquezades traer a vosa carta!”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo anuncia, que tras pechar o período de recadación de colaboracións para a Cabalgata de Reis, a achega total que se realizará por parte da entidade é de máis de 5.400 euros. Esta cifra irá destinada a sufragar os gastos derivados da organización dunha nova cabalgata, que chegará este ano con numerosas novidades e cambios co obxectivo de mellorar e renovar un evento tan especial coma este. A Cabalgata de Reis, que se celebrará o 5 de xaneiro, está organizada polo Concello de Ribadeo e conta coa colaboración de Acisa.
A presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, dixo: “desde a asociación queremos expresar un agradecemento moi sincero a todas estas empresas pola súa xenerosidade e compromiso, demostrando unha vez máis que o comercio, a hostalaría e os servizos...
leer másA Cabalgata dos Reis Magos en Mondoñedo, que se celebrará o luns 5 de xaneiro, comezará na refuxio de Argomoso ás 09:30 horas. O percorrido continuará por Lindín, Santa María Maior, O Carme, Vilamor, Masma, Oirán, Couboeira, Viloalle, Figueiras, Estelos, Cesuras Pelourín, San Vicente e Sasdónigas, a onde está previsto que cheguen ás 15:00 horas.
E desde as 17:00 horas farán un itinerario pola cidade que comezarán ás 17:00 horas na Residencia San Rafael e continuará polo Hospital San Pablo, percorrerán o centro histórico e rematarán cunha recepción no auditorio municipal Pascual Veiga ás 19:00 horas. Despois haberá chocolatada, ofrecida pola Asociación Cultural O Pasatempo.
O Concello de Viveiro prepara a Cabalgata de Reis do vindeiro 5 de xaneiro cun formato “máis aberto e participativo. Ademais das tradicionais carrozas dos Reis Magos, facilitarase a incorporación da veciñanza tanto como figurantes nas carrozas como no desfile a pé ao longo do percorrido. No caso da participación nas carrozas, o Concello habilita 24 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que poderán acompañar aos Reis Magos durante o desfile. As prazas asignaranse por orde de inscrición, co obxectivo de garantir un procedemento organizado e seguro”.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto os días 26, 29 e 30 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As inscricións poderán realizarse no Teatro Pastor Díaz ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.es mediante o formulario...
leer más












