Concerto
A Banda de Música de Foz convida a “vivir unha noite moi especial co noso Concerto de Santa Icía 2026. Un concerto cheo de maxia, emocións, sorpresas e, por suposto, moita música!”. Será este sábado, 28 de novembro, ás 20:00 horas na Sala Bahía.
“E despois do concerto… seguimos celebrando! Agardámosvos na nosa tradicional Cea da Banda, aberta a todos os amigos e amigas da música. No Rincón do Mis. E atención: entre os asistentes á cea sortearemos un bono para desfrutar dun balneario. Reservas no 653.194.537. Último día: 25 de novembro”, anuncia a Banda de Música de Foz.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá un repertorio totalmente novo de bandas sonoras con imaxes das películas para celebrar Santa Cilla. Será este sábado, 21 de novembro, no auditorio municipal Hernán Naval.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “o 22 de novembro é a patroa dos músicos e a Banda Municipal de Música de Ribadeo non pode facer outra cousa que celebralo con música. Teremos o concerto de Santa Cilla o sábado 21 de novembro ás oito da tarde no auditorio Hernán Naval. Vai estar dedicado a bandas sonoras e interpretaremos un repertorio totalmente novo; todas as obras tocarémolas por primeira vez nesta actuación e irán acompañadas por imaxes das películas ás que corresponden esas pezas musicais”.
David Ballester convida “a toda a xente que se atope este sábado 21...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebrará este mércores, 18 de novembro, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa da música. A cita terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
Esta actuación supón a estrea das actividades abertas ao público do centro no presente curso escolar. Sobre o escenario daranse cita alumnas e alumnos das distintas especialidades, que ofrecerán un repertorio variado con obras de diversos estilos a cargo das agrupacións de vento, corda, tecla e danza, entre outras formacións da escola.
O concerto de Santa Cilla servirá ademais como antesala do Festival de Nadal da EMMeD, previsto para os vindeiros sábados, 12 e 19 de decembro, tamén no Auditorio Hernán Naval, e nos que está...
leer másA Banda de Música O Landro, de Viveiro, repartirá este mércores, día 18 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas as entradas para o público xeral do concerto Os soños na gaiola. O reparto farase na Sala Multiúsos do Concello de Viveiro ata esgotalas. As entradas non se poderán recoller nin reservar no Teatro Pastor Díaz. Son de balde e cada persoa poderá retirar un máximo de dúas e deberá indicar para que función as quere; asignaranse segundo dispoñibilidade, explica o Concello de Viveiro.
Os soños na gaiola é o concerto de Santa Icía da Banda O Landro,“un proxecto colaborativo no que 145 escolares de sete colexios da Mariña cantan, xunto á Banda, poemas de Manuel María musicados por Antón Alcalde e Suso Vaamonde. Haberá dúas funcións o sábado 21 de novembro, ás 18:30 e ás 20:30, no Teatro Pastor Díaz.
... leer másO Concello de Burela anuncia que a música de Mecano, La Oreja de Van Gogh e Amaral será a protagonista dunha noite “moi especial” na Casa da Cultura co concerto titulado Noches encendidas o venres 20 de novembro ás 20:00 horas.
As entradas están á venda na Libraría Aris, de Burela, e nesta ligazón: https://www.dentralia.com/pases/evento/qJcRpaBVy8hfIqYtMNZ2.
A organización do espectáculo explica: “Noches Encendidas, homenaje a Mecano, La Oreja de Van Gogh y Amaral. Sumérgete en una experiencia única donde la...
leer másO Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o sábado 21 de novembro o concerto titulado Os soños na gaiola, unha proposta musical colaborativa na que 144 nenas e nenos de sete centros educativos da contorna compartirán escenario coa Banda de Música O Landro. Anúnciao o Concello de Viveiro, que ademais explica: “o espectáculo, que forma parte da programación de Santa Icía, contará con dúas funcións, ás 18:30 e ás 20:30 horas, e constitúe a penúltima cita de Camiños Sonoros, a temporada 2026 da formación musical viveirense.
Os soños na gaiola pon música aos versos do escritor Manuel María a través das composicións de Antón Alcalde e Suso Vaamonde. A iniciativa é o resultado dun traballo desenvolvido nas aulas de música desde o inicio do curso, coa implicación do profesorado dos centros participantes e en...
leer másA Coral Polifónica de Burela organiza un concerto de outono para este sábado, 24 de outubro, ás 20:00 horas. Será no auditorio da Casa de Cultura burelá e, ademais da agrupación anfitrioa, participarán o coro Son Astur, de Oviedo, e o Coro dos Castros, de Cangas de Foz.
O Concello de Burela, que colabora nesta actividade, destaca que é “unha oportunidade para gozar da música e compartir unha tarde de cultura”.
A parroquia de Couxela, no concello de Ribadeo, acollerá este sábado, día 26 de setembro, unha nova etapa de O Camiño de Vieiras Amarelas, o proxecto cultural de Antonio Barros e iAlma que está percorrendo diferentes puntos de Galicia cunha proposta que “conecta música, territorio, memoria e identidade”. O concerto terá lugar ás 13:30 horas.
O Camiño de Vieiras Amarelas “nace da unión de dous símbolos: a vieira que identifica o Camiño de Santiago e o camiño de baldosas amarelas de O Mago de Oz. A partir desta idea, Antonio Barros e iAlma propoñen unha viaxe musical por Galicia que tamén se converte nunha viaxe interior a través das emocións, das lembranzas e da propia identidade. O proxecto está deseñado para adaptarse aos diferentes lugares polos que pasa e busca establecer unha relación directa entre a música e o...
leer másO Concello de Ribadeo anuncia que o vindeiro martes, día 1 de setembro, ás 20:30 horas o Teatro ribadense acollerá “unha noite moi especial da man da Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. Un concerto no que a música e o cine se unen cun fin solidario: a recadación será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro”.
O prezo da entrada solidaria é de 6 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día de 12:00 a 13:30 horas e desde as 19:00 horas.
A presidenta da Coral Polifónica de Ribadeo, Gloria Rodríguez Saavedra, explica que as persoas que non poden asistir ao concerto pero queren colaborar “teñen á súa disposición unha Fila 0 na que se poderán ingresar os donativos, se así o desexan: Asociación Española Contra el Cáncer (número de conta ES53 0049 0091 0526 1534 5101)”.
O Concello de Cervo anuncia que este próximo sábado, 29 de agosto, ás 22:30 horas a Praza dos Campos, en San Ciprián, acollerá unha nova cita musical dentro do ciclo de Concertos do Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, coa actuación de Óscar Ibáñez & Tribo. A entrada é libre.
O público “poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión. Unha mestura de tradición e modernidade, cun marcado carácter atlántico e celta”, explica o Concello de Cervo, que engade: “unha noite para desfrutar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio”.












