Nenos

Etiquetas:
20/09/2017

A Casa da Xuventude de Foz acollerá o día 28 deste mes, xoves, a partir das cinco da tarde as actividades da iniciativa denominada Rapaciñ@s, sobre o uso das novas tecnoloxías.

Desde o departamento de Xuventude do Concello focense explican que “a iniciativa Rapaciñ@s ten por obxectivo que nais, pais e docentes accedan a información e recursos educativos de interese para que poidan acompañar a incorporación ás novas tecnoloxías dos seus fillos, fillas ou estudantes. Asemade Rapaciñ@s desenvolve actuacións orientadas especificamente a nenas e nenos de todas as idades para que adquiran hábitos seguros para navegar na Rede e poidan desenvolver a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros e xogos didácticos. O programa desenvolve diferentes actividades como charlas a menores, acompañadas de actividades lúdicas, sobre as novas...

leer más
Etiquetas:
28/08/2017

A praza Conde de Fontao, de Foz, acollerá este mércores, día 30, ás dez da noite a proxección ao aire libre da película Maimiño e o espello máxico. En caso de mal tempo esta actividade trasladarase ao salón de actos da Casa da Cultura.

A bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez, anunciou hoxe que “a Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e máis da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), recupera para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística o programa Redecinema, que chegará desta volta a Foz coa película para público familiar Maimiño e o espello máxico. É unha versión libre do conto infantil do francés Édouard de Labouyale de Polgariño adaptado por José Martí. Conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha...

leer más
Etiquetas:
31/07/2017

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza un ciclo de teatro infantil, que se desenvolverá dende mañá, martes, no patio do colexio Número 1. Todas as representacións están programadas para as 21 horas.

Mañá, martes, día 1 de agosto a Compañía Pérez y Fdez ofrecerá a obra O Poder de Anabel; o mércores 2 Expresión Produccións representará Os limpa limpa; o xoves 3 o grupo de teatro A Adala Infantil ofrecerá A rá que se quedou sen charco. E rematará o ciclo o luns día 7 Abarajar Produccións co espectáculo de maxia Fusión. 
Queimada ibicenca

Dentro da programación para o vindeiro mes de agosto en Foz inclúese tamén a Queimada ibicenca, que organiza a agrupación O Feitizo. Será este mércores, día 2, a partir das 21:30 horas no paseo da Rapadoira. Haberá actuacións musicais e tamén empanada, refrescos,...

leer más
Etiquetas:
12/07/2017

A Deputada de Economía e Facenda e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, mantivo un encontro cos 25 nenos que están a participar no Campamento Infantil Urbano, que organiza o Concello, e que financia o organismo provincial 8.000 euros, e que servirán tamén para realizar ciclos teatrais ou talleres de manualidades, entre outros. 

A Deputada explicou que “este completo programa de actividades culturais, que contribúe a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños da vila, é unha oferta lúdica que esperta moito interese entre os máis pequenos do Concello”. 

García Bermúdez subliñou que os nenos que participan nesta iniciativa “realizan xogos educativos e musicais, de interpretación, artísticos, experimentais e de educación en valores; e desenvólvense no Pavillón deportivo da vila”. Osrapaces,con idades entre os 3 e 12 anos,desfrutarán desta programación ata o 31...

leer más
Etiquetas:
27/06/2017

O Armarinho da Fátima, de Burela, pon en marcha este verán un taller de labores para nen@s, que se desenvolverá no local da propia mercería sita na rúa do Ril número 4, en horario de apertura da tenda.

Algunhas das labores que se poderán aprender son calceta, bordado, bolillos, vainicas, punto de cruz, etc… Os horarios serán adaptados e en pequenos grupos.

As persoas interesadas poden anotarse no Armarinho da Fátima ou no número de teléfono 659 737 312. O prazo de inscrición remata o día 30 de xuño. 

 

Etiquetas:
22/06/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación e Cultura, programa unha nova edición de enredos de verán para os meses de xullo e agosto, dirixido a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos.

Deste xeito, a edil de Educación, desprazouse ata os Colexios do municipio, para informarlles aos mozos sobre as diferentes actividades que se impartirán.

Entre elas destaca unha semana adicada á seguridade, na que poderán ver en primeira persoa as ferramentas de traballo dos corpos e forzas de seguridade e recibirán clases prácticas nesta materia. Estre as actividades deseñadas, haberá unha xornada na que os pequenos poderán acceder ao barco da Garda Civil, que se desprazará ata San Ciprián. Ademais, os membros de protección civil impartirán un obradoiro de primeiros auxilios.

Tamén se levará...

leer más
Etiquetas:
20/06/2017

Este venres, día 23, a partires das 11 da mañá o CEIP Juan Rey, de Lourenzá,  acollerá unha actuación do grupo Os Monifates. Está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá e inclúese dentro do programa Cultura no Camiño.                        

O edil de Cultura, Manuel Arango, explicou que “farán dous pases: o primeiro será de carácter didáctico e o segundo consistirá nunha actuación musical con instrumentos tradicionais acompañados de monicreques”.
                        

 

Etiquetas:
19/06/2017

O Concello de Cervo convida a todos, veciños, familiares e visitantes, a que asistan ao espectáculo do Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPin, que terá lugar o vindeiro xoves, 22 de xuño, na Casa da Cultura de San Ciprián.

O Grupo, formado por uns 40 pequenos, leva ensaiando intensamente varios meses da man da edil de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, para amosar o seu talento ante o público.

Caramés anunciou que a actuación é unha sorpresa que non deixará indiferente a ninguén, e avanzou que terá que ver cun formato televisivo de éxito no que os nenos e nenas deixarán boa mostra das súas habilidades escénicas e interpretativas

 

17/06/2017

O Concello de O Valadouro a través da súa Concellería de Servizos Sociais organiza diversas actividades para nen@s durante os meses de xullo e agosto.

O programa Ludiverán 2017 está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2005 e 2013. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ata o día 20 de xuño, e a publicación da lista de admitidos está prevista para o día 22 de xuño. O número de prazas é limitado e as bases de participación poden consultarse na páxina web valadouro.org, na Casa do Concello e na Casa da Cultura.

No Ludiverán 2017 desenvolveranse obradoiros de cociña, manualidades e cine, ademais de xogos e excursións, dende o 3 de xullo ata o 31 de agosto. As actividades terán lugar de 10:00 a 13:00 horas no pavillón polideportivo de O Valadouro.

 

Etiquetas:
15/06/2017

O Concello de Foz organiza para os meses de xullo e agosto o programa denominado Aberto por Vacacións, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

A Delegación de Xuventude do Concello focense explica que é “un programa de actividades que se desenvolverán de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas. O custo é de 15 euros ao mes. O primeiro día de inscrición será o luns 26 de xuño e poden elixir xullo, agosto ou para ambos meses. As actividades comezarán o 5 de xullo, pero antes, o día 3, realizaremos unha reunión de presentación, na que se entregará aos/ás inscritos/as a programación dos primeiros 15 días. Haberá actividades moi variadas para que os/as nenos/as gocen dun gran verán”.