Burela

15/05/2026

O Concello de Burela celebrará o Día das Letras Galegas cunha programación cultural que inclúe literatura, tradición, música, maxia, teatro e actividades “participativas para todos os públicos, co obxectivo de poñer en valor a lingua galega e achegar a cultura á veciñanza dun xeito atractivo e diverso”. Desenvolverase ata o día 19 de maio.

Tamén anuncia que “unha das iniciativas destacadas será a intervención artística nalgúns pasos de peóns da vila, na que a Aula Medioambiental Gaia, persoal municipal da área de Obras e diferentes colectivos locais, coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal, pintarán versos de autoras e autores homenaxeados ao longo da historia do Día das Letras Galegas. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Lina Gómez, “esta acción é unha maneira moi bonita de facer visible a nosa literatura no día a día....

leer más
Etiquetas:
12/05/2026

O porto de Burela acolle esta semana, o mércores 13 e o xoves 14 de maio, as 33ª Xornadas Técnicas e o 27º Encontro Empresarial, que organiza un ano máis a Fundación Expomar co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

A Fundación Expomar anuncia que “os profesionais e entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional e europeo danse cita en Burela para abordar os principais retos e dificultades actuais na pesca e debater acerca do futuro do sector pesqueiro”.

Na apertura das Xornadas 2026, que se volverán celebrar no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela, e que se poderán seguir en directo a través da web de expomar.com, estará presente a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde,...

leer más
11/05/2026

O auditorio da Casa da Cultura de Burela acollerá este venres, día 15 de maio, ás 21.00 horas o espectáculo titulado Repunantas. As punkis da literatura galega: de María Balteira a Begoña Caamaño, no marco da programación do Día das Letras Galegas 2026, con entrada de balde ata completar capacidade.

O Concello de Burela anuncia: “a proposta trátase dun espectáculo de narración oral e música no que dous escritores ben recoñecidos do sistema literario galego, Inma López Silva e Francisco Castro, unen as súas forzas para ofrecer unha función na que palabra, música e humor se mesturan nunha proposta escénica viva e participativa. A través dunha escolla coidada de textos e cancións interpretadas en directo, o espectáculo propón unha viaxe pola historia das grandes autoras da literatura galega, desde a época medieval ata a actualidade....

leer más
Etiquetas:
10/05/2026

O día 15 de maio, venres, ás 19:00 horas na Praza de Abastos de Burela terá lugar unha conferencia-coloquio arredor das migracións, “un espazo para a reflexión e o diálogo sobre cuestións clave como os bulos, o activismo e a regularización”, anuncia o Concello de Burela.

O encontro contará coa participación de Luzía Oca González, antropóloga docente na USC; Gabriela L. Frías Goytia, psicóloga especializada en migracións; e Soledad Paola Lucero Toapanta, fundadora da ONG Mobilidad Humana.

09/05/2026

O pavillón Vista Alegre, de Burela, convértese este domingo, día 10 de maio, no escenario do 8º Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica da Liga Norte.

O Concello de Burela anuncia que “ao redor de 400 nenas de Galicia e Asturias participarán nesta xornada deportiva que enche o noso concello de talento, ilusión e espírito de equipo”.

E o club de ximnasia rítmica Porta Norte explica que “a xornada de mañá dará comezo ás 9:30 horas e a da tarde as 15:30. Agardámoste no pavillón Vista Alegre para disfrutar dunha marabillosa xornada de ximnasia rítmica con participantes de todo o norte de Galicia e Asturias”.

Etiquetas:
07/05/2026

As XXXIII Xornadas Técnicas e o XXVII Encontro Empresarial de Expomar, que se celebrarán os días 13 e 14 de maio no porto de Burela, analizarán un ano máis o futuro do sector pesqueiro.

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, presenta as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial, que este ano cumpren as súas 33ª e 27ª edicións respectivamente, e que “volverán reunir a próxima semana aos profesionais e entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional e europeo, co futuro do sector pesqueiro a debate, abordando os principais retos e dificultades do momento na pesca. A principal novidade será a renovación do formato das Xornadas Técnicas, que se celebrarán ao longo dun único día, o xoves 14 de maio, en sesións de mañá...

leer más
06/05/2026

O Concello de Burela pon en marcha un programa de visitas guiadas ao Molde do Faro para coñecer de preto este espazo artístico e o seu significado. As visitas guiadas, que teñen unha duración aproximada de 30 minutos, realizaranse os martes ás 10:30, ás 11:30, ás 12:30 e ás 16:30 horas. A visita é gratuíta, cun máximo de 20 persoas por grupo, e require reserva previa a través da páxina web reservasmoldedofaro.burela.org, cunha antelación mínima de 24 horas. Para grupos organizados, como centros educativos, asociacións ou colectivos, as reservas deberán xestionarse a través do teléfono 694.312.105 ou do correo electrónico visitasmoldedofaro@burela.org.

No interior do Molde do Faro atópase a obra titulada La piel del mar’, realizada polo artista David Catá no marco do proxecto...

leer más
Etiquetas:
06/05/2026

O proxecto Pesca Saúde convida á pediatra Consuelo Lobelle Fernández a participar nunhas xornadas técnicas que se celebrarán o martes 12 de maio ás 19:30 horas na Casa do Concello de Burela. A doutora centrará a súa intervención en sinalar “os beneficios do consumo de produto pesqueiro no desenvolvemento cognitivo e no crecemento na infancia”, anuncia o GALP A Mariña-Ortegal. O evento, que se celebrará dentro da programación da Estratexia Saúde Concello de Burela, ten carácter aberto ao público e non precisa inscrición previa.

Os organizadores do acto explican que Consuelo Lobelle Fernandez “é unha coñecida pediatra, con grande experiencia no diagnóstico de enfermidades infantís. Actualmente exerce no Centro de Saúde Illas Canarias, en Lugo. É licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén obtivo o título de doutora en...

leer más
Etiquetas:
04/05/2026

Burela acollerá o sábado 16 de maio a celebración do XVI Encontro de Palilleiras, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras, unha cita que terá como escenario principal o porto de Burela e que incluirá diferentes actividades en distintos puntos da vila.

Na presentación do evento destacouse “tanto o traballo da organización como o impacto desta xuntanza na dinamización cultural e social do municipio”, explica o Concello de Burela, que anuncia: “a programación desenvolverase ao longo de toda a xornada do sábado, comezando ás 10:30 horas coa recepción das palilleiras, seguido da demostración de traballos ata as 13:30 horas. Ás 11:30 terá lugar a inauguración oficial e ás 12:00, unha degustación de empanada de merluza de Burela. Durante a mañá tamén están previstas visitas ao Monte Castelo, á igrexa...

leer más
Etiquetas:
27/04/2026

O Concello de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026 na súa fase local, unha iniciativa dirixida á cativada e mocidade da vila. Baixo o lema Medrar lendo, o certame “convida ás nenas e nenos a reflexionar sobre a importancia dos libros ao longo da vida, lembrando aqueles momentos nos que a lectura se converteu nunha compañeira esencial para entender o mundo, sentirse acompañado ou deixar voar a imaxinación”. Poderán participar menores de ata 16 anos en tres categorías de idade (ata 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 16), tanto na modalidade de narración como na de debuxo. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 11 de maio e as obras deberán entregarse na Biblioteca Municipal.

Un xurado especializado seleccionará un máximo de tres traballos...

leer más