Deportes
A nova pista de patinaxe con obstáculos elevados e con formas tipo mini ramp foi inaugurada na tarde de onte cunha exhibición de patinaxe e moita música
O alcalde, Alfonso Villares, dixo que: "con este novo espazo enriquecemos a oferta deportiva e de lecer do noso municipio, que suma novas infraestruturas como lugares de encontro para a mocidade".
Esta actuación é posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia que aporta o 70% do orzamento que supoñen estes novos espazos.
Cervo será escenario da III Regata da Copa Deputación de Piragüismo. A competición, que terá lugar no Encoro de Río Cobo, será este sábado, 23 de xullo, a partir das 10:00 horas.
Na proba, ademais do club anfitrión -o Club Deportivo San Ciprián- competirán o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban, como representantes mariñáns.
O Encoro de Río Cobo acollerá o sábado, 23 de xullo, a III regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A tenente alcalde, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, os directivos da sección de piragüismo, Alejandro Gómez e Raquel Rodríguez, o adestrador e participante na regata Joel González e o deportista Tristán...
leer másDo 22 ao 24 de xullo terá lugar en Ribadeo a XIII Concentración de Kaiaks Praia das Catedrais, que organiza o Club de Piragüismo Altruán. A concentración foi presentada esta mañá no Concello. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o secretario do Club Altruán, José Ángel Fernández, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
Fernández indicou que “é a concentración anual que suspendemos a súa celebración durante uns anos, pero tendo en conta a efeméride deste 2022 que non é outra que os corenta anos do Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo pois qué menos que volver a celebrala. Foi no seu momento unha cita de referencia no Cantábrico e a día de hoxe é a cita de referencia, basicamente porque é un formato de concentración de piragüismo por así dicilo non competitivo e lúdico, moi...
leer másO vindeiro 23 e 24 de xullo celebrarase en A Pontenova o Campionato de España de Carrilanas da Federación de Deportes de Inercia, organizado por MotorEo A Pontenova.
Comeza o sábado 23 ás 10:30 horas coas verificacións técnicas e administrativas dos vehículos, un pincheo as 13:00 horas e os primeiros adestramentos das baixadas a partir das 15:00 horas. Tamén haberá cea, actuacións musicais e unha ruta barítima máxica con Mago Joel, gañador de Got Talent Magic España, Samuel Moreno, semifinalista de Got Talent España, e Roberto Lolo.
O domingo 24 a partir das 10:00 horas terá lugar o descenso das carrilanas seguido da entrega dos premios e a sesión vermú. As 20:00 horas realizarase unha gala de maxia na Casa da Cultura.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no seguinte...
leer másEste mediodía presentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a quinta edición do Trail das Bestas, que se celebra o vindeiro domingo 17 de xullo e que conta a escasas horas de pecharse o prazo de inscrición -ao rematar o día de hoxe- conta con 350 persoas anotadas.
A proba ofrece catro modalidades de participación: 43 Kms, 27Km, 14 km e andaina, para facer camiñando e cun percorrido tamén de 14 km. A organización destacou que nesta quinta edición a Serra do Xistral ten maior protagonismo en todos os itinerarios, reforzando a visibilidade deste espazo natural emblemático. Así mesmo, atendendo ás previsións meteorolóxicas, prevese un reforzo dos puntos de avituallamento e a presenza dun equipo sanitario que desenvolverá unha labor preventiva.
Como en anteriores edicións, ponse especial atención na...
leer másDa man do xeólogo Francisco Canosa os asistentes realizarán de maneira didáctica, un paseo polo litoral entre furnas, pregues, intrusións de rochas magmáticas e mesmo restos fósiles que non os deixarán indiferentes.
O percorrido dará comezo na praia de Arealonga e rematerá na de Fontela-Valea, a duración será de 3,5 horas e a distancia lineal de 3,5 quilómetros (NON inclúe regreso ao punto de partida). A dificultade é moderada.
Desde a organización recomendan levar roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou de trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc), mascarilla, xel hidroalcohólico.
Nota: camiñarase sobre area e zonas rochosas.
As persoas interesadas poden atopar máis...
leer másO Presidente do C.D. Foz, José María García Rivera, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentaron o XXXIII Trofeo Vila de Foz, que disputarán a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.
O vindeiro sábado, 16 de xullo, Día do Carme, haberá tamén unha gran festa no estadio Martínez Otero, co encontro entre a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.
A partir das 19:00h estes dous excelentes equipos xogaranse o XXXIII Trofeo Vila de Foz.
O presidente do C.D. Foz agradeceu a disposición dos clubs para participar deste día grande en Foz e continuar a historia deste trofeo que xa vai pola trixésima terceira edición. Así tamén, explicou que as persoas que desexen adquirir as entradas anticipadamente poderán facelo no Martínez Otero, o venres 15, de 18h a 20h, o sábado 16, de 11h a 13h e...
leer másCervo acollerá o II Trail de Sargadelos o 24 de xullo. Tamén haberá unha andaina que partirá ás 9:30 horas do Conxunto Histórico Artístico
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares e polos concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés, en representación da asociación Amigos da Trula, que organiza o evento en colaboración coa administración local
O percorrido previsto será de 11 quilómetros e circular "e permitirá aos/ás participantes desfrutar das paraxes e sendeiros da contorna de Sargadelos", tal e como apuntaron desde a organización.
A recollida de dorsais farase o sábado 23 en horario de 17h a 20h e o mesmo día da carreira de 08:00h a 09:00h.
A saída do trail está prevista para as 09:00 horas e a andaina ás 9:30 horas.
... leer másDo 14 ao 17 de xullo celebrarase na Pontenova o I Torneo de Pádel de Verán, que organiza o Concello.
O Concello de Pontenova organiza o I Torneo de verán de pádel os días 14, 15, 16 e 17 de xullo.
Este torneo realizarase na pista de pádel e contará con tres categorías, 1ª Masculina, 2ª Masculina (iniciación) e 1ª Feminina. As parellas finalistas de cada categoría obterán un premio en material deportivo.
As inscricións teñen un custe de 12€ e deberán realizarse antes do 10 de xullo a través do instagram @apontenovaloungebar ou chamando ao teléfono 603 721 785 ou 648 200 888.