Eventos
A Concellería de Cultura programa para este mes de setembro diversas actividades. Haberá cine para os máis pequenos os días 10 e 17, e unha nova edición do rastro popular tamén o vindeiro domingo, día 10. Touriñán volverá a Burela co espectáculo Vaia dous!, o día 22. Camerata Nuestro Tiempo ofrecerá unha actuación, Las ocho estaciones, o día 29, e o 30 haberá teatro afeccionado. Ademais o concelleiro de Cultura, José Díaz, adianta que Burela acollerá un novo espectáculo de ópera en novembro con Nabuco e ballet clásico en decembro con El lago de los cisnes.
José Díaz explicou que “desde la Concellería de Cultura vamos a planificar un mes bastante relajado. Hubo otros quizás con bastante carga de programación y entiendo que la gente puede cansarse de no poder ir a todas las cosas, entonces hacemos un septiembre que sirva para poder ir más...
leer másUn ano máis o Burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante dous días: o sábado 16 e o domingo17 de setembro.
Dous días de festa
Os actos comezarán o sábado, ás sete da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.00h, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión e ao remate, todos os devotos que queiran poden achegarse a poñer a Santa. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo da orquestra Magos.Xa pola noite, as orquestrasMagoseDúo E-pok serán as encargadas da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde.
O domingo a misa será ás 13.15h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo do dúoE-Pok,...
leer másO venres 8 e o sábado 9 de setembro celébranse na parroquia de Conforto, no concello de A Pontenova, as súas festas na honra da Nosa Señora.
O día 8 haberá misas ás 9:00, 10:00, 11:00 e 12:00, e ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne e sesión vermú. A noite a verbena estará amenizada por Disco Móbil Blanco y Negro.
O día 9, ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e posterior procesión, e a sesión vermú e a verbena correrán a cargo de M-5 e o dúo D´Cine.
O salón de actos do Concello de Lourenzá acolleu hoxe a presentación da iniciativa denominada Trouleando polo Camiño Norte, que organizan os concellos de Vegadeo,Trabada, Lourenzá e Mondoñedo e as asociacións Asturgalaica e Abrindo Camiño. No acto participaron as alcaldesas de Trabada e de Lourenzá, Mayra García Bermúdez e Rocío López García; o alcalde de Vegadeo, César Álvarez Fernández; a concelleira mindoniense Ángeles Rodríguez Rico; os presidentes dos colectivos que están na organización desta actividade, Luis Fernández Ansedes e Manuel Méndez Vázquez, e outros representantes destas asociacións.
A iniciativa consiste nun recorrido a pé “de promoción do histórico e orixinal trazado” desde Salave, en Tapia de Casariego, ata Mondoñedo, pasando por Vegadeo, Trabada e o Val de Lourenzá.
Estes itinerarios...
leer másChega o remate do verán e con él a clausura da piscina municipal de Alfoz o 3 de setembro; non sen antes despedir a tempada cunha festa acuática infantil organizada polo Concello.
O evento terá lugar nas propias instalacións o vindeiro domingo, día 3, en horario de 16:00 a 20:00 horas e na que haberá hinchables acuáticos, waterball e xogos acuáticos gratuitos.
O Concello de A Pontenova organiza unha Festa Acuática-Fin do Verán o venres, 1 de setembro.
Haberá xogos acuáticos e inchables acuáticos, e terá lugar na Piscina Municipal de A Pontenova.
Esta actividade é gratuíta e desenvolverase entre as 16:00 e as 20:00 horas.
A parroquia de Rúa celebra este sábado, 2 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez e varios membros da Asociación de Veciños.
A malla comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a II ruta de sendeirismo Subida ao Cabaleiro, e xa ao mediodía o Dúo EPO-K será o encargado da sesión vermú.
Pola tarde, dende as 16:00 horas, están programados todo tipo de xogos tradicionais para nenos e maiores; e ás 17:00 horas dará comezo a actividade principal, a malla..
A xornada completarase con exhibición de cetrería ao longo de...
leer másA cita, organizada pola Asociación Clan, e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e representantes do ente organizador.
O programa comezará o venres ás 17:00 horas cun taller de flauta irlandesa-whistle; e ese mesmo día, ás 22:00 horas, haberá Serán na Praza dos Campos cos grupos A Rebolaxe, de San Ciprián, Airiños do Xunco, de Cervo, Medio Quiñón, de Burela; Ledicia, de Burela; e os alumnos do obradoiro de flauta; e con premios para os mellores bailadores.
Dende as 23:45 horas está programada a actuación da Requinta da Laxeira; e dende a 01:00 horas haberá foliada libre.
O sábado, 2 de setembro, está previsto ás 10:30 horas un taller de corda pulsada; e dende as 12:00 horas haberá Cantos de...
leer másA comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo, que é a Asociación Cultural Santa María do Campo e San Roque, decidiu ampliar o programa de actividades para o día 6 de setembro, mércores, cun concerto do grupo Claxxon no Cantón dos Moreno a partir das 22:30 horas e actuación da charanga Os Charangos, que percorrerá as rúas da vila desde as seis e media da tarde ata as dez e media da noite.
Ademais para a xornada do 6 de setembro mantéñense as actividades que xa estaban programadas: o Día Infantil a partir das 16:30 horas no Cantón, co Parque Diverneno, que incluirá tobogán de auga, taller de chapas, inchables e festa da espuma. E ás 20:30 horas no Quiosco da Música do parque de San Francisco presentarase o cuarto disco CD de José Pulpeiro Doval O Gallopín.
O programa dos festexos patronais ribadenses...
leer másHoxe, luns, da comezo en Ribadeo o VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos no que participarán arredor de 70 persoas ata o vindeiro 31 de agosto. O evento está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia e ten coma destinatarios a mestres da familia de transportes e mantemento de vehículos, a profesionais do sector do automóbil, a alumnos de Formación Profesional, a alumnado universitario e a afeccionados ao mundo do motor.
O VI Fórum terá unha duración de 21 horas. Haberá charlas pronunciadas por representantes de empresas como PSA, BMW, Bosch ou ZF, que é a primeira vez que vai participar neste evento. Os asistentes tamén participarán en charlas sobre climatización, soldadura, impresión en 3D, son e equipos didácticos.
As instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acollen o VI...
leer más












