A Mariña
A Mariña acollerá do 24 de outubro ao 15 de novembro a terceira edición do programa Obradoiros con corazón, unha proposta de lecer no contexto do produto turístico A Mariña Artesá que ten como principal obxectivo coñecer o xeodestino e poñer en valor a súa actividade artesanal a través de experiencias artesás inmersivas. A iniciativa, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, ten como principal novidade deste ano a colaboración na organización da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña Lucense.
A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, presentou esta iniciativa nun acto celebrado en Viveiro e no que tamén participaron a alcaldesa deste municipio, Mariña Gueimunde; o presidente da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña...
leer másO Concello de Xove anuncia que a Asociación Cultural Saíñas organiza este sábado, 24 de outubro, a XVII Foliada da Mariña, “unha cita imprescindible para os amantes da música e do baile tradicional galego. A celebración terá lugar a partir das 17:00 horas na praza do Concello de Xove, onde os asistentes poderán gozar dunha tarde e noite cheas de música, baile e tradición”.
A foliada contará con diversas actuacións que amenizarán a xornada e que “converterán Xove nun punto de encontro para todas aquelas persoas que desfrutan do noso folclore e das nosas tradicións”, explica o Concello, que engade: “a maiores da participación dos distintos grupos de bailadores, gaiteiros e pandereteiras da A.C Saíñas a partir das 17:00 horas tamén serán participes desta foliada O Arco da Vella, Gamelas e Anduriñas e Pensamento e Sementeira. Pola noite, a partir das 21:00 horas contarán coa...
leer másRematou á viaxe á Mariña lucense do coñecido escritor e xornalista José Ribagorda, que este pasado domingo, 18 de outubro, visitou varios comercios en Ribadeo e na Pontenova dentro da campaña De compras pola Mariña, da FCAM. Ribagorda estivo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, xunto ao que percorreu as rúas ribadenses máis comerciais. Con eles estiveron o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. José Luis Balseiro, presidente da Asociación de Comerciantes da Pontenova, mantivo tamén un encontro con Gabriel Alén e con José Ribagorda.
A campaña De compras pola Mariña chegará a través de varios vídeos ás redes sociais e á plataforma De las cosas del comer, de José Ribagorda, que pasou estes días por Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, onde se...
leer másA campaña da FCAM De Compras pola Mariña conta estes días co escritor e xornalista José Ribagorda, que está visitando o comercio local desta comarca “nunha defensa e aposta polos negocios dos nosos pobos, que son os que enchen de luz e de vida as rúas mariñás”.
Da man da FCAM (Federación de Comercio A Mariña) Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais históricos, algúns que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen.
A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño, en Foz. e o Centro de Interpretación da Faba, en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá durante esta fin de semana, sábado e domingo.
Esta fin de semana dará comezo a sétima edición do programa de actividades Plans con Corazón, unha iniciativa para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Son 16 plans que se desenvolverán do 26 de setembro ao 14 de novembro nos concellos mariñáns “da man de guías locais, expertos coñecedores do territorio, que liderarán unha variada proposta de rutas e visitas guiadas”.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña promove este programa de actividades no marco dos convenios de colaboración anuais coa Axencia de Turismo de Galicia e coa Deputación de Lugo, “co obxectivo de ofrecer actividades de lecer singulares que poñan en valor o territorio, permitan á poboación coñecer e gozar do territorio e contribúan á desestacionalización do turismo neste destino”.
... leer másA Mariña prepárase para acoller a sétima edición do programa de actividades Plans con corazón, unha iniciativa para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Trátase de 16 plans que se desenvolverán do 26 de setembro ao 14 de novembro nos concellos mariñáns da man de guías locais, expertos coñecedores do territorio, que liderarán unha variada proposta de rutas e visitas guiadas.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña promove este programa de actividades no marco dos convenios de colaboración anuais coa Axencia de Turismo de Galicia e coa Deputación de Lugo, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer singulares que poñan en valor o territorio, permitan á poboación coñecer e gozar do territorio e contribúan á desestacionalización do turismo neste destino...
leer másRinlo, Mondoñedo, Foz e Alfoz serán os escenarios dun programa que combina historia, patrimonio, paisaxe e curiosidades da man da guía oficial Ana Pena.
A empresa Guía tu día, dirixida por Ana Pena, organiza durante o mes de agosto un novo ciclo de visitas guiadas coa finalidade de dar a coñecer o patrimonio cultural, histórico e natural da Mariña Lucense a través de percorridos interpretativos pensados tanto para visitantes como para a propia veciñanza.
O programa arrancará este domingo, 9 de agosto, en Rinlo, cun paseo polo litoral para descubrir a historia desta emblemática vila mariñeira, a tradición do percebe, as antigas cetáreas e a estreita relación da súa poboación co mar.
A seguinte cita será o luns 10 de agosto en Mondoñedo, onde os participantes percorrerán o casco histórico...
leer másO Pazo de San Marcos, en Lugo, acolleu este martes a presentación da XIII edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros -José Antonio Villamor e Javier López-
O torneo, organizado pola Fundación Imdecum co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrarase do 25 ao 29 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), “unha sede compartida que estende pola comarca o seu impacto social e económico, ademais de reforzar a proxección do Burela FS como referente deportivo”, explica a Vicepresidencia da Deputación, que anuncia: “o torneo reunirá máis de 1.100 xogadoras e xogadores de 97...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense mantivo este martes a primeira reunión con representantes das 20 empresas de produtos e servizos turísticos novos que aspiran a acadar a distinción Compromiso de Turismo Responsable dentro do programa de Sostibilidade, Intelixencia e Calidade Turística no Ecosistema do Destino (SICTED). A adhesión ao SICTED na Mariña é totalmente gratuíta e contempla no seu proceso a realización de catro seminarios formativos e diversas visitas individualizadas para os establecementos participantes.
Esta reunión é a primeira das formacións presenciais previstas nesta convocatoria. Neste mes de xuño están tendo lugar ademais visitas individuais aos servizos adheridos, para sentar as bases de coñecemento e de traballo para cada entidade de nova inscrición máis os que xa estaban no programa. O proceso retomarase...
leer más












