Barreiros

01/08/2026

O Colectivo Cultural Ollomao anuncia que este domingo, día 2 de agosto, ás 21:00 horas, volve aos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante para representar a obra teatral Dona Clara. Explica que “nesta ocasión será con taquilla inversa. Ou, dito doutro xeito, faremos unha versión elegante do tradicional pasar a gorra. Non hai un prezo fixo de entrada: ao rematar a función, cada persoa poderá achegar a cantidade que considere, segundo as súas posibilidades e o valor que lle dea á experiencia vivida. É unha forma diferente de apoiar a cultura e de facer posible que o teatro siga chegando á nosa contorna”.

“Nós xa temos moitas ganas de compartir outra noite de verán convosco, entre risas, emocións e moito teatro”, engade Ollomao, que tamén anuncia que apertura de portas será ás 20:40 horas. “Prégase puntualidade. Unha vez comece a...

leer más
26/07/2026

Dentro das actividades de verán do Concello de Barreiros terá lugar a actividade titulada 1001 Cuentidados Musicais. Será os días 27 de xullo, luns, e venres 7 e luns 31 de agosto.

A do luns 27 de xullo será ás 10:30 horas no colexio de San Cosme e é aberta ao público en xeral, anuncia o Concello de Barreiros, que explica: “unha nova actividade chega para as nosas crianzas! Unha novidade que xurdiu na zona nos últimos meses e coa que queremos colaborar na súa difusión e coñecemento. Os cuentidados musicais son unha sesión de contacontos especial: unha actividade pensada para fomentar a imaxinación, a creatividade e o gusto pola lectura”.

18/07/2026

Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará as festas na honra a Santa Cristina os día 24 e 25 de xullo, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres ás 13:00 horas cunha misa cantada pola Coral Polifónica de Burela. A continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto a Panamá Band

E o sábado celebrarase misa ás 13:00 horas, seguida de procesión e  sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén amenizará a verbena.

Etiquetas:
16/07/2026

Este sábado, día 18 de xullo, terá lugar a III Festa do Mexillón, que organiza o club deportivo Celta Barreiros. O evento, que dará comezo ás 19 horas no campo de fútbol O Cascabeiro, estará amenizado polo solista Pepe e por DJ Eventec.

A ración de mexillóns venderase a 10 euros e a de lacón tamén a 10 euros, acompañadas de pan, viño e auga. Haberá menú infantil a 10 euros.

Desde a organización animan “á veciñanza de Barreiros e dos concellos da contorna así como aos visitantes a achegarse este sábado ao campo de fútbol O Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros, a desfrutar da III Festa do Mexillón. As dúas primeiras edicións tiveron unha gran acollida e agardamos que esta tamén sexa un éxito”.

 

15/07/2026

Este domingo, día 19 de xullo, Barreiros acollerá a duodécima edición da carreira popular 1/2 km Vertical Monte Comado, un evento deportivo singular que xa conta con máis de 150 persoas inscritas para esta edición, anuncia o Concello de Barreiros.

A proba está organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado en colaboración co Concello de Barreiros, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Agrupación de Protección Civil de Barreiros. A carreira forma parte do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros que organiza o Concello de Barreiros sendo esta a terceira proba das cinco que o compoñen nesta edición 2026.

A presentación da xornada deportiva contou coa presenza da alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; do xefe provincial de deportes da Xunta en...

leer más
Etiquetas:
06/07/2026

O Concello de Bareiros anuncia que a programación cultural A Voltas cos Contos regresa un ano máis “para encher de historias, risas e momentos de xuntanza e diversión espazos das parroquias do interior” do municipio.

Nesta ocasión o Concello de Barreiros convida a desfrutar dos espectáculos de Iventi Teatro (local social de Cabarcos), Lilá Teatro (local social de San Xusto) , Xarope Tulú (escola de Vilamartín Pequeno), Cris de Caldas (Teleclub de Vilamartín Grande), Tarabela Creativa (teleclub da Rilleira) e Hermanager Producións (escola de Celeiro de Mariñaos). A programación desenvolverase durante os meses de xullo e agosto.

Desde a área de Dinamización valoran positivamente “a acollida que tivo esta programación os anteriores veráns e animan a toda a veciñanza a gozar das distintas e variadas propostas...

leer más
Etiquetas:
05/07/2026

O centro sociocultural de Barreiros acolle a exposición titulada Miradas. Mulleres na arte, un proxecto de Elsa Martínez Vázquez que “pon en valor o traballo e o talento das mulleres artistas que quedaron invisibilizadas ao longo da historia”, explica o Concello de Barreiros.

A mostra recolle 43 retratos de mulleres de diferentes disciplinas artísticas (pintoras, escultoras, escritoras e actrices) do século XVI ao XX, empregando técnicas como o acrílico, a acuarela, o collage, o lapis e a plastilina como innovación no xénero do retrato. Cada obra conta cunha ficha técnica con código QR para acceder a máis información sobre cada artista.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de xullo os luns de 11:30 a 14:00 horas e os xoves e venres de 10:00 a 14:00 horas.

 

01/07/2026

A asociación Mariña Patrimonio anima a participar nos dous actos do Festival Atlántica que se celebrarán este venres, día 3 de xullo de 2026, en Santo Estevo do Ermo, Barreiros, e nos que colabora ese colectivo.

As 19.00 horas terá lugar a actividade titulada O que contan as pedras e as prantas, que é un “roteiro narrado con Hugo López e Mariña Patrimonio polo sendeiro entre a ermida e a fervenza”. É para público familiar.

E ás 20.00 horas haberá un espectáculo de narración oral titulado Autoestradas e corredoiras, con Quico Cadaval, na ermida de Santo Estevo do Ermo. É unha actividade para público adulto.

Os dous actos serán en galego e con acceso libre.

“Animádevos a achegarvos a Santo Estevo do Ermo para compartir unha tarde de cultura,...

leer más
30/06/2026

O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do seu programa de visitas guiadas Barreiros queda en ti durante os meses de xullo e agosto na que xa é a súa sexta edición amosando a diversidade cultural, natural así como a historia e identidade do territorio.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “Barreiros é un concello cun patrimonio en gran parte descoñecido. As visitas guiadas son unha das maneiras máis enriquecedoras de coñecelo e comprendelo, permitindo ademais aos participantes conectar emocionalmente co lugar.” E engade que “deste xeito non só se divulga o seu valor, senón que tamén se fomenta a súa conservación.”

O Concello de Barreiros engade que “a través de percorridos de diferentes temáticas e en diferentes localizacións os participantes terán unha oportunidade excelente para coñecer...

leer más
25/06/2026

A parroquia de San Pedro de Benquerencia, no municipio de Barreiros, celebrará as súas festas patronais esta fin de semana, sábado 27 e domingo 28 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:30 horas con sesión vermú amenizada polo grupo Elebe 2.0, que tamén actuará na verbena xunto a DJ Xulio

E o domingo ás 11:45 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro Airiños do Mar. Seguidamente haberá procesión e despois sesión vermú co dúo Puma. Ás 15.00 horas comezará unha comida veciñal e despois do café comezará unha sesión de tardeo con DJ Xulio.

O campo da festa estará cuberto con carpa.