Mondoñedo

29/03/2017

Coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queren celebrar a chegada da primavera cunha xornada de actividades para pequenos e maiores, que terá lugar o vindeiro sábado, 1 de abril, en Mondoñedo.

Desde a organización sinalan que “a partir das 16:30 horas da tarde no Parque do Seminario de Mondoñedo inícianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con diversos talleres de manualidades (en caso de choiva, serán na Casa da Cultura). Dende esa hora haberá tamén xogos tradicionais (chave, tiro da corda, ...) para todas as idades coa colaboración da Delegación de Deportes do Concello mindoniense. Finalmente arredor das 18:00 horas plantarase a árbore no propio parque, momento no que se entregarán os premios aos carteis gañadores. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas dedicados á Árbore ou á Natureza durante a...

leer más
Etiquetas:
23/03/2017

O Mondoñedo FC celebra o seu xa tradicional día solidario este domingo, 26 de marzo, no partido que o enfrontará ao CD Alfoz na 27 xornada de liga de Segunda Autonómica. Será a partir das seis da tarde.

Neste partido, como todos os anos, os afeccionados que se acheguen ao campo mindoniense poderán trocar alimentos non perecedoiros pola entrada para ver este encontro de fútbol.

Os organizadores desta xornada solidaria salientan a grande acollida que sempre ten este acto co numeroso publico que acode todos os domingos ao Viñas da Veiga, e que neste día tan especial responde masivamente á chamada do Mondoñedo FC.

Todos os alimentos recollidos son doados a Cáritas Mondoñedo que ano tras ano colabora nesta boa iniciativa.

 

22/03/2017

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou esta mañá na presentación do programa da Semana Santa 2017, organizada pola Venerable Orde Terceira, e coa que colabora o Concello de Mondoñedo ademais doutras entidades locais. 

Elena Candia destacou o “intenso” e “moi completo” programa de actos para a Semana Santa mindoniense. Así, explicou que dende o Concello “estamos a traballar para poñela en valor”, polo que o  Goberno local está a facer as xestións oportunas para que esta celebración sexa declarada de Interese Turístico Galego.

“A Semana Santa de Mondoñedo é moi antiga e singular e ofrece características de gran beleza, como son a celebración do Vía Crucis cara o Mosteiro dos Picos ademais de que as súas procesións son moi participativas e recollidas, nas que destacan pezas pola súa antigüidade como unha...

leer más
Etiquetas:
14/03/2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega poñen en marcha a quinta edición de ‘No bico un cantar’, unha iniciativa na que a música e a poesía cobran protagonismo nas voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia e que este ano renden lles homenaxe aos poetas mindonienses.

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e mailo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, presentaron a actividade, que terá lugar en Mondoñedo o vindeiro día 2 de xuño, cun concerto no que un coro de rapaces e de rapazas dos conservatorios profesionais de música cantarán os versos de Álvaro Cunqueiro, de Antonio Noriega Varela, de Xosé Díaz-Jácome, de Manuel Leiras Pulpeiro e de Aquilino Iglesia Alvariño. 

O coro estará...

leer más
12/03/2017

O deportista de alto nivel Siro Maseda Varela será o encargado de poñer de novo en marcha o servizo de ximnasio municipal que se localizará nun primeiro momento no baixo da Casa da Cultura de Mondoñedo. 

O Concello vén de adxudicar o contrato de prestación de posta a disposición da poboación municipal mediante contraprestación económica dun local destinado a ximnasio así como de actividades dirixidas a diferentes colectivos da poboación, por un período de dous anos, prorrogable por outro máis.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, lembra que o Concello dispón dun local adaptado para ximnasio, que conta coas dotacións mínimas necesarias para o funcionamento e que, por renuncia do anterior adxudicatario, atópase pechado. A rexedora destaca a importancia de reactivar este servizo para o uso dos veciños o que,...

leer más
07/03/2017

O Goberno local exporá na entrada do Concello, durante todo o mes de marzo, un mural no que destacan a contribución que varias mulleres tiveron coa localidade. Trátase do recoñecemento público á traxectoria de varias mulleres que destacaron na cidade tanto a través da súa vida persoal como laboral, así como polas achegas que fixeron e están a facer ao resto da sociedade. 

Esta exposición inaugurase mañá, 8 de marzo, ás 12:00 horas, e permanecerá todo o mes de marzo, no Concello. 

Na mostra figuran mulleres como Emma Valcarce, a primeira alcaldesa da cidade de Mondoñedo entre 1987 e 1995; Ánxeles Vázquez, xornalista e escritora galega; Antonia X.Santos, unha das primeiras fotógrafas galegas e fotógrafa do Carlismo de Mondoñedo; Alicia Tezanos, mestra da primeira escola nacional mixta de párvulos de Mondoñedo; e...

leer más
Etiquetas:
28/02/2017

O Sábado de Piñata haberá pasarrúas a partir das 12:00 horas, da comparsa invitada deste ano, Os Fandangueiros.

O desfile dará comezo ás 17:30 horas no Campo dos Paxariños e percorrerá a avenida San Lucas, Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde, Progreso, Alfonso VII, Lodeiro Piñeiroa, Fray Antonio de Guevara, Andrés Baamonde, Progreso e Praza da Catedral. A organización sinala como lugares preferentes para ver o desfile a Alameda dos Remedios, avenida San Lucas, O Cristo, Praza do Concello, Estatura Álvaro Cunqueiro e Praza da Catedral.

Os premios na categoría Adulto son: 425 euros para o primeiro das comparsas, 280€ o segundo, 180€ o terceiro, 150€ o cuarto e 100€ o quinto. O primeiro das charangas recibirá 300 euros e 200€ o segundo. Nos grupos de percusión e batucadas hai 200 euros para o primeiro e 100€ para o...

leer más
Etiquetas:
23/02/2017

O Concello de Mondoñedo colabora co Instituto de Educación Secundaria San Rosendo e coa PlataformaComarca de Mondoñedo Unida na replantación da área recreativa e paisaxística A Fervenza, en Viloalle.

Tras a limpeza deste enclave paisaxístico por parte de voluntarios, repoboarase a localización con árbores autóctonas e paisaxísticas. Unha actuación que, segundo a organización, busca poñer en valor un dos enclaves máis fermosos e con gran atractivo medioambiental, paisaxístico e etnográfico da zona.

O esquema de plantación de A Fervenza e as árbores a empregar foi deseñado polo alumnado do departamento forestal A Granxa do Instituto San Rosendo, que procederán a realizar a colocación das árbores no marco dunha xornada na que colaboran as tres entidades (Concello, Instituto de Educación Secundaria e Plataforma Cidadá...

leer más
Etiquetas:
05/02/2017

O Goberno local de Mondoñedo presentou o cartel anunciador do Entroido 2017, que se celebrará o 4 de marzo.  A artista da localidade, Irma Loureiro, foi a encargada de deseñar unha obra que inclúe elementos representativos da localidade, como son o rosetón ou unha torre da Catedral, así como a coroa do escudo. 

O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, puxo en  valor a necesidade de promocionar “os nosos artistas locais e contribuír a que todos o coñezan, de aí que optamos por encargar o deseño do cartel á pintora mindoniense”. Así, García quixo agradecer o “gran traballo” da artista, quen, de xeito anual, tamén é a encargada de deseñar as bases para a creación das alfombras florais que se confeccionan para Corpus. Ademais, Irma Loureiro expuxo por primeira vez a súa obra no Porriño, en Mondoñedo, “acadando un...

leer más
29/01/2017
Jean Pacheco, produtor de agricultura ecolóxica en Francia, visita a Mariña do 3 ao 6 de febreiro, da man de Apaga e coa colaboración dos Concellos de Ribadeo, Lourenzá e Mondoñedo.
 
Apaga dentro do seu proceso de internacionalización, no marco do programa Erasmus+ e como apoio ao sector primario,  vai traer á Mariña ao produtor de agricultura ecolóxica Jean Pacheco, que visitará a comarca do 3 o 6 de febreiro.
 
Segundo explica o presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, “realizaremos un programa de seminarios de traballo en colaboración cos Concellos de Ribadeo, Lourenzá e Mondoñedo. O día 3 a xornada realizarase en Ribadeo e en Tapia, na Fundación Edes; o día 4 será en Mondoñedo pola maña e pola tarde en Lourenzá”. Doural subliña que “poderán participar nos seminarios tanto produtores como consumidores”. 
 
Jean Pacheco é...
leer más