Concerto

Etiquetas:
21/10/2021

A Concellería de Cultura de Burela programa un concerto do grupo Música Miúda este sábado, 23 de outubro, para conmemorar o Día das Bibliotecas que se celebra o 24. Terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 18:00 horas con entrada libre.

Música Miúda é unha banda de música infantil e contacontos, nacida no ano 2019, formada por Irene Quintero, Miguel Alonso e Oscar Martínez, mestres e músicos. Eles interpretarán cancións propias para público infantil a partir de 3 anos.

No concerto deste sábado ofrecerán unha recompilación dos temas da banda nun formato eléctrico, voces, guitarras, percusión e baixo, coa incorporación de Manu Pazos. Neste espectáculo danse a man os dous contacontos musicais deste proxecto, Historias de Bemol Pequeno e Cambia o conto. A meiga Xela, o dinosaurio Pepón, Antía Carapuchiña, o...

leer más
Etiquetas:
10/09/2021

A cedeirense Guadi Galego presentará o seu último traballo discográfico "Costuras" o 11 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Burela. 

"Costuras" aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador onde a autora se mostra tal como é. 

Tres colaboracións compoñen o disco: Coas poetisas Antía Otero e Marina Oural e coa cantante catalá Paula Grande. A produción musical a cargo de Olivera Estudi dá un novo aspecto ás creacións de Guadi entrando en campos electrónicos sen esquecer a parte máis orgánica creando texturas únicas. 

Entradas para o concerto proximamente á venda.

Etiquetas:
01/09/2021

O Concello de Cervo programa para este venres, día 3 de setembro, a actuación de Dani Royo&Versions Band. Terá lugar na praza do Souto a partir das 21:30 horas.

Esta banda versiona en español éxitos de todos os tempos, desde a década dos 80 ata a actualidade. Inclúe no seu repertorio temas de Manolo García, Maná ou La Guardia, entre outros.

Este concerto fora aprazado, no seu día, a causa do mal tempo.

Etiquetas:
31/08/2021

A Coral Polifónica de Ribadeo celebra un novo concerto solidario a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. Será este mércores, día 1 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro de Ribadeo.

A entrada solidaria é ao prezo de 5 euros e a venda realizarase o mesmo mércores, en horario de 12:00 a 14:00 horas e dende as 19:30 h.

A Coral Polifónica de Ribadeo quere agradecer a todas as persoas que asistiron ao concerto solidario celebrado o pasado xoves. A limitación de aforo fixo que as entradas non chegaran para todos polo que decidiron facer este novo concerto que terá lugar mañá, 1 de setembro.

O Concello de Ribadeo colabora na organización deste evento.

Etiquetas:
30/08/2021

O Concello de Viveiro anuncia o concerto do grupo local Joni Ramos & Sunday Morning Club o vindeiro venres, 3 de setembro. 

A actuación celebrarase ás 20:00 nos Xardíns de Noriega Varela. Durante o concerto, cumpriranse en todo momento os protocolos COVID-19 marcados polas autoridades sanitarias. 

Dende o Concello de Viveiro animan á cidadanía a achegarse á cita e gozar do talento musical de Viveiro.

 

Etiquetas:
24/08/2021

O grupo Milladoiro ofrecerá un concerto en Cervo o vindeiro sábado, 28 de agosto. Terá lugar na Fábrica de Cerámica de Sargadelos ás 21:00 horas con entrada de balde.

A reserva de entradas pódese facer a través do correo electrónico entradas@concellodecervo.com ou no teléfono 982 59 51 57, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas. O aforo é limitado.

Colaboran na organización deste evento: Cervo Verán Cultura Segura e Xacobeo 21-22.

 

Etiquetas:
23/08/2021

O vindeiro xoves, 26 de agosto, terá lugar o concerto benéfico que ofrecerá a Coral Polifónica de Ribadeo. Será no Teatro ás 20:30 horas. O prezo da entrada solidaria será de 5 euros. 

O concerto será a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. As persoas que non poidas asistir teñen á súa disposición unha fila 0 na que se poderán ingresas os donativos, se así o desexan. No Banco Santander hai habilitada unha conta para este fin. 

 

Etiquetas:
22/08/2021

O luns, 23 de agosto, haberá música na rúa en Cervo. 

Na praza do Souto actuará A Banda da Loba a partir das dez da noite.

Inscriben media hora antes na mesma ubicación.

 

Etiquetas:
19/08/2021

O grupo musical galego A Banda da Loba actuará na Pontenova este sábado, día 21 de agosto. O concerto será na Praza dos Fornos ás 21:30 horas.

A Banda da Loba é unha formación galega integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este proxecto. Destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Tras o gran éxito...

leer más
Etiquetas:
19/08/2021

Viveiro acolle este sábado, 21 de agosto, o concerto da Orquestra Vigo 430, que conta coa guitarrista Alexandra Whittingham e a directora Jhoanna Sierralta. 

A actuación será no Teatro Pastor Díaz ás 19:00 e enmárcase na programación do “Xacobeo 21-22”. 

Para acudir á representación, compre reservar as entradas no teléfono 982560162 en horario de 9:00 a 14:00 ou no enderezo electrónico: rbg.cultura@viveiro.es