Barreiros
Despois do parón ocasionado pola pandemia do covid volven as Festas de San Rosendo.
O 5 de marzo, sábado, haberá misa solemne ás 12:30 horas (con procesión), a continuación actuación da sección infantil de O Arco da Vella e despois sesión vermú coa orquestra La Favorita.
Xa pola tarde ás 16 horas disputarase o aberto de billarda Flores-San Rosendo (xunto ao campo de fútbol de As Valgas).
Ás 21:30 horas dará comezo a verbena coas orquestras La Favorita e Gran Parada.
O 6 de marzo terá lugar a feira de artesanía e gando. Ás 11:30 horas será a chegada dos cabalos. Ás 12:30 haberá misa solemne (con procesión). Para as 14 horas está prevista a actuación do grupo de música folk Zurrumalla. E ás 17 horas haberá xogos ecuestres.
O evento...
leer másDesde Turismo de Barreiros explican que “o percorrido audio guiado O Barreiros dos nosos antergos permitirache somerxerte na realidade da nosa historia máis recente e nos detalles do noso patrimonio. Trátase dunha homenaxe aos seus promotores que, con tanto agarimo, planificaron cada elemento decorativo e/ou funcional, moitos deles cun gran simbolismo”.
E engaden: “podes seguilo apoiándote nas funcionalidades do Google Maps. Preferiblemente en bicicleta. Atoparás o enlace na BIO ou na sección de Sendeirismo da web https://concellodebarreiros.gal Barreiros queda en ti”.
Desde o Concello explican que “con certas complicacións no subministro de material e tamén cos recursos humanos (porque a cousa está poñéndose ben complicada), nos vindeiros días chegaranvos os almanaques deste ano ás casas”.
Subliñan que “ee tedes moita ansia, podedes pasar recollelos polo Concello en horario de 9:30 a 14:30 horas”.
Desde o Concello barreirense engaden: “agardamos que vos gusten, porque con eles queremos axudarvos a ollar cada recuncho para atopar o orgullo da nosa historia”.
O Concello de Barreiros organiza para o domingo 9 de xaneiro a Carreira Popular Solidaria de Reis con categorías para menores e adultos así como unha andaina de 10 kms. que tamén terá carácter solidario. O prazo de inscrición para as dúas modalidades finaliza o día 6 de xaneiro ás 23:59 h.
A organización doará o 30% de cada inscrición da carreira así como a totalidade do recadado coas inscricións da andaina ao proxecto socioeducativo "Sinfónico no rural" da Fundación Xesús Bal y Gay que se está a levar a cabo estes meses en Barreiros. Un proxecto para achegar a música clásica e os instrumentos a calquera familia con independencia da capacidade adquisitiva ou da posibilidade desprazamento.
Ás 10:30, no campo de fútbol O Cascabeiro, darase a saída da andaina. O percorrido circular de 10 km dá a posibilidade de...
leer másO Concello de Barreiros xa está ultimando os preparativos para recibir ás Súas Maxestades de Oriente o mércores, 5 de xaneiro, de 19:00 a 20:30 horas na Praza do Concello, sempre e cando o tempo o permita. No caso de inclemencias meteorolóxicas a recepción farase no pavillón municipal anunciando con antelación o cambio de ubicación por este mesmo medio.
Instalado o buzón real no Concello
Mentres non chega o día, os e as máis impacientes poden achegarse á Casa do Concello a depositar as súas peticións onde xa se atopa instalado o Buzón Real, que quedará dentro do Concello cando este se atope pechado para resgardalo do tempo.
Tamén, a cativada que queira, pode descargar a carta “oficial” para dirixirse os Reis Magos de Oriente desde a seguinte ligazón.
...
leer másA Asociación Deportiva Augasantas, recentemente creada, en colaboración co Concello de Barreiros fomenta a práctica do atletismo.
A A.D. Augasantas anuncia: “en colaboración co Concello de Barreiros, traemos unha actividade moi interesante para os nosos socios, neste caso para a sección de atletismo. Para fomentar a práctica deste deporte entre a xente adulta contaremos coa asistencia dun técnico deportivo un día á semana para asesoramento para principiantes, preparación de carreiras populares, mellora da condición física e técnica de carreira e adestramento grupal”.
Os interesados pode obter máis información contactando con calquera integrante da directiva da asociación, a través das redes sociais ou do correo electrónico a.d.augassantasbarreiros@gmail.com...
O Concello de Barreiros organiza o programa de Nadal que comeza este xoves, 23 de decembro, coa visita de Papá Noel que terá lugar na praza do Concello ás 19:00 horas.
O domingo, día 26, o grupo Lila Teatro presentará O cachopo máxico. A función, dirixida ao público familiar, será no centro social ás 19:00 horas.
O xoves 30 haberá a actuación musical Guateque Roll na praza do Concello, ás 19:00 horas.
A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora na organización destas actividades.
Nel participan as entidades que organizan as distintas carreiras que se celebran en Barreiros, o Concello e a Vicepresidencia da Deputación, que cofinancia o circuíto.
A Carreira de Reis, Terra Mar, Ao son do Masma, Trail Comado. ½ Vertical e Carreira das Praias conforman o evento presentado por representantes das organizacións, do Concello e a deputada Mónica Freire.
Crear este circuíto é un xeito de darlle empaque xeral a todas as carreiras do municipio, que son un dos mellores escaparates para coñecelo; xa que percorren dende as nosas praias ata os nosos montes
durante todo o ano.
O Sistema de puntuación será sinxelo no que se valorará a regularidade.
Cada carreira contará co seu propio espazo web dentro dunha web do circuíto na que se poderá...
leer másEste sábado, 11 de decembro, ás 19:00 horas o grupo Hipócrita Teatro representará no centro sociocultural de San Cosme a obra Cásting, na que varias actrices compiten por un único papel cinematográfico. Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol. É unha comedia agridoce para chorar, rir ou chorar coa risa.
Esta representación teatral está organizada polo Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.












