Certámenes
Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018 a cadea hostaleira Galipizza lanza un concurso no que premiará as 3 mellores frases recibidas a través das redes sociais. Galipizza pide que se lle dedique unha frase ben galega e se lle faiga chegar vía Facebook, Twitter ou Instagram ata o domingo 20 de maio.
Coas 3 frases que máis lles gusten decorarán unha parede do seu local na Praza de Galicia da Coruña ó que chamarán “Muro das Letras Galegas”. Ademais de aparecer mencionados xunto coas súas frases seleccionadas, os elexidos recibirán outros premios moi atractivos.
O primeiro premio consiste en 2 noites de aloxamento e almorzo para 2 persoas en "Casa do Batán", un dos hoteis con encanto máis valorados de España, situado en Chavín (Viveiro). Ademáis o premiado terá 1 comida gratis para 2 persoas en "As Tixolas...
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o III Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’.
O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías,Alberto García, explica que este ano“gustaríanos repetir a alta participación das dúas primeiras edicións e, a ser posible, superala pero sabemos que non será doado xa que este concurso tivo moi boa acollida desde o principio, ademais porque Mondoñedo prestase a este tipo de propostas pola beleza do seu casco histórico”. “Un concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos fermosos balcóns e ventás, senón tamén...
leer másO Concello de Cervo vén de convocar o VIII Concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2018”.
Tal e como explicou a edil de medio ambiente, Manuela Méndez “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.
Deberanse presentar en formato dixital, en alta calidade, nun CD acompañado cunha ficha da autoría que se pode solicitar na Casa da Cultura, na Casa do Concello ou a través do correo electrónico: medioambiente@concellodecervo.com.
O prazo para presentar as imaxes remata o venres 18 de...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas.
O alumnado dos dous colexios do municipio recibiu un marcapáxinas que contén as bases do concurso.
O certame está aberto a todos os nenos e nenas, que deberán presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo as temática “como cambiou o conto” ou “como darlle a volta ao conto tradicional”; por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme…
O prazo de presentación dos traballos, que deberán ser presentados na biblioteca de Cervo ou na de San Ciprián, rematará o vindeiro 4 de maio. O fallo do xurado local farase público o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Os traballos premiados nesta...
leer másA Concellería de Medio Ambiente convoca o III Concurso de Fotografía Coidemos a Terra. O prazo de presentación de traballos vai do 21 de abril ao 20 de maio.
Neste certame poden participar todas as persoas que o desexen, residentes en Burela. Aquelas que sexan menores de idade, no momento da inscrición, deberán contar coa autorización do seu pai/nai ou titor legal, debendo indicar os datos na ficha de inscrición.
O concurso establece as categorías Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de máis de 12 anos e ata os 17), e Adulto (maiores de 18 anos).
As fotografías deberán ser orixinais e inéditas, e realizadas con calquera tipo de cámara fotográfica. Terán que ser de praias de Burela –xa que a temática é As praias de Burela-, e indicar o lugar onde foron tomadas, e cada persoa poderá enviar un...
leer másA ssociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o V Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “A retranca”.
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
O prazo de presentación dos traballos rematará o martes, día 8 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo.
O xuradoseleccionará un...
leer másA Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo convoca a fase local do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018. O prazo de presentación de traballos remata o 8 de maio.
Na modalidade de Narración os traballos presentados serán en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, e o tema proposto é Como cambiou o conto ou Como darlle a volta ao conto tradicional: O lobo e vexetariano?, Carrapuchiña feroz?, Cincento no canto de Cincenta?, Unha Bela que nunca dorme?.
No apartado de Debuxo terán que ser feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio) e tamén sobre o tema Como cambiou o conto ou Como darlle a volta ao conto tradicional.
Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man,...
leer másA asociación cultural e deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín convoca a VI edición do concurso infantil de debuxo Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
O obxectivo é facer partícipes desta festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España, e facer un debuxo relacionado co evento. Poden participar todos os nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2018). Os participantes deberán realizar un debuxo relacionado co pobo de Celeiro ou coa Festa da Merluza en particular. Os debuxos ou murais deberán facerse a man non valendo o uso do ordenador, e terán que levar o texto Festa da Merluza de Celeiro.
O prazo de presentación de traballos remata o día 29 de maio de 2018, e os debuxos poderán entregarse a algún membro da directiva da ACD...
leer másAcisa Ribadeo convoca o VIII Concurso Fotográfico Día do Pai no que repartirá 500 euros en premios.
O eslogan elixido para a oitava edición do certame é "O amor por un pai non ten prezo, pero si premio". Os traballos poderán presentarse a través do Facebook de Acisa Ribadeo dende o 2 ata o 18 de marzo.
As bases da convocatoria deste concurso recollen que poden participar todas as persoas maiores de idade que o desexen. Os traballos presentados non puideron ser publicados previamente en revistas, xornais, libros impresos ou sistemas on line. Tampouco puideron ser obxecto de ningún outro premio fotográfico. As devanditas bases pódense consultar no Facebook, na web de Acisa ou nas súas oficinas, sitas na Avenida de Galicia, nº 20-2ª planta.
As fotografías elixidas deben ter unha resolución...
leer más












