Eventos
A Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, en Xuances (Xove), celébrase este fin de semana, concretamente o venres 5 e o sábado 6 de outubro. Está organizada pola Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro por décimo segundo ano consecutivo tras ser recuperada despois de doce anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no campo da festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai un tres anos na honra de Onofre Louzao, máximo promotor desta festa que faleceu hai 5 anos. Este recinto está situado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo, explica a organización.
Os organizadores engaden: “aínda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. E...
leer másAs festas da Pontenova, na honra de San Lucas, celébranse do 12 ao 15 de outubro e contarán con sete actuacións musicais, a Queima dos Fornos e un espectáculo acrobático con vehículos.
O venres 12 haberá sesión vermú e verbena, que estará amenizada polas orquestras Los Españoles e Olympus. Ademais as sete da tarde terá lugar un espectáculo acrobático cun coche Ferrari e motos a cargo de Paulo Martinho.
Para o sábado 13 está programada sesión vermú e verbena, na que actuarán o grupo Lume e a orquestra Capitol. E de madrugada, ás 00:45 horas, celebrarase o tradicional espectáculo pirotécnico Queima dos Fornos, que chega á súa vixésimo primeira edición.
O domingo 14 haberá sesión vermú e verbena, amenizada polas orquestras Compostela e París de Noia.
E rematarán as...
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo ultima xa a celebración da Festa dos Maiores que se vai levar a cabo na localidade o vindeiro mércores 17 de outubro, coincidindo coas San Lucas.
Ás 14:00 horas dará comezo a comida-baile no pavillón municipal de deportes. Está previsto que sexa unha xornada de confraternización na que non van faltar a gastronomía típica, o baile, a festa e os agasallos para todos os participantes. O xantar estará amenizado pola Orquestra Mindoniense Principal.
A rexedora, a popular Elena Candia, convida a participar nesta cita que supón, unha edición máis, “un día de festa e de ledicia paraos veciños e veciñas”.
Inscricións
As persoas empadroadas no Concello de Mondoñedo maiores de 65 anos e os pensionistas de calquera idade, xunto coas súas parellas, terán...
Mondoñedo celebra o Día de los Pueblos Máis Bonitos de España, que ten lugar mañá luns, día 1 de outubro, coa posta en marcha de audioguíasficcionadas. Así o adianta a alcaldesa da localidade, Elena Candia, quen explica que a entidade local vén de adquirir 30 MP4 e 30 cascos illantes para garantir a calidade do sistema e así escoitar as historias e os sons con total nitidez e sentirse totalmente inmerso na experiencia. O importe destes equipos foi duns 1.700 euros.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense encargou á Compañía Teatral Chévere o deseño e elaboración destes aparatos para as tres vilas porta de acceso á Mariña Lucense: Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo.Trátase de dispositivos que desenvolven historias personalizadas e adaptadas a cada destino, realizadas tras un coidadoso proceso de documentación para identificar sucesos,...
leer másA cuarta edición da Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá terá lugar do 5 ao 7 de outubro, coincidindo coa celebración da Festa da Faba. Haberá rutas polo val e polos municipios de Xove, Trabada e Riotorto, ademais de xincana, trofeos, agasallos e os asistentes gozarán da gastronomía local. O evento foi presentado en Lourenzá cun acto no que participou a alcaldesa, Rocío López.
O portavoz da organización da IV Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá, Fran Rivas, lembrou que “desde o ano 2015 empezamos a reunirnos coas vespas, as motos e os coches clásicos e este ano repetimos. A concentración é o sábado 6 e o domingo 7, pero imos empezar con actividades o venres porque hai xente que xa ven ese día, así que improvisamos unha ruta nocturna en scooters e coches clásicos. Imos ir ao concello de Xove, onde hai unha festa dos callos...
leer másSan Cosme de Barreiros celebra as súas festas patronais os días 26 e 27 na praza do Concello. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anima a asistir ás actividades programadas. Haberá misa solemne os dous días, á unha do mediodía, e sesión vermú. Mañá, mércores 26, actuará un grupo de gaiteiros á saída da misa, e ás 21:30 horas celebrarase a festa-verbena coas orquestras Abanico e Metrópolis. O xoves 27, festivo local, terá lugar a misa cantada pola Coral de Barreiros, ás 18:00 horas haberá xogos infantís e ás 21:30 horas festa-verbena coas orquestras Essencia e Alaska.
O concelleiro barreirense anunciou que “mañá e o xoves se vai celebrar o San Cosme, que é a festa patronal de San Cosme e de Barreiros. É festivo local o día 27 e como é costume sempre se fan os días propios de festa, que van ser o 26 e 27”.
... leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa do Marisco de O Grove con visita á Illa de A Toxa. Será o día 6 de outubro, sábado.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo e o seguro de viaxe obrigatorio. O prezo é de 30 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A Rede Museística da Deputación ofrece un total de 36 actividadesaos escolares da Provincia, que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. Así o avanzou no Museo Provincial de Lugo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp. No acto estivo acompañada pola Directora do Museo Provincial, AureliaBalseiro e a Xerente da Rede Museistica, Encarna Lago.
García Porto explicou que a Deputación “pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018/2019 coa idea de fomentar o achegamento do...
leer másHoxe presentouse na Praza do Centro Cívico de Xove a II Concentración DE Vehículos clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.
A concentración vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 29 de setembro, durante todo o día.
A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.
Para realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momento as inscricións tanto de coches como de motos van a moi bó ritmo.
O Programa de actividades vai ser o seguinte:
-De 9:00 a 11:00 horas.- Recepción e...
O Concello abriu o prazo de inscrición para participar no XV Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 6 ao 9 de decembro. Este evento “quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño, plataforma onde se visualice o seu traballo e talento creativo e innovador”, sinalan desde a Concellaría de Desenvolvemento Local.
E subliñan que “no Mercado do Nadal poderán participar artesáns con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e sexan de autoría propia, tamén produtos de gastronomía artesanal e creadores, artistas pola súa vertente de creatividade e deseño: artistas plásticos, gráficos, dixitais, xoguetes, moda, etc… que teñan capacidade para exhibir e vender pezas suficientes e que a creación sexa de autoría propia e a distribución sexa a pequena escala...
leer más












