Eventos
A cidade de Mondoñedo celebra os días 8, 9, 10 e 11 de setembro as Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios que organiza unha nova comisión de festas formada por catro membros en colaboraciónco Goberno local. Os festexos darán comezo o día 8 coa Festa da Xuventude a partir das 23:00 horas na Praza do Concello.
O sábado será a quenda das actuacións musicais de Lecer e Montreal. O domingo a música correrá a cargo de Salsarena e Claxxon e o luns día 11 de Alma Latina.
O programa das Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios inclúe a VII Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo, así como a actuación do coro mindoniense. Tamén haberá un partido de fútbol o domingo ás 18:00 horas entre o Mondoñedo F.C. e a S.D. Candelaria.
Presentación da Banda Municipal de Música Pascual Veiga...
leer másO Eido Dourado pechará as súas portas este verán o vindeiro domingo, 27 de agosto. O artista barreirense Celso Dourado fai unha valoración moi positiva desta tempada na que promoveu unha ducia de concertos tanto nos xardíns do Eido como no cámping Gaivota. Celso Dourado anuncia que cara a vindeira tempada posiblemente se limitará o acceso aos concertos a 150 persoas para que todas poidan gozar comodamente destas citas ao solpor.
Celso Dourado anunciou que “o vindeiro domingo, día 27, pechamos a novena tempada do Eido Dourado. Acostumamos a pechala cara a finais de agosto, pero este ano por circunstancias de calendario decidimos adiantalo ao vindeiro domingo”.
Dourado relatou que “este verán desenroláronse cun grande éxito os laboratorios creativos, que están conducidos pola artista e profesora Lucía Vila. Tivemos...
leer másA programación cultural de Ribadeo para esta última semana de agosto inclúe unha exposición de esculturas, un recital de poesía, música, unha malla, un espectáculo para os máis pequenos e cine ao aire libre.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “despois de termos visto a actuación de Migallas Teatro no parque de San Francisco este pasado martes, dispoñémonos agora a contemplar as esculturas de César Castaño na Sala de Exposicións de Turismo. Esta exposición vai ser inaugurada este xoves, 24 de agosto, e vai permanecer aberta ata o 23 de setembro”.
O edil nacionalista contou que “este mesmo xoves, ás sete da tarde, vai haber un recital de poesía de escritoras e escritores da veciña comarca asturiana do Eo-Navia. Poemas e algún que outro texto en prosa van ser recitados por varios dos seus...
leer másA Concellería de Xuventude do Concello de Mondoñedo organiza a terceira edición da Festa da Xuventude que terá lugar o venres 8 de setembro, a partir das once da noite e ata entrada a madrugada na praza do Concello.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou hoxe o cartel da festividade, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas. Estivo acompañado pola propia artista, xunto aos djs mindonienses, VítorPumariño e Alberto Leivas.
García avanzou que “esta edición a Festa da Xuventude conta de novo cun variado programa, no que tamén ten un especial protagonismo o alumnado da Escola de Música, que interpretará diferentes actuacións que están de moda no panorama musical actual”.
O cartel inclúe un ampla variedade de estilos e formacións, onde...
leer másO día 7 de outubro vaise celebrar en Xove o VIII Encontro de Palilleiras.
A Concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, ven de abrir o prazo de inscrición para participar neste encontro. Todas as persoas interesadas poderán anotarse chamando ao número de teléfono do Concello 982 59 20 01, á profesora de bolillos Mercedes Barro ao 679 894 219, ou á profesora de bordado Carmen García ao 982 59 26 86. O prazo de inscrición remata o 18 de setembro.
Ademais continúa aberta na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Xove, a exposición Coas nosas mans X, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. Trátase dunha mostra de traballos de bordado e bolillos que se clausurará o 24 de agosto.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos colabora coa comisión do Entroido na organización do II Guateque que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de agosto, a partir das 20:00 horas no parque de San Francisco.
O presidente de Acisa e tamén responsable da comisión do Entroido, David Martínez, explica que “dado que a primeira edición desta festa foi un éxito e debido a que a xente o pedía pola rúa, foi por iso que decidimos organizar esta segundo edición do Guateque, na que haberá comida e bebida”. Martínez anima “á xente a caracterizarse dos anos 60 e 70 e a achegarse ao parque de San Francisco, onde poderemos gozar de boa música lembrando grandes éxitos daquelas épocas e aproveitaremos para mover o esqueleto con eses ritmos. É unha festa moi familiar e onde o ambiente é estupendo. Pensamos que é a antesala do final...
leer másO 24 de agosto comezan no concello de Mañón, en O Barqueiro, as VII Xornadas Memoria dun tempo, organizadas pola asociación Nordés e que se desenvolverán ata o sábado 26.
Nesta edición as xornadas están totalmente dedicadas ao papel da muller dende a perspectiva da memoria histórica, e o xoves 24 intervirán Victoria Martíns Rodríguez e Ángel Rodríguez co relatorio O compromiso coa igualdade: unha visión de futuro desde a análise do pasado. Previamente proxectarase o seu documental Digna Rabia, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Mañón.
O venres 25, participará Montse Fajardo Pérez quen forma parte do equipo redactor do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra, e é tamén autora de ...
leer másO Concello de Cervo convida a veciños a visitantes a asistir á XXXIX edición da Queimada Popular de Cervo, declarada de Interese Turístico Galego, que se celebrará mañá sábado,19 de agosto, ao longo de toda a xornada.
A cita, organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo, arrincará ás 10:00 horas co XXI Mercado Tradicional. Xa ás 12:00 horas terá lugar o tradicional paseo das Autoridades polo Mercado acompañados do grupo de gaitas Medio Quiñón.
Ás 13:00 horas será o pregón por parte das Autoridades, e o son das gaitas amenizarán toda a tarde.
Os visitantes poderán xantar nos diferentes postos instalados para a ocasión.
Coa chegada da noite, as meigas tomarán Cervo. Ás 23:00 horas está prevista a baixada da comitiva da...
leer más












