Cervo

Etiquetas:
08/06/2020

Os gañadores do X Certame Fotográfico “Cervo Respecta”, que convoca anualmente o Concello de Cervo foron os seguintes: 

1º premio, e premio Top Cervo "Embalse de Río Cobo", de Antonio Herrera Huerta (Fuenlabrada). Obtivo 51 puntos

2º premio "Vigía" de Iván Alperi López (Noreña). Obtivo 50 puntos.

Presentáronse ao concurso 43 instantáneas e había en xogo tres premios, un primeiro, un segundo e un premio Top Cervo á mellor instantánea sobre algún paraxe do municipio.

Desde a organización felicitan aos premiados: “parabéns aos gañadores e moitas grazas a todas as persoas participantes”.

 

03/06/2020

O Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos completa a súa oferta cunha actividade do sector terapéutico e sociosanitario, bautizado como “Pasiños na lúa”, que ocupa o local número 3.

O edil de Formación e Emprego, David Rodríguez, que visitou este mediodía as instalacións, explicou que “con este novo proxecto cubrimos a totalidade dos locais que acondicionamos no edificio das Antigas Cabalerizas e que puxemos a disposición das persoas emprendedoras por un aluguer simbólico, que rolda os 20 euros mensuais”.

Rodríguez coñeceu de primeira man o novo centro terapéutico rehabilitador “Pasiños na Lúa” que abriu as súas portas esta mesma semana e que dirixe a terapeuta ocupacional e veciña deste Concello, Reyes Quelle, coa colaboración doutras catro profesionais. O centro...

leer más
Etiquetas:
30/05/2020

O Concello de Cervo xa dispón de servizo de socorrismo municipal na Praia do Torno, en San Ciprián, a de maior afluencia de xente na tempada estival.

Deste xeito, desde onte venres, 6 socorristas que forman parte do cadro de persoal da Administración local, velan pola seguridade das persoas usuarias, de luns a domingo, en quendas de mañá e tarde. 

Así o explicou o edil de Deportes, David Rodríguez, que se achegou á Praia a supervisar os protocolos de seguridade e os traballos de limpeza do areal, “decidimos emprazar aos  socorristas municipais neste areal desde esta mesma fin de semana, en previsión da chegada do bo tempo, e coincidindo co alivio das medidas de restrición en Galicia, onde xa está permitido o baño e o desfrute destes espazos públicos, sempre con responsabilidade e mantendo a distancia social”....

leer más
15/05/2020

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, propón a través das redes sociais o concurso "As letras riquiñas" para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Cada persoa participante terá que elixir unha verba en galego e plasmala en calquera superficie dun xeito orixinal e especial, sacarlle unha foto á palabra e enviala ao correo cervocultura@gmail.com; entre hoxe e mañá

O domingo, 17 de maio, anunciarase a través das redes a obra gañadora e compartiremos un collage con todas as fotografías participantes.

Desde esta semana o programa #cervoquedanacasa pasa a ser unha proposta semanal que se anunciará cada luns e os/as gañadores/as daranse a coñecer os domingos.

 

Etiquetas:
06/05/2020

O Concello de Cervo vén de convocar o X concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2020”.

Tal e como explica a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.

Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com.

O prazo para presentar as imaxes remata o 29 de maio ás 23:59 horas.

Hai tres...

leer más
Etiquetas:
26/04/2020

O cuarto programa #cervoquedanacasa comezará mañá, luns, co xogo Efecto Dominó, a idea é que os participantes coloquen unha serie de pezas coas que consigan crear este efecto e que o compartan no facebook do Concello.

O mércores, 29 de abril, Recicla con botellas. Deixa voar a túa imaxinación utilizando botellas ou envases. O venres, 1 de maio, Disfrázate de cine. Caracterízate da túa personaxe de cine ou serie favorita. 

O luns, 4 de maio, Circuíto. Idea e constrúe un circuíto de obstáculos para que rode unha pelota. O 6 de maio Recicla con tubos. Deixa voar de novo a túa imaxinación utilizando o tubo sobrante do papel hixiénico. E o 8 de maio O Circo na casa. Caracterízate dalgunha personaxe do circo. 

Desde o Concello de Cervo lembran que se premiará a orixinalidade en todas as...

leer más
Etiquetas:
23/04/2020

O Concello de Cervo reparte xa casa por casa o material didáctico do taller de memoria a domicilio que puxo en marcha a través da delegación de Servizos Sociais. 

Pilar Armada recorda que esta actividade, que xa conta cunha trintena de participantes e que está dirixida tanto para as persoas usuarias habituais do obradoiro como para a veciñanza en xeral, foi concibida “co obxectivo de achegarlles eses exercicios tan saudables para exercitar a nosa memoria para que os poidan realizar desde a casa. Son actividades –engade- que ademais de axudar a exercitar a nosa mente, consideramos que tamén poden ser unha boa opción para ocupar o noso tempo neste días de confinamento”. 

Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben poñerse en contacto con nós a través do teléfono 615 32 13 86: e no...

leer más
Etiquetas:
22/04/2020

En conmemoración do Día do Libro, que se celebra mañá xoves 23 de Abril, o Concello de Cervo leva a cabo a actividade Relato na Rede, que consiste en crear unha historia colaborativa a través da rede social Facebook.

Durante o día de mañá, a través do Facebook Concello de Cervo // Ayuntamiento de Cervo crearase un relato interactivo que se irá xerando grazas ás achegas de todos/as os/as participantes que se inscriban ata mañá ás 12:00h no correo cervocultura@gmail.com O procedemento será o seguinte:

O Concello facilitará unha introdución no muro de Facebook que estruturará a historia. A partires de aí o relato irá collendo forma a través dos comentarios desa mesma publicación. Eses comentarios estarán escritos con total liberdade polas persoas previamente inscritas que...

leer más
Etiquetas:
16/04/2020

Para participar nesta iniciativa as instruccións son as seguintes: 
1- Descarga o taboleiro do bingo no Facebook do Concello ou no Instagram @cervocultura.
2- Marca as casas de todas as cousas nas que participaches.
3- Comparte o teu taboleiro e etiqueta a tres cervenses para que se sumen ao reto.
A xogar!

 

Etiquetas:
15/04/2020

O Concello de Cervo pon en marcha un taller de memoria a domicilio aberto tanto para as persoas usuarias da actividade como para a veciñanza en xeral, tan e como precisa a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.

Armada explicou que, por circunstancias que todos coñecemos, tivemos que clausurar as clases presenciais ás que asisten uns corenta veciños e veciñas e que impartimos polas diferentes parroquias, moito antes do previsto –a actividade cesa normalmente durante os meses de verán-.

Co obxectivo de que os usuarios poidan seguir a realizar nos seus fogares esas actividades tan saudables para exercitar a nosa memoria, decidimos poñer en marcha un obradoiro a domicilio que queremos achegar a toda a veciñanza.

Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben...

leer más