Libros

02/02/2023

O libro titulado Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, escrito por Malores Villanueva Gesteira, será presentado no Pazo de Tovar este sábado, 4 de febreiro, ás 18:00 horas. 

Ademais da autora da publicación, no acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e Xosé Luis Fernández Rivera, membro da Mesa Coordinadora Don Paco.
Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.

 

28/01/2023

A reedición do libro titulado Lourenzá, escrito por Francisco Fernández del Riego, será presentada no salón de actos do Concello de Lourenzá o vindeiro martes, 31 de xaneiro, ás 20 horas. Esta obra de Fernández del Riego foi reeditada polo Concello de Lourenzá e Editorial Galaxia. 

No acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; Manuel Román Ramos, historiador estudoso da obra de Del Riego; e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.

 

Etiquetas:
19/01/2023

O 23 de xaneiro ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, contará coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro e sobre a súa obra en xeral”, explican desde a organización.

Este encontro estaba programado para novembro e aprazouse por mor do Covid.

Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegará Libraría Bahía, en Foz. 

Antes, esa mesma tarde María López Sández estará no IES de Foz conversando co alumnado.

 

Etiquetas:
03/01/2023

O Calendario inclúe este ano fotos do fotógrafo xovense Emilio Pérez. Desde o Concello explican que “para completalo recorremos ao libro A fonte da vida longa, editado a finais dos anos oitenta e no cal os alumnos do Colexio Público de Xove recolleron unha serie de lendas populares baixo a coordinación de Marica Campo e Xosé González “Chema”,  coas acuarelas de Xoan Guerreiro”.

Etiquetas:
12/12/2022

O venres, 16 de decembro, ás 20:30 a Casa da Cultura de Foz acolle a presentación dun libro de Andres Díaz sobre a arte das tarrafas no concello de Foz. O acto está organizado pola asociación A Pomba do Arco. 
 
O autor explicará na súa conferencia cales son as características destas embarcacións no porto de Foz, as súas diferenzas coas do porto de Viveiro, o número de buques que desde comezos do século XX traballaron nesta arte en Foz e os patróns máis significados e mariñeiros máis significados deste período.
 
Andrés Díaz proxectará na súa palestra diversas fotos de barcos da arte da tarrafa que tiñan como base o porto de Foz.

 

Etiquetas:
28/11/2022

Este xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas terá lugar na Libraría Bahía, en Foz, a presentación de Kéltiga, cartas mitolóxicas galegas.

Trátase dun xogo de cartas que representan figuras,  lugares e sucesos da mitoloxía galega e que veñen acompañadas dun libro que explica a orixe e sentido das mesmas.

Kéltiga é unha obra de Carmen Tomé, Katova de nome artístico, antropóloga e artista plástica autora das cartas e dos estudio antropolóxico que as acompaña.

Na presentación este xoves estará xunto coa autora, Jacinta Martín coa que relizará  unha representación de tres historias utilizando o teatro xaponés Kamishibai.

 

Etiquetas:
28/11/2022

O vindeiro sábado, 3 de decembro, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz a presentación do libro A montaña do poeta, de Lionel Rexes. 

Esta obra foi galardoada co Premio de Novela “Lueiro Rey” do Concello do Grove o pasado ano, e publicada pola editorial Xerais a comezos de setembro.
Lionel Rexes xa obtivera este mesmo premio en 2017 pola novela A raíña das velutinas.

No acto do sábado intervirá ademais do propio autor, o descendente de Noriega Varela e estudoso da súa figura, Pepe de Noriega. 

Durante o acto poderán adquirirse exemplares da novela. Ao remate o autor asinará o libro a todos os asistentes que así o desexen.

Organizado por xentileza da asociación veciñal de Mor.

Etiquetas:
27/11/2022

O luns, 28 de novembro, ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, na Libraría Bahía contarán coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro”, explican.

Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegar á libraría. Antes, esa mesma tarde, María estará no IES de Foz conversando co alumnado.

 

Etiquetas:
09/11/2022

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza, coa colaboración do Concello de Viveiro, a presentación do libro ‘Pornografía. El Placer del Poder’, o 17 de novembro na Sala Multiusos do Concello a partir das 20.30 horas. 

A obra da académica e feminista Rosa Cobo repasa as orixes da pornografía co propósito de espertar conciencias e alertar sobre os efectos do consumo. Neste libro tamén se trata a súa efectividade á hora de construír un discurso e un imaxinario de violencia misóxino, ademais de advertir sobre a relación directa existente entre a pornografía e a prostitución.

Á presentación de ‘Pornografía. El Placer del Poder’ asistirá o Clube de Lectura nunha cita coordinada pola Concellería de Cultura, que contará tamén coa presenza das librarías da vila con exemplares do libro para a súa venda.

 

Etiquetas:
01/11/2022

A Casa do Viejo Pancho acollerá o vindeiro xoves, 3 de novembro, a presentación de O libro negro da lingua galega, do que é autor Carlos Callón. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “o acto terá lugar na sala de presentacións a partir das 20:00 horas. Carlos Callón é doutor en filoloxía e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística”. 

Otero Cabarcos explicou que “tamén haberá charlas de presentación de Carlos Callón o 4 de novembro en centros de ensino de Ribadeo. Ás10 da mañá será no salón de actos do Colexio Sagrado Corazón e ás 11.30 horas no salón de actos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo”. 

A edil ribadense engadiu que “esta actividade, enmarcada no ciclo #OConcelloCosColes, está organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Mesa pola...

leer más