Gastronomía

Etiquetas:
13/11/2019

Mañá, xoves, e o venres segue en Ribadeo o Mes do Tapeo, que organizou Acisa e no que participan preto de 20 establecementos hostaleiros. Os locais ofrecen as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites ata finais de novembro. 

No Mes do Tapeo de Acisa os xoves haberá oferta gastronómica en 13 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, Bar Cienfuegos,  El Rincón del Gordo, La Solana,  Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Bar Galicia, La Botellaría e Cayo Coco.

E os venres as tapas poderán degustarse en 17 locais: O Lar de Manolo, O Alén, Mareta, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, La Botellería, El Rincón del Gordo, La Solana, Madison, Queimada, Delicates, O Indiano, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Cayo Coco e Malo Será.

O obxectivo...

leer más
Etiquetas:
13/11/2019

Esta fin de semana segue o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento chega os días 15 e 16 de novembro a Riotorto, Foz, O Vicedo e Ribadeo.

O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi. 

A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos entre concellos e que a xente de fóra da comarca...

leer más
Etiquetas:
06/11/2019

Arrinca esta semana, o 7 de novembro, o mes das tapas en Ribadeo. Trátase dunha nova iniciativa ideada por Acisa para o sector hostaleiro na que se dan cita 19 establecementos asociados, que ofrecerán as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites.  

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “cada establecemento escolleu a súa forma de participar, elaborando unha tapa diferente cada dia ou a mesma todos os días e elixiron se participar os dous días, xoves e venres, ou so un deles. Toda a programación do mes poderase encontrar nos 5.000 dípticos que se repartirán nos establecementos participantes para dar toda a información aos clientes. As tapas poden ser gratuítas ou de pago con prezos que oscilan entre 1 e 3 euros”.

Pérez engade que “quixemos darlle total liberdade aos participantes...

leer más
Etiquetas:
05/11/2019

O hotel restaurante Vila do Val, de Ferreria do Valadouro, organiza unha cea máxica que se celebrará o vindeiro sábado, 9 de novembro, a partir das 21:30 horas, que contará coa actuación do Mago Teto.

O menú constará dun entrante, denominado Bocado Máxico, e que serán cristais de tomate do Valadouro; o primeiro prato, chamado Variña do Mago, estará composto de roliños de setas con panceta; o segundo prato, Fusión de Trucos, será carrilleiras con mazá; e a sobremesa, chamada O As da Manga, consistirá nun biscoito de castañas. Estes pratos estarán acompañados con viños tinto ou branco, auga mineral, café ou infusión.

Durante a cea actuará o Mago Teto, quen ofrecerá maxia de preto entre prato e prato e un espectáculo final, para un mínimo de vinte persoas, despois de servir os cafés.

O prezo...

leer más
Etiquetas:
01/11/2019

El hotel restaurante Javier Montero, de Ribadeo, de cuya inauguración se cumplirá un año en este mes, reabrió ayer, jueves, con nueva carta, después de las vacaciones.

El chef Javier Montero incorporó a la carta platos como marinada de lubina rellena de cigala con naranja y yogurt; pulpo frito con salsa romesco y berza; guiso de setas con foie y coliflor; ensalada de gallo celta con queso, manzana y pan tostado; caldeirada de almejas, guisantes y menta; empanada de choco guisado; rape con verduras, fondo oscuro de vaca y aceite de vainilla; merluza a la espalda con centolla y camarón; canelones rellenos de rabo de ternera estofado a la antigua; y magret de pato, castañas, pera y cigala. Y también incluyó nuevos postres, como chulas de pan de Cunqueiro; panacota de cítricos; y leche frita con macedonia de frutas.

...

leer más
18/10/2019

Acisa Ribadeo organiza unha nova das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán os días 25, 26 e 27 de outubro. Tamén o 25 máis de vinte comercios participarán na Noite Aberta. As tendas abrirán ata as 21:30 horas. 

Vinteún establecementos de hostalería participarán nas xornadas coas súas elaboracións da mellor gastronomía asturiana. Estes locais son: O Tumbín, Cienfuegos, O Lar de Manolo, La Botellería, A Dorada, Galipizza, Porta Norte, Bar Galicia, O Alén, Chamaye Estopa, O Cabazo, Costa Verde, Delicates, Queimada, Rosa Lar, La Solana, El Rincón del Gordo, Náutico, Mesón Morriña, La Lira e Mesón O Indiano. Estes locais ofrecerán tapas e menús especiais ao longo da última fin de semana do mes de outubro. 

Acisa Ribadeo programou ademais varias actuacións musicais para amenizar esta cita...

leer más
Etiquetas:
16/10/2019

Este xoves da comezo en San Ciprián unha nova edición de Sanci Tapeando.

Seis establecementos ofrecerán todos os xoves ata o 27 de febreiro as súas tapas ao prezo de 2 euros. Entre todos os asistentes sortearanse tres vales por importe de 250 euros, 150€ e 100€ para gastar nos locais participantes.

Os locais de hostalería que se dan cita este ano en Sanci Tapeando son:  Pizzería O Trasgo, Bar Maruxaina, Mesón A Bodega, Terraza O Noso Lar, Bar O Faro e Pizzería Las Titas.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.

 

16/10/2019

O Deputado de Participación Cidadá,Roberto García Pernas, a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, presentaron este mércores na Fortaleza do Pazo de Tovar de Lourenzá as xornadas Exaltacións Gastronómicas...E Para Comer Lugo do mes de outubro. Estas degustacións terán lugar, dende o vindeiro venres e ata o día 27 deste mes, en 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia. Estes restaurantes empregarán nos seus menús as Fabas de Lourenzá, Ternera Gallega, Queixo San Simón da Costa e Mel de Galicia cociñados con diferentes estilos.

García Pernas destacou que a Deputación de Lugo, da man de APEHL, leva 8 meses impulsando este proxecto culinario co fin de continuar fomentando o turismo gastronómico e dinamizando o sector servizos na...

leer más
Etiquetas:
13/10/2019

A campaña “Restaurantes contra el Hambre” é a maior iniciativa solidaria da hostalería en España, promovida por Acción contra el Hambre en colaboración coa Federación Española de Hostalería, que ademais este ano cumpre o seu décimo aniversario.

A casa de xantar “As Tixolas” (Covas-Viveiro) é, segundo o mapa de colaboradores da web oficial da campaña (https://www.accioncontraelhambre.org/acciones/restaurantescontraelhambre...), o único restaurante participante en toda a provincia de Lugo, mentres que hai outros dezasete locais que tamén colaboran en toda Galicia.

O menú solidario que ofrece As Tixolas consta de 4 pratos, postre, café de pota e chupito, todo por 20 euros. O menú, que se renova cada poucas...

leer más
Etiquetas:
06/10/2019

La Organización de Productores Pesqueros de Lugo OPP7 presentó en el Parador de Santiago de Compostela su nueva campaña de promoción de la “Merluza del Pincho de Burela”. En el acto, que tuvo lugar en la Sacristía Alta del Hostal dos Reis Católicos, participaron Sergio López, gerente de OPP Lugo, Julio Cirujano, director técnico de Gastronomía de Paradores, y Mercedes Rodríguez, Directora Xeral de Pesca de la Xunta de Galicia.

Esta nueva iniciativa de la OPP Lugo combina la gastronomía, la calidad de su producto pesquero y la importancia del Origen y el Destino Galicia, en una campaña que se realiza en colaboración con la red de Paradores de España y tiene una vinculación muy especial con las diferentes rutas del Camino de Santiago.

La campaña de promoción, para la que OPP Lugo aporta casi 500 kilos de merluza de...

leer más