Festas
As festas de San Pedro Fiz celebraranse esta fin de semana, sábado 8 e domingo 9 de agosto, nas inmediacións da praia de Esteiro, en Xuances (Xove) cun “completo programa de actividades para tódolos públicos”, anuncia o Concello, que engade: “na presentación do cartaz estaban Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cecilia Duarte e Mª Dolores Meitín, concelleiras de Turismo e de Cultura; acompañando a membros da Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, que forman a comisión organizadora destas festas: Daniel Alonso, Eleodora López e José Meitín”.
O Concello de Xove anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nas festas patronais na honra a San Pedro Fiz, que se celebrarán os días 8 e 9 de agosto no campo da festa situado nas inmediacións da praia de Esteiro, “un dos areais máis fermosos e concorridos do municipio, distinguido...
leer másAs festas de San Roque, en Ribadeo, serán os días 15 e 16 de agosto, sábado e domingo, e o programa inclúe un concerto do gaiteiro Carlos Núñez.
A Asociación Cultural de Santa María do Campo e San Roque anuncia que haberá “verbenas, música en directo, tradición, procesión, cocos e cabezudos e moito máis. Agardámosvos para celebrar xuntos dous días cheos de festa e bo ambiente”.
O sábado 15 a partir das 23:00 horas haberá verbena a cargo do dúo Xilo & Carlos, The Sound Project e DJ Tralla.
E o domingo 16 ás 10:00 horas bombas de palenque anunciarán o día de San Roque; ás 11:00 sairán os Cocos e Cabezudos acompañados do cuarteto tradicional Illa Pancha; ás 12:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e a continuación concerto da Banda Municipal de Ribadeo; ás 14:00 comezará...
leer másO Concello de Viveiro presentou a programación completa de actividades para o mes de agosto, un calendario que reunirá propostas culturais, festivas, deportivas e de lecer pensadas para todos os públicos. Dentro desta programación enmárcanse as Festas Patronais de San Roque 2026, organizadas en colaboración coa Comisión de Festas de Viveiro. Serán pregoadas por Mari Carmen Chipe.
Esta colaboración entre ambas entidades permite ofrecer unhas festas que “manteñen a súa identidade e tradición ao tempo que incorporan novas propostas para seguir facendo de Viveiro un referente festivo durante o verán. A programación de agosto inclúe concertos, feiras, actividades culturais, eventos deportivos e iniciativas para todas as xeracións, reforzando a aposta do Concello por dinamizar a cidade e ofrecer alternativas de lecer tanto á veciñanza como ás...
leer másCervo acollerá do 14 ao 16 de agosto as tradicionais festas na honra da Nosa Señora, Virxe do Carme e San Roque, que volverán converter o núcleo cervense “nun punto de encontro para veciños e visitantes cunha programación que combina actos relixiosos, música, gastronomía e actividades para todas as idades”, anuncia o Concello.
A presentación dos festexos contou coa participación da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; da concelleira Mali Méndez; e de representantes da Asociación Cultural Rego Cachón, entidade organizadora das festas do 15 e 16 de agosto.
A programación arrancará o venres 14 de agosto coa tradicional Festa do Ovo Frito, organizada por Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, que contará coa animación da Charanga DGIT e da Discomóbil Conxuro.
O sábado 15 de agosto...
leer másO Concello de Foz presenta o cartel e o programa das festas do San Lourenzo, que se celebrarán desde o día 7 ata o 11 de agosto.
“Chega agosto e con el o San Lourenzo a Foz. Un mes cheo de actividades, de cultura, deportes e actividades de ocio”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “as actividades do San Lourenzo comezan o xoves 6, coa actuación do grupo Mar Aberto na praza Rosalía de Castro ás 21.00 horas; o venres 7 teremos o pregón que este ano será a cargo de José Manuel Romero Moreno (Conde de Fontao e veciño de Foz). O pregón será na Praza Rosalía de Castro (Campo da Cabana) ás 20.30 horas. A continuación terá lugar un concerto do grupo Pantera Rosa. O sábado 8 haberá sesión vermú a partir das 14.00 horas na explanada do peirao co grupo Eric Hidalgo Prime; e a partir das 23.00 horas será este mesmo grupo...
leer másO Concello de Xove anuncia que a parroquia de Sumoas celebrará os vindeiros 31 de xullo, 1 e 2 de agosto as súas tradicionais festas na honra a San Antonio, “cun amplo programa de actividades relixiosas, gastronómicas e musicais pensado para reunir á veciñanza e aos numerosos visitantes que cada ano se achegan a esta cita festiva”.
As celebracións darán comezo este venres, día 31 de xullo, cunha “gran churrascada popular a partir das 20.30 horas no campo da festa, situado nas inmediacións da igrexa de Sumoas. A continuación celebrarase a verbena, amenizada polo dúo Belinda e o grupo Los Adrianos. O sábado 1 de agosto será a xornada central das festas. Ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne e a tradicional procesión na honra ao santo patrón. Ao remate dos actos relixiosos celebrarase a sesión vermú co grupo Folixa, que tamén será o...
leer másA parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará as festas de San Pantaleón e Santa María os días 27 e 28 de xullo, luns e martes.
A comisión organizadora dos festexos anuncia: “este ano, a través de Cultura da Deputación, acolléndonos ao programa Tradigalu, contamos coa axuda para poder traer ao grupo folk Fol do Raxal. Para poder chegar a este cartel das festas, as máis sinceras grazas para: familia Carneiro (donos do campo da festa); Alberto Frascuelo (dono dos campos anexos ao da festa); veciñas e veciños da parroquia de Galdo, que seguides sendo unha gran maioría as/os que continuades apoiándonos para poder chegar á vosa festa; amigos e coñecidos de fóra da parroquia; montes comunais de Galdo; institucións. Cada un de vós, na vosa medida, para nós un ano máis seguides sendo a nosa forza e a grandísima axuda e colaboración para...
leer másMondoñedo celebra as festas na honra de Santiago Apóstolo no barrio dos Muíños os días 25 e 26 de xullo, sábado e domingo desta semana.
As actividades comezarán o sábado ás 12:45 horas con misa e procesión co grupo de música tradicional Os Carricantos, de Mondoñedo. Desde as 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Pop Rock & Café con Leche.
E o domingo ás 14:00 horas comezará unha sesión vermú co dúo Principal.
Estes festexos están organizados pola asociación Barrio dos Muíños.
Celeiro, no municipio de Viveiro, celebra as Festas Patronais e do Mar desde este xoves, 23 de xullo, ata o domingo 26. Están organizado pola asociación Xuventudes Chilindrinas.
O Concello de Viveiro anuncia que “a parroquia de Celeiro celebra as súas Festas Patronais e do Mar, cun amplo programa para todas as idades: verbenas, pasarrúas, actos relixiosos, sesións vermú, fútbol, fogos artificiais e moita música. Unha cita imprescindible para veciños, veciñas e visitantes, na que tradición, cultura e diversión van da man”.
O Concello de Cervo anuncia que a parroquia de Sargadelos “volverá converterse nun punto de encontro para veciños e visitantes coa celebración das festas na honra a Santiago Apóstolo, que se desenvolverán do 24 ao 26 de xullo, cun amplo programa no que se mesturan tradición relixiosa, gastronomía, música e deporte”.
A programación arrancará o venres 24 de xullo, ás 20:00 horas, cunha espetada moura, seguida do Xunco Fest, dando comezo a unha fin de semana de celebracións.
O sábado 25 de xullo, día grande das festas, celebrarase ás 13:00 horas a misa solemne e procesión na honra a Santiago Apóstolo, acompañadas polo grupo Fol do Raxal. A continuación terá lugar a sesión vermú coa actuación de A Banda da Loba e a animación da Discomóbil Conxuro. Xa pola noite o protagonismo será para o concerto de Ruxe Ruxe, seguido...
leer más












