Lourenzá

07/01/2026

A igrexa de Santa María de Valdeflores, en Vilanova de Lourenzá, acollerá a presentación dun libro sobre os seus órganos. Será este sábado, día 10 de xaneiro, ás 19:45 horas.

A asociación Patrimonio Laurentino explica que os autores desta publicación, titulada Os órganos de Lourenzá. Ecos do pasado, sons do futuro, son os especialistas nesta temática Belén Bermejo López e Andrés Díaz Pazos e salienta que os órganos da Igrexa de Lourenzá “destacan tanto polas súas características como pola conservación de compoñentes orixinais. Este sábado 10 terá lugar unha presentación en Lourenzá dun libro na que poderemos coñecer moitos máis datos destes exemplares únicos”.

Entregaranse exemplares do libro de balde aos asistentes á presentación.

04/01/2026

A cabalgata de Reis de Lourenzá será o día 5 de xaneiro, luns, desde as 17:00 horas.

 “Os nen@s e non tan nen@s de Lourenzá estamos agardando por unha visita moi esperada. Xa están aquí as súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. Acaban de confirmar que estarán no noso concello o próximo luns 5 de xaneiro. Ás 17:00 horas a carroza das súas Maxestades sairá do recinto feiral para percorrer as parroquias. E ás 19:00 horas volverán ó Multiusos de Ponte de Cuñas para recibir a tod@s os nen@s e anotar as súas peticións”, anuncia o Concello de Lourenzá.

Etiquetas:
26/12/2025

A Vila de Nadal de Vilanova de Lourenzá é este ano máis grande e inclúe varias novidades. Poderá visitarse ata o día 11 de xaneiro. Ademais o Concello aumentou a decoración nas parroquias de Santo Adrao, Santo Tomé e San Xurxo.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que a Vila de Nadal “empezou no 2016, cando xurdiu a idea de facer unha decoración navideña con material reciclado. A partir dese momento foise creando cada ano algunha cousiña nova e innovando ata chegar a todo o que hoxe temos aí. Ao principio eran poucas cousas e agora xa se nos queda a praza pequena e temos que ir estendéndoa a outras zonas. Nesta edición seguimos avanzando no tema dos oficios e puxemos un barbeiro e unha biblioteca. Outra das novidades é un tiovivo, para aumentar a escena que vén a representar unha festa; xa tíñamos unhas lanchiñas, uns músicos e agora...

leer más
23/12/2025

O libro titulado Espiritualidad, escrito en base a reflexións de oito persoas de orientacións relixiosas diferentes sobre o tema do espírito, presentarase en Lourenzá (no salón de actos municipal) este sábado, día 27 de decembro, ás 18:00 horas.

Os autores son: Jesús Álvarez Piñón (sacerdote católico); David Val Pena (idealista espiritual);  Omar Choraifi Salmi Saidi (musulmán); Carlos Matías Nicieza García (ateo materialista); Eugenia Iglesias Flórez (visión holística); Vicente Míguez Salgueiro (cristián); Arturo Fernández Fernández (budista) e José Vázquez Peinó (coordinador).

Etiquetas:
05/12/2025

O Concello de Lourenzá dá a coñecer os nominados e nominadas aos premios do VII Certame de Teatro Afeccionado, que se entregarán nunha gala o sábado 13 de decembro.

O xurado do VII Certame de Teatro Concello de Lourenzá decidiu que os nominados e nominadas nas diferentes categorías son os seguintes:

Para o premio Conde Santo á mellor representación: Campanas de Bastabales, de Imaxina-T, de Narón; A Xuntanza, de El Ruiseñor, de Culleredo; e O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro, de Ferrol.

Para o premio Lourenzo ao mellor actor: Rubén Pena, de The-sastre Teatro, de Barbadás; Ramón A. Ares, de Ollomao, de Barreiros; e Fernando Moares, de El Ruiseñor, de Culleredo.

Para o premio Ana á mellor actriz: Patricia Pérez, de Ollomao...

leer más
Etiquetas:
27/11/2025

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso gratuíto sobre xestión de novas pragas e enfermidades no cultivo da horta e da faba. Será en Lourenzá, concretamente na Aula de Formación do Multiusos Ponte de Cuñas, os días 1, 3 e 4 de decembro de 16 a 20 horas.

“Unha formación fundamental para as persoas produtoras”, destaca o SLG, que anuncia que está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

As inscricións poden facerse a través do teléfono 698.15.96.67 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.

Etiquetas:
21/11/2025

O Sindicato Labrego Galego (SLG) ofrece un curso de mellora da rendibilidade nas granxas da comarca en Lourenzá os días 24, 26 e 28 de novembro. Será na Aula de Formación do Multiusos Ponte de Cuñas de 16 a 20 horas.

“É importante coñecer todas as ferramentas. Veremos contabilidade básica das gandarías, reducindo custes co pastoreo; ferramentas administrativas para mellorar a base territorial e experiencias; e experiencias de comercialización directa e transformación en orixe”, anuncia o SLG.

A inscricións poden facerse a través do teléfono 698.15.96.67 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.

É unha actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

14/11/2025

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso gratuíto titulado Caderno dixital - Novas obrigas e xestións telemáticas. Será os días 17, 19 e 21 de novembro de 16 a 20 horas no Multiusos Ponte de Cuñas.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal e do teléfono 698.15.96.67.

Esta formación está financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

Etiquetas:
10/11/2025

A comisión das festas de Canedo, no municipio de Lourenzá, de 2026 organiza unha cea baile para recadar fondos destinados aos festexos. Será o 15 de novembro, sábado, no pavillón de Santo Tomé desde as 21:30 horas.

Ademais de cea haberá regalos, sorpresas e actuacións musicais a cargo do dúo Venús e DJ Billy

A data límite para a recollida dos tickets é o martes 11 de novembro.

Etiquetas:
07/11/2025

Este sábado, 8 de novembro, terá lugar en Mondoñedo o segundo sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán 500 en vales de compra.

Desde  FCAM a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 3 ao 8 de novembro fagan as súas compras nos negocios de Lourenzá e de Mondoñedo poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde pola Praza do Concello, en Mondoñedo, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas. Haberá tres premios en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”. 

Cruzado Iglesias lembra que “o obxectivo desta campaña é unha forte aposta polas compras no pequeno comercio, nese que temos...

leer más