Libros

Etiquetas:
06/04/2022

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza durante este mes de abril nunha programación especial dedicada ao libro porque o vindeiro día 23 é o Día Mundial do Libro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “para comezar o venres 8 a compañía Teatro do Atlántico trae a obra Libre coma os páxaros, que está baseada en textos de Rosalía de Castro. Esta obra achéganos a liberdade dunha muller que toma a palabra e non se somete as regras da arte nin acata os mandatos dos seus iguais. É unha obra na que se tenta mostrar o papel dunha muller que foi precursora nas nosas letras e que debe ser exemplo de cambio e liberdade no ámbito dos dereitos femininos”. A Casa da cultura acollerá esta representación ás 20.30 horas. O prezo da entrada será de 5 euros.

O Concello tamén colabora na 7ª Semana das...

leer más
Etiquetas:
17/03/2022

Bibiana Candia, autora da novela Azucre, vai estar o luns, 21 de marzo, na Mariña facendo unha dobre visita: na Biblioteca de Alfoz ás 18:00 horas e
na Librería Bahía, de Foz, ás 20:30 horas.

Segundo explica Cielo Fernández “este dobre encontro xurde da colaboración de dous clubs de lectura: o que dende hai xa dous anos está funcionando en Alfoz, promovido polo Concello, e A carón dos libros, o club que puxemos en marcha desde a Librería Bahía de Foz hai un mes”.

Os encontros organizados desde os clubs de lectura son abertos para todo o público.

Azucre é unha novela baseada no episodio histórico que foi a venda por parte dun potentado galego afincado en Cuba, Urbano Feijoo Sotomayor, de preto de 2.000 mozos galegos como escravos para traballar nas plantacións de caña de azucre....

leer más
Etiquetas:
17/03/2022

O Concello de Barreiros quere mostrar á veciñanza o potencial das mulleres mariñás co programa «Barreiros con M de Mulleres». Para elo, dentro da programación que a concellería de igualdade organizou este mes de marzo co gallo do día da muller 8-M, inclúese a presentación do libro  «Resaibo amargo»da escritora barreirense Lucía Ferro. 

O acto, que terá lugar este sábado, 19 de marzo, ás 12 horas nos colexios vellos de San Miguel, será conducido pola escritora burelá Antía Yañez, unha das escritoras galegas de máis sona e que tamén falará do seu libro «Senlleiras».

 

Etiquetas:
15/03/2022

Para celebrar o Día Mundial da Poesía o próximo luns, 21 de marzo, o escritor Pablo Trabadelo estará en Burela presentando os seus libros Navalla e Jaloffeim, primeiro para o alumnado do IES Monte Castelo e despois diante do público xeral na sala de usos múltiples do IES Monte Castelo ás 18:30 horas.

O cartel desta actividade foi realizado pola ilustradora Elena San Segundo.

26/02/2022

O vindeiro  venres, 4 de marzo, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, terá lugar a presentación do Audio-Libro titulado “Mondoñedo no Camiño de Santiago a través das súas personaxes”. Obra que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a Xunta de Galicia, a Escola de Música de Mondoñedo e a Coral Mestre Pacheco de Mondoñedo

A música da citada obra foi composta por Xan Carballal e o libreto é da autoría de Xosé Peinó. A mesma foi executada entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de abril de 2020.
En palabras dos propios autores do proxecto:

Esta obra relata o percorrido por parte do Camiño Norte de Santiago ao seu paso por Mondoñedo. Na obra queda patente os marcado patrimonio cultural que configura o Camiño Norte de Santiago, tanto da propia localidade se Santiago de Compostela...

leer más
Etiquetas:
16/02/2022

Libraría Bahía de Foz organiza o club de lectura A Carón dos Libros que comezará a funcionar no mes de marzo.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na propia Libraría Bahía, na Avenida A Mariña, 40. A cota será de 10 euros mensuais cos que se pretenden sufragar parcialmente as actividades que se desenvolvan.

Este club de lectura estará dirixido por María Liñeira, doutora en Filoloxía con experiencia docente na universidade, con quen se celebrarán reunións mensuais para comentar os libros recomendados. Ademais realizaranse actividades complementarias, como a visita de autores e autoras ou encontros con outros clubs de lectura.

As actividades deste club darán comezo o 3 de marzo ás oito e media da tarde co libro Azucre de Bibiana Candia, autora que probablemente participe...

leer más
Etiquetas:
05/02/2022

A área de Muller e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro poñen en marcha un Club de Lectura ‘En Feminino’, pero aberto ao público en xeral sempre que sexan persoas maiores de idade e ata un máximo de 15.

O club realizarase de maneira telemática por zoom e con reunións presenciais puntuais, dando comezo o día 23 de febreiro para conmemorar o Día de Rosalía.

Celebraranse dúas sesións por mes, desde febreiro ata xuño, cunha duración de dúas horas cada unha e impartidas por Estíbaliz Veiga, actriz e pedagoga teatral.

“Encadramos esta iniciativa dentro das actividades programadas para o 8 de marzo; ademais, formamos parte da rede de Bibliotecas en Igualdade para recuperar os textos de mulleres escritoras e darlles o lugar na historia que se merecen por dereito”, explica a...

leer más
24/01/2022

O escritor veigueño Pablo Trabadelo presentará o vindeiro venres, 28 de xaneiro, en Ribadeo o seu libro "Jaloffeim".

Trátase do seu segundo libro de poesía recentemente editado por Toxosoutos. A presentación terá lugar na Casa do Viejo Pancho ás 20:00 horas.

Pablo Trabadelo presentará ademais o 17 de febreiro en Vegadeo o libro "Navalla", o seu debut editorial publicado con Bajamar no 2020.

 

20/01/2022

Co propósito de seguir a promocionar a vila como destino turístico o Concello ven de editar o calendario RibadeoXQSi 2022.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “este calendario presenta a ribadenses, peregrinos e visitantes, a gran riqueza e diversidade que ofrece o noso municipio. Un lugar onde descubrir paisaxes naturais espectaculares nos que perderse e nos que practicar todo tipo de actividades, ou adentrarse nun casco histórico único, de marcado carácter ilustrado, e que conecta cun dos máis importantes legados indianos existentes en Galicia. Gozar da súa cultura, onde sempre se atopará algo que ver e facer”.

O edil ribadense indica que “o calendario destaca doce recursos ou produtos turísticos, un por mes, e conta con códigos QR escaneables que permiten acceder á información ampliada sobre o...

leer más
Etiquetas:
17/01/2022

Raquel Hermida Manzaneque presentará su libro ¡Hay que andar! el próximo domingo, 23 de enero. El acto tendrá lugar en el auditorio de la Casa de la Cultura de Burela a las 12:00 horas.

La presentación del evento correrá a cargo de la poeta África Sánchez López y estará presente, junto a la autora Raquel Hermida, el prologuista Mario López Guerrero.

La autora señala que “llegó el día en el que puedo presentaros un sueño hecho realidad, un trabajo de todos y para todos, de experiencias, de personas, de vivir y revivir. De nosotros, de vosotros, de tú y yo, de todos”.

Para acudir es necesario confirmar asistencia y puede hacerse a través del número de teléfono 647 57 00 24.