O Valadouro
O Valadouro e Lourenzá acollerán a vindeira fin de semana as actividades enmarcadas nos Plans con corazón, iniciativa da Mancomunidade da Mariña, baixo os títulos A fraga das Lerias, un refuxio natural na serra do Xistral (o sábado 17 de outubro - O Valadouro) e Historias que se cultivan (o domingo 18 de outubro - Lourenzá).
A Mancomunidade da Mariña destaca que “son, sen dúbida, unha oportunidade única para coñecer algúns dos espazos naturais máis significativos destes concellos, ademais doutros dos seus atractivos patrimoniais e gastronómicos”, e explica que “quedan as últimas prazas libres para a actividade do sábado do Valadouro, polo que todas as persoas interesadas deben formalizar a inscrición o antes posible a través do enlace:...
leer másO Valadouro celebra este sábado, día 10 de outubro, a 39ª Feira do Mel “cunha ampla programación de actividades para todos os públicos”, anuncia o Concello, que explica que se desenvolverá na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira, con exposición e venda de mel, degustacións, obradoiros, música e actividades infantís. E engade que é “unha cita dedicada á promoción do mel, á apicultura e aos produtos vinculados a esta actividade, que contará cunha variada programación cultural, gastronómica e de lecer para todos os públicos”.
A feira abrirá as súas portas ás 10:00 horas na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira, onde “as persoas visitantes poderán achegarse aos postos de exposición e venda de mel e coñecer de primeira man os produtos relacionados co sector apícola. Ao longo da xornada do sábado desenvolveranse numerosas propostas...
leer másO Cadramón, no municipio do Valadouro, celebrará as súas festas patronais na honra a San Xorxe e San Cosme do venres 25 ao domingo 27 de setembro. Serán na explanada a carón da igrexa de San Xorxe e contarán coa actuación da orquestra Acordes.
As actividades comezarán o venres cunha churrascada e a continuación haberá verbena amenizada pola orquestra Acordes.
O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne con procesión e vermú coa orquestra Escaparate, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Galia.
E o domingo ás 13.15 horas farase a bendición do gando e a continuación misa solemne con procesión e sesión vermú co dúo La Hora Bruja.
A Xunta de Galicia anuncia que colabora coas Festas do Oito, que se celebrarán do 4 ao 7 de setembro en Ferreira do Valadouro “cun completo programa de actividades para todos os públicos”.
O delegado territorial, Alfonso Villares, participou na presentación da programación xunto con representantes da asociación cultural Ourofest, encargada da organización, e do Concello do Valadouro.
A Xunta explica que a celebración dará comezo o venres 4 de setembro ás 21:00 horas coa segunda Mexillonada popular na praza de Santa María, onde os asistentes poderán degustar estes bivalvos de xeito gratuíto, e unha cea de confraternidade, para a que é necesaria inscrición previa. Os festexos prolongaranse o luns cunha tarde dedicada especialmente aos máis pequenos coa celebración do Día do Neno, que contará con inchables, unha...
leer másO Concello de Cervo e o do Valadouro convidan á veciñanza a participar na II Xuntanza na Punta da Carretera, unha celebración que terá lugar este domingo, 30 de agosto, no espazo situado entre os concellos de Cervo e O Valadouro e que “busca favorecer o encontro e a convivencia entre os veciños e veciñas de ambos municipios”.
A programación arrancará ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Eclipse, á que seguirá, ás 14:30 horas, unha comida campestre cun menú de 20 euros que inclúe empanada, churrasco, chourizo, sobremesa, café, pan, viño e auga. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, continuará a festa cunha nova sesión musical do dúo Eclipse, “garantindo ambiente festivo durante toda a xornada”.
Desde o Concello de Cervo destacan “a importancia de manter e impulsar este tipo de encontros, que permiten...
leer másO Concello do Valadouro anuncia que organiza entre o 29 de agosto e o 3 de setembro “seis noites para gozar do teatro amador, do humor e das historias dos nosos grupos”. Serán todos os días ás 22:00 horas e con entrada de balde no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A apertura de portas no local será 20 minutos antes de cada función.
Este sábado, día 29 de agosto o grupo Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) representará a obra titulada Da taberna ao consultorio e da cociña ao purgatorio. O domingo 30 O Centiño, de San Martiño (Foz), escenificará O Autobús…. O luns 31 A Adala (Fazouro) ofrecerá a obra Ai, Señor, Señor.... o martes 1 de setembro Ollomao (Barreiros) representará Dona Clara. O mércores 2 Pico do Castro (Foz), con Cousas de vellos. O xoves 3...
leer másEste venres, día 14 de agosto, ás 20:00 horas, terá lugar en Ferreira do Valadouro a presentación do libro titulado Espiritualidad.
Estará presente no acto o autor coordinador da obra, Pepe Peinó, que explica que esta publicación é “unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferentes orientacións relixiosas”
A presentación será no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro.
Este venres, día 7 de agosto, ás 20:00 horas celebrarase o I Festival Homenaxe aos Músicos do Val no parque Concepción Arenal, de Ferreira do Valadouro.
É un evento organizado pola asociación Ó Compás do Río Ouro, que anuncia: “será moi especial dado que contamos con moitas colaboracións musicais e artísticas percorrendo a historia musical do noso val. Entre moitos contamos con: Miro Casabella, Pablo Peláez & Juan Clemente Novo, o Dúo Hameenlinna (Blanca López Rubal & Raúl Saiz), músicos de orquestras como Los Mejoranos e Arcadio Nueva Ola (Luis Río, Antonio Mandiá, Juan Carlos García, Luis Fernández, Alfonso Maseda, Lino Rico, Eladio Bermúdez e José Eduardo Canoura), Edmundo Maseda, membros de gaita e percusión de Porto D'Ouro (Luis Miguel & compañía), as pandereteiras Medianas de Amadolar e, como non, a nosa Banda de Música...
leer másO primeiro Festival de Bandas organizado pola asociación cultural Ó compás do río Ouro celebrarase en Ferreira do Valadouro este domingo, 26 de xullo. Será ás 20:00 horas na praza Concepción Arenal.
“Este domingo celebramos o I Festival de Bandas de música no Valadouro. Estarán con nós a Banda Municipal de Música de Guitiriz e a Banda de Música de Foz. É todo un pracer contar con estas dúas bandas que teñen unha longa traxectoria e soan de luxo”, anuncia a asociación Ó compás do río Ouro.
A asociación cultural Ao Compás do Río Ouro organiza unha sardiñada de San Xoán este martes, día 23 de xuño, en Ferreira do Valadouro. Será na explanada do antigo matadoiro a partir das 21:30 horas.
“Tendes unha cita para disfrutar dunha noite máxica. Haberá sardiñas asadas acompañadas de pan, cachelo, empanada de bonito, postre, auga e viño, de balde. E para botar as meigas fóra, queimada e moita música co DJ Conxuro”, anuncia o colectivo Ao Compás do Río Ouro.












