Exposiciones

Etiquetas:
21/03/2016
En Burela o barco museo "Reina del Carmen" estará aberto ao público dende o vindeiro mércores, 23 de marzo. Poderase visitar pola mañá e pola tarde.
 
Segundo ven de anunciar o Concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, o barco museo Reina del Carmen estára aberto dende o vindeiro mércores, 23 de marzo, ao contar xa coa persoa seleccionada para desempeñar ese posto.
 
“Con isto garantimos que o barco museo vai a poder ser visitado durante toda a Semana Santa en horarios de mañá e tarde. Os horarios das visitas comezarán ás 11:00 da mañá e farase en tres quendas, tendo en conta que cada visita dura máis ou menos 45 minutos. Pola tarde as visitas comezarán ás 16:00 horas e poderán facerse visitas en catro quendas coa mencionada duración duns 45 minutos cada unha delas”, subliña o edil socialista.  
 
...
leer más
21/03/2016
Ata o 31 de marzo na OMIC de Ribadeo está aberta a exposición "Entre belenes y cabezudos", de Rodrigo García Istillary. Está destinada a todos os públicos.
 
A OMIC de Ribadeo acolle ata o 31 de marzo a exposición Entre Belenes y Cabezudos de Rodrigo García Istillarty.
 
A mostra presenta unha colección de pezas totalmente artesáns deste creador asturiano de Puerto de Vega. Os seus beléns sorprenden polo realismo que transmiten e por nos transportar á vida da época antiga. Así mesmo os diferentes cabezudos que achega están cheos de realismo e cunha tremenda capacidade de mímese.
 
Ata o 31 de marzo pode visitarse esta exposición na OMIC de Ribadeo no seu horario habitual.
 
Etiquetas:
19/03/2016
Durante esta Semana Santa estará aberto en Alfoz o Castelo de Castro de Ouro polas mañás e polas tardes.
 
Desde este 19 de marzo reabren as dependencias do Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz, en horario de mañás de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 polas tardes. As instalacións permanecerán abertas durante toda a Semana Santa e todos os fins de semana ata o mes de xullo, data na que volverá a abrir de luns a domingo. 
 
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Xavier Pardiñas, explica que “nas instalacións do Castelo estará aberta a Oficina de Información Turística, no horario anteriormente indicado, e poderase visitar unha exposición sobre materiais recollidos das antigas escolas unitarias de Alfoz, na planta baixa; unha exposición de obras do artista local Hipólito Xeada, na segunda primeira; e a Sala Museo das Zocas, coa...
leer más
18/03/2016
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá do 21 de marzo ao 2 de abril unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio.
 
A Casa de Cultura, de San Ciprián, acollerá a partir do vindeiro luns, día 21, unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio, como traballos en ganchillo, bordados ou bolillos. Anunciouno hoxe a concelleira de Igualdade, Pilar Armada Carrete.
 
A mostra, titulada Coas nosas mans, inclúe obras realizadas por socias dos seguintes colectivos: CIT de San Ciprián, Asociación de Amas de Casa Alborada, As Espalladoras, Alumnas de Mari Luz Méndez, Asociación de Veciñ@s Cervo-Sargadelos e Mulleres de San Ciprián. Será inaugurada na sala de exposicións da Casa de Cultura o vindeiro luns ás 17 horas e estará aberta ao público ata o 2 de abril. Poderá visitarse de luns a venres de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas. 
 ...
16/03/2016
O Concello de Mondoñedo abre a tempada de visitas á Cova do Rei Cintolo en Semana Santa. Do 19 ao 28 de marzo poderase acceder en tres quendas.
 
O Concello de Mondoñedo anuncia que o sábado día 19 de marzo iniciará as visitas á Cova do Rei Cintolo, que permanecerá aberta durante toda a Semana Santa. Ademais, o Goberno local explica que incrementan as quendas de acceso das fins de semana e as dos centros educativos, co obxectivo de aumentar o número de visitantes non só á cavidade senón tamén á localidade.
 
Durante a Semana Santa haberá tres quendas de acceso, as mesmas que haberá de venres a domingo a partir de abril, todas as fins de semana sen descanso. Os centros educativos poderán acudir cinco días laborais e non 3, como anteriormente. 
 
A rexedora, a popular Elena Candia, explica que o...
leer más
02/03/2016
A sala de exposicións municipal de Lourenzá acolle ata o 18 de marzo unha mostra sobre o Camiño Norte de Santiago.
 
A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle dende hoxe, mércores, ata o 18 deste mes, unha mostra de imaxes do Camiño Norte de Santiago.
 
A exposición consta de 18 paneis nos que amosan as principais manifestacións artísticas, históricas e naturais desta ruta xacobea na que Lourenzá ocupa un lugar importante. A información que recollen os paneis ofrece ao visitante unha visión de todo o patrimonio artístico e histórico existente nos distintos lugares polos que discorre o Camiño.
 
A alcaldesa, Rocío López, di que “dende o Concello invitamos a todos os veciños e veciñas así como aos visitantes a ver esta exposición que é, sen dúbida, unha...
leer más
Etiquetas:
28/02/2016
A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 27 de marzo unha exposición de carteis da Semana Santa, de José Míguez.
 
A Casa da Cultura acolleu o pasado venres a inauguración da exposición de carteis da Semana Santa, que se poderá ver ata o vindeiro 27 de marzo. No acto presentouse o cartel deste 2016, do que tamén é autor José Míguez, ao igual que do resto da imaxes que se poden ver nesa mostra. Os organizadores teñen xa listo o programa de actos, que dará comezo o Domingo de Ramos e rematará o Domingo de Resurrección, tal e como adiantaba hai uns días o alcalde, Alfredo Llano. 
 
O Coro do Conservatorio de Viveiro foi o encargado de poñer a nota musical nese acto, que tivo lugar o venres. 
 
Etiquetas:
26/02/2016
Ata o 16 de marzo pódese ver na sala OMIC, de Ribadeo, a exposición "Memorias de un fotógrafo", de Christian Carabalí.

 

A sala OMIC de Ribadeo acolle a exposición "Memorias de un fotógrafo". O artista ecuatoriano Christian Carabalí, e o técnico de Cultura, David Díaz, inauguraron onte unha atractiva mostra fotográfica que conta con máis de trinta imaxes da Mariña luguesa, caracterizadas pola luminosidade e a utilización de novas técnicas. A exposición estará aberta ata o vindeiro 16 de marzo.

Etiquetas:
01/02/2016
A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 25 de febreiro unha exposición de fotos de Anna Katharina.

 

A Sala de Arte, da Casa da Cultura de Burela, acollerá do 2 ao 25 de febreiro unha exposición de fotos de Anna Katharina Koubek. A mostra poderá visitarse en horario de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres. 
 
Anna Katharina, nada en 1981 en Kaufbeuren, Alemania, é licenciada en arte na modalidade de pintura en cerámica e vidreiras polo Instituto Beruffachschule Für Glass Und Sxhmuck Neugablonz no ano 2000.
 
Segundo explican desde a Concellería de Cultura “ten feito cursos en Sargadelos e ten participado activamente en concursos e exposicións de pintura pola Mariña. É experta en pintura corporal, na que ten acadado distintos premios. É amante da música e estuda saxofón....
leer más
Etiquetas:
17/01/2016
A Biblioteca Municipal de Ribadeo acolle ata o 3 de febreiro unha exposición didáctica de aves do Centro de Extensión Universitaria e Difusión Ambiental de Galicia.
 
A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho acolle ata o vindeiro 3 de febreiro unha exposición didáctica de aves do Centro de Extensión Universitaria e Difusión Ambiental de Galicia.
Segundo o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, “esta exposición permitiranos coñecer o marabilloso mundo das aves. O noso país conta cunha ampla diversidade de hábitats e numerosas especies de aves, adaptadas ás características do entorno que ocupan, e que se achegan por estas terras nas súas migracións entre Europa e África. Moitas das poboacións de aves presentes en Galiza teñen unha gran importancia, tanto a nivel local como nacional e internacional, pois atopan nas nosas terras o límite da súa distribución xeográfica, ou no seu caso pola súa escaseza”.
... leer más