Mondoñedo

24/01/2017
O Concello de Mondoñedo porá en marcha un programa de actividades a desenvolver nos locais sociais das parroquias a partir do mes de marzo.
 
O Concello de Mondoñedo porá en marcha a partir do mes de marzo un programa, baixo o lema ‘Mondoñedo, un Rural Activo’, que engloba diferentes actividades que se desenvolverán no rural mindoniense como alternativa de entretemento aos veciños das diferentes parroquias da localidade.
 
En concreto, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que dende a administración local “deseñamos un proxecto con cinco actividades diferentes, que se adaptan a un amplo abano de gustos” a través das cales, segundo engade a rexedora, “buscamos dinamizar as parroquias e ofrecerlles diferentes iniciativas de divertimento”. 
 
A popular di que “dende o Concello temos moi presente o rural e queremos...
leer más
03/01/2017
En Mondoñedo ultímanse os preparativos da gala "La Moda y Tú", que terá lugar o 8 de xaneiro. O recadado destinarase á asociación Nico contra el Cáncer Infantil.

 

A alcaldesa, Elena Candia, acompañada dos deseñadores Manuel Pampillón e Remedios Espantoso; do estilista Óscar Novo e da cantante Lucía Pérez, anunciou os detalles da gala benéfica, denominada 'La Moda y Tú' que se celebrará na localidade mindoniense o próximo domingo, día 8 de xaneiro, a partir das 19:00 horas no Auditorio Pascual Veiga.

O evento organízase co obxecto de recadar fondos para a investigación sobre o cancro infantil. O recadado destinarase íntegro para a asociación Nico Contra el Cáncer Infantil. Nas últimas horas foi presentado o cartel do evento.

Etiquetas:
02/01/2017
O Casino de Mondoñedo organiza unha cea-baile para a noite de Reis, o 5 de xaneiro, a partir das dez e media da noite.
 
O Círculo de Recreo do Casino de Mondoñedo organiza unha cea-baile para a noite de Reis, o xoves día 5, ás 22:30 horas. A cea será servida por Chao da Brea e a velada estará amenizada polo Dúo Epo-k. 
 
As tarxetas están á venta en O Rincón e O Porriño e o prezo para os soci@s é 20 euros e para non socios é de 25 euros. O menú está composto de empanada de bonito, raxo e zorza, pescada en dous prebes, tenreira asada, roscón de Reis, café e chupito. Os viños son albariño Ancora e rioxa Tobía.
 
Etiquetas:
28/12/2016
El 29 de diciembre el presidente del cabildo de la Catedral de Mondoñedo, Pedro Díaz, pronunciará una conferencia sobre el pintor Rafael de Urbino. Será en el Casino mindoniense.

 

Este jueves, 29 de diciembre, tendrá lugar en el Casino de Mondoñedo una charla sobre el pintor Rafael de Urbino. Será pronunciada por Pedro Díaz, presidente del cabildo de la Catedral de Mondoñedo. La conferencia será a las 20:30 horas. 

De esta forma se completa así el ciclo en el que en este año se han estudiado las obras de grandes figuras del Renacimiento italiano, como Leonardo da Vinci y Miguel Ángel. 

19/12/2016
A programación cultural e deportiva do Concello de Mondoñedo para este Nadal esténdese ata o 8 de xaneiro.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo deu a coñecer a súa completa programación cultural e deportiva para este Nadal, que se estende ata  8 de xaneiro. 
 
A alcaldesa, a popular Elena Candia, anima ademais a todos os mariñáns de concellos próximos a achegarse á cidade “e mercar no noso comercio”, ao tempo que lles lembra aos veciños e veciñas da localidade que pensen en Mondoñedo para as compras que se realizan por estas datas, así como en desfrutar da hostalería local.
 
O díptico informativo sobre a programación cultural e deportiva de Nadal inclúe un listado con máis de cen establecementos e referencias nas que poder facer compras e adquirir agasallos. 
Máis polo miúdo
 
... leer más
05/12/2016
Mondoñedo acollerá un campus de baloncesto o próximo ano. Será en xullo e na cita participarán 400 mozos e mozas de 6 a 18 anos.
 
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, vén de manter un encontro de traballo co responsable de Campus del Basket, Eduardo Pascual, responsable da organización o vindeiro ano dun campus de baloncesto que achegará á localidade a 400 mozos e mozas de todo o territorio nacional. 
 
A iniciativa está deseñada para nenos e nenas desde os 6 aos 18 anos, que entre o 1 e o 16 de xullo convivirán en Mondoñedo ao tempo que aprenderán a modalidade deportiva do baloncesto. Amais, aproveitarán a súa estancia na localidade para facer rutas turísticas pola comarca e coñecer “a fondo” a cidade.
 
Trátase dunha iniciativa que por vez primeira recunca en Mondoñedo, pero que xa tivo un éxito notable noutras localidade da Mariña...
leer más
Etiquetas:
26/11/2016
O complexo deportivo Viñas da Veiga, de Mondoñedo, acollerá do 2 ao 5 de xaneiro o campus de Nadal CDLU CAMP, destinado a nen@s nad@s entre os anos 2000 e 2010.
 
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués, presentaron no Concello o Campus de Nadal CDLU CAMP, que este ano se fará na localidade mindoniense. 
 
O CDLU CAMP é unha iniciativa do Club Deportivo Lugo que pretende difundir os valores da entidade deportiva tanto na cidade das murallas como no resto da provincia. De aí o interese do Concello de Mondoñedo porque este ano se celebre na localidade.
 
É a primeira vez que os CDLU CAMP saen da cidade de Lugo para achegar a solidariedade, o compañeirismo, a igualdade, as habilidades sociais ou o ‘fair play’ como eixo transversal dunha semana de desfrute para todos os participantes.
... leer más
21/11/2016
O 25 de novembro preséntase en Mondoñedo o libro "Mortos por amor á terra", de Ramón Ermida. Será na Casa da Xuventude.
 
A obra Mortos por amor á terra de Ramón Ermida presentase este venres, 25 de novembro, en Mondoñedo.
 
No acto que terá lugar na Casa da Xuventude ás 20:30 horas, intervirán o investigador Cidre Fernández, o historiador Eliseo Fernández e o autor, Ramón Ermida, quen falará da represión sobre o nacionalismo galego entre os anos 1936 e 1950 facendo especial fincapé sobre a represión franquista en Mondoñedo.
 
Etiquetas:
06/11/2016
Do 25 ao 27 de novembro celebrarase en Mondoñedo o X Concurso de Tapas, que organizan o Concello e a Aciam.

 

O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIAM) organizan o X Concurso de Tapas Concello de Mondoñedo, que se celebrará a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro. Haberá animación musical polas rúas da cidade e celebraranse sorteos entre os participantes.

O cartel foi presentado hai uns días. 

31/10/2016
Expertos analizarán en Mondoñedo o 4 de novembro as posibilidades das novas tecnoloxías para a divulgación dos produtos e dos eventos locais.
 
Profesionais expertos nos eidos da comunicación dixital e da historia contemporánea ofrecerán unha conferencia en Mondoñedo durante a que analizarán as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías ao servizo da divulgación dos produtos e dos eventos locais. En concreto, os profesionais farán fincapé nas redes socias e na internet, como ferramentas para vender ao servizo do pequeno e mediano comercio, produtores artesanais e eventos culturais.
 
Esta conferencia, que se desenvolverá baixo o lema O Mundo do Futuro, celebrarase o próximo venres, 4 de novembro, a partir das 20.00 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo. O Concello de Mondoñedo é o encargado de organizar esta iniciativa, en colaboración coa Universidade Rei Juan Carlos e o proxecto Retinae
... leer más