Certámenes
O Concello de Xove comunica os premiados do concurso medio ambiental de fotografías Cal é o teu lugar preferido de Xove? E anuncia que a entrega de premios será o día 12 de xuño, venres.
Na categoría infantil a foto con máis me gusta é de David Burgos Peloche e titúlase O último cura de Santirso (Din que o último cura de Santirso seguía gardando un libro antigo entre as ruínas esperando que alguén lembrase a súa historia).
Na categoría junior a foto con máis me gusta é de Marcos Mariño Ferrería, leva por título Cascada e é dunha cascada cerca do cemiterio da Rigueira.
E na categoría adultos a foto con máis me gusta é de Begoña Amor Ruiz e titúlase Conduciendo hacia la noche (atardecer en Esteiro, siempre transmite tranquilidad).
... leer másEste sábado, día 23 de maio, terá lugar a entrega do II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela a Luís Rei Núñez por Elas dúas. Será en Mondoñedo, no Salón de Plenos do Concello, nun acto que presidirá o alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, onde tamén estarán presentes outras autoridades, membros da corporación, compoñentes do xurado e representantes de Galaxia, editora da novela gañadora.
Luís Rei Núñez recibirá de mans do alcalde o diploma e placa acreditativos da obtención do premio, así como tamén o primeiro exemplar publicado da obra.
O Concello de Mondoñedo lembra que este galardón lle foi outorgado por unanimidade a Luís Rei Núñez o pasado mes de decembro por un xurado composto por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, aos que se sumou como secretario con voz e...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do CIM, pon en marcha por segundo ano consecutivo o Concurso de Arte Mural pola Diversidade, unha iniciativa que “busca promover os valores da diversidade, igualdade e visibilidade do colectivo LGTBIQ+ a través da creación artística urbana”.
A concelleira Begoña Sanjurjo explica que “o certame está aberto á participación individual ou grupal de persoas naturais ou residentes en Ribadeo, sen límite de idade, co obxectivo tamén de apoiar e dar visibilidade a novos e novas creadoras ribadenses como forma de expresión cultural e artística. As propostas deberán estar inspiradas en Ribadeo e nos valores da diversidade e do orgullo LGTBIQ+, empregando técnicas propias da arte mural como grafiti, pintura mural, stencil ou similares”.
A edil de Igualdade engade: “entre...
leer másA Deputación de Lugo vén de abrir o prazo para presentar candidaturas á sétima edición dos premios que recoñecen a Excelencia do Turismo e da Gastronomía da provincia de Lugo impulsados pola institución provincial. O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este martes, 19 de maio, as bases e a información da convocatoria deste ano que busca recoñecer dun xeito honorífico o labor de persoas; entidades públicas e privadas; así como actividades e proxectos que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento turístico, á innovación, á sustentabilidade e á posta en valor da gastronomía lucense. O prazo para participar estará aberto ata o 20 de xuño e as candidaturas deberán presentarse de forma telemática a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo.
Poderán optar aos premios persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas,...
leer másO Concello de Xove convoca a quinta edición do concurso fotográfico titulado Cal é o teu lugar preferido de Xove?
Dende a Concellería de Medio Ambiente animan a “nenos/as, adolescentes e persoas adultas a participar nesta nova edición dun concurso que pon en valor a beleza do noso entorno” e explican que “participar é moi sinxelo: saca unha foto no teu espazo preferido de Xove, cubre a folla de inscrición que atoparás na web municipal: https://xove.es. Alí tamén poderás consultar as bases do concurso. Cada categoría conta cun premio de 60 euros para a fotografía máis votada na páxina de Facebook do Concello de Xove”.
Hai tres categorías: Infantil, ata 12 anos; Xuvenil, de 13 a 17 anos (ambos incluídos); e Adultos, a partir de 18 anos.
“Amosa a túa...
leer másO Concello de Barreiros convoca o Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2026, ao que se poden presentar traballos ata o día 15 de maio, venres.
“O 17 de maio celebraremos un día moi importante para as nosas letras e a nosa lingua, que é unha das riquezas máis importantes que posuímos, homenaxeando a Begoña Caamaño, unha muller que coa súa escrita e o seu compromiso feminista deunos unha nova forma de ollar a cultura. Begoña ensinounos que ler é tamén unha forma de entender quen somos e de imaxinar un mundo máis libre e xusto. Baixo o lema Medrar lendo a Biblioteca Municipal de Barreiros abre o certame local para que as nenas e nenos do concello sexan os protagonistas. Queremos que nos contedes, con palabras ou debuxos, eses momentos especiais nos que un libro foi o voso compañeiro de viaxe e vos axudou a imaxinar novos...
leer másO Concello de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026 na súa fase local, unha iniciativa dirixida á cativada e mocidade da vila. Baixo o lema Medrar lendo, o certame “convida ás nenas e nenos a reflexionar sobre a importancia dos libros ao longo da vida, lembrando aqueles momentos nos que a lectura se converteu nunha compañeira esencial para entender o mundo, sentirse acompañado ou deixar voar a imaxinación”. Poderán participar menores de ata 16 anos en tres categorías de idade (ata 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 16), tanto na modalidade de narración como na de debuxo. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 11 de maio e as obras deberán entregarse na Biblioteca Municipal.
Un xurado especializado seleccionará un máximo de tres traballos...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XVI concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2026. “Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio. Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com. O prazo para presentar as imaxes remata o 22 de maio”.
Hai tres premios establecidos: un primeiro, un segundo, e o premio Top Cervo á mellor fotografía na que se...
leer másO Concello de Cervo anuncia que o día 23 de abril “celebramos a maxia das historias, da imaxinación e das palabras que nos fan viaxar sen movernos do sitio. Dende o Concello de Cervo animámosvos a participar no noso Certame do Día do Libro, unha oportunidade perfecta para deixar voar a creatividade”. Os traballos poden presentarse ata o día 30 de abril.
Hai 3 categorías: infantil (de 3 a 6 anos): facer un marcapáxinas orixinal; primaria (de 7 a 11 anos), facer un relato continuando a historia; e adultos (de 12 ou máis anos): relato dunha anécdota familiar ou seguir unha historia. Os traballos poden enviarse por correo electrónico, á dirección prensa@concellodecervo.com ou por WhatsApp ao número 683.315.939.
Volve o Concurso de Fotografía do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ribadeo. O prazo para entregar traballos está aberto desde o día 5 ata o 17 de marzo.
“Este ano queremos que nos amosedes, a través dunha imaxe: Que é para ti a igualdade? Mulleres que inspiran. Buscamos fotografías que reflictan historias, persoas ou momentos que representen forza, igualdade e inspiración feminina no día a día. Quen pode participar? Categoría A: Moz@s de 12 a 17 anos; Categoría B: Maiores de 18 anos; Categoría C: Centros de ESO e FP da localidade. Prazo de presentación: Do 5 ao 17 de marzo de 2026 ata as 14:00 horas. Como participar? Envía a túa fotografía en formato JPG a: cim@ribadeo.gal. Asunto: Concurso fotografía igualdade + categoría. Premios: Categoría A: 400 €; Categoría B: 300 €; Categoría C...
leer más












