Deportes
O gran mestre Liming Yue impartirá un curso de tai chi en Ribadeo os días 27 e 28 de xuño. Está organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colaboración do Concello ribadense.
Liming Yue comezou a estudar artes marciais en China aos 11 anos. Despois de aprender dos mestres de tai chi máis hábiles e experimentados de China e estudar extensamente Qigong Interno con mestres do mosteiro da montaña Nanyue e do parque forestal de Zhangjiajie, o gran mestre Yue trasladouse da China continental ao Reino Unido, onde fundou o Centro de Tai Chi Estilo Chen en 1995. Agora dedica o seu tempo a impartir seminarios e a formar instrutores por toda Europa, ademais de producir libros, dvds e vídeos instrutivos. Tamén ensina técnicas de tai chi na Facultade de Medicina da Universidade de Leeds e é profesor a tempo parcial na Universidade de...
leer másRibadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño unha nova edición do Campus de Tecnificación de Baloncesto The Basket Dream destinado a rapazas e rapaces de 6 a 18 anos.
A cita está organizada por Élite Sports Academy, The Basket Dream e CB Ría de Ribadeo. Colaboran: Concello de Ribadeo, Caja Rural de Asturias e Tukán.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anunciou que “volve o Campus de Tecnificación de Baloncesto a Ribadeo. As rapazas e os rapaces compartirán esta experiencia deportiva con adestradores profesionais dalgunhas das ligas femininas e masculinas. A inscrición xa está aberta. As persoas interesadas poden facela a través de...
leer másO Real Sporting de Gijón presentou en Foz as Xornadas de Tecnificación, un campus intensivo de fútbol que se levará a cabo os días 30, 31 de marzo e 1 de abril no Campo de Fútbol de Malates de 10 a 14 horas.
As xornadas contan coa colaboración do Concello de Foz, do Club Deportivo Foz e da Asociación Deportiva Santiago de Foz e xa están abertas as inscricións en thefootballdream.com
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández Neira, destacaron “o compromiso do Club Deportivo Foz e da AD Santiago de Foz co deporte de base e agradeceron a iniciativa do Sporting de Gijón, que achega unha formación técnica e especializada a todas as nenas e nenos que se queiran apuntar nunhas xornadas intensivas de práctica de fútbol”.
O municipio de Cervo acollerá os días 21 e 22 de febreiro, sábado, e domingo, a celebración do Campionato Galego Infantil de Natación, proba integrada no calendario oficial da Federación Galega de Natación e “considerada unha das citas máis relevantes no ámbito autonómico das categorías base”. O evento, que se desenvolverá na Piscina Municipal Olímpica, reunirá a preto de 200 nadadores e nadadoras pertencentes a arredor de trinta clubs de distintos puntos da Comunidade Autónoma. A competición estruturarase en catro sesións, desde as 10:00 horas en horario de mañá e desde as 17:00 horas en horario de tarde, ao longo da fin de semana.
A organización vai da man da Federación Galega de Natación e ao Club Natación Xove, co apoio do Concello de Cervo, do Concello de Xove e da Xunta de Galicia, “nun marco de cooperación interadministrativa que...
leer másO día 7 de febreiro, sábado, o porto de Celeiro converterase no escenario da IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro, un evento deportivo que “promete emoción e adrenalina. A competición comezará ás 16:00h e contará coa participación dos mellores clubs da zona norte de Galiza”, anuncia o Club de Remo Celeiro, que ademais explica “esta debería ser a terceira xornada da Liga Galega de Bateis, pero debido as inclemencias meteorolóxicas tivéronse que adiar as dúas anteriores polo que, se o tempo o permite, a organizada polo Club de Remo Celeiro dará o pistoletazo de saída a esta gran liga”.
Tamén indica que se realizou nas instalacións do club a presentación do evento, “onde grandes e pequenos, mostraron o seu entusiasmo, exhibindo os carteis e bandeiras que se entregarán como premio ós clubs gañadores. Na presentación Belén Pérez,...
leer másO Gran Camiño chegará por primeira vez ás comarcas da Mariña e da Terra Chá. As praias de Barreiros acollerán a meta lucense da volta profesional galega, que terá a saída en Vilalba e que conta unha edición máis co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O vicepresidente Efrén Castro, o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García e o organizador da volta Ezequiel Mosquera, adiantaron os puntos de saída e meta da etapa esta mañá, xunto ás alcaldesas de Barreiros Ana Ermida e de Vilalba Marta Rouco.
No acto, celebrado na Casa do Concello de Barreiros, Efrén Castro sinalou “a colaboración mantida con O Gran Camiño desde a primeira edición, apostando polo ciclismo como plataforma para poñer en valor o territorio” e , nese sentido, subliñou que “a proba chegue por primeira vez ás comarca da Mariña e...
leer másA piscina municipal de Cervo será o escenario esta fin de semana, días 24 e 25 de xaneiro, da Copa Galega absoluta de Wáter-polo masculina e feminina, unha das citas máis destacadas do calendario autonómico desta disciplina deportiva, organizada pola Federación Galega de Natación (FEGAN) coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Cervo.
O evento foi presentado oficialmente nun acto no que participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o presidente da FEGAN, Juan Carlos Brión, que puxeron en valor “a relevancia dunha competición deste nivel para o municipio e para o conxunto do deporte galego”.
Durante a presentación, a alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “para Cervo é unha satisfacción poder acoller un evento deportivo autonómico desta categoría, que amosa a capacidade das...
leer másO municipio de Cervo acollerá este domingo 25 de xaneiro o Campionato de Aninovo de Nihon Tai-jitsu.
O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo concelleiro Adrián Arias; e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.
O Concello de Cervo anuncia: “estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual e expresión técnica por parellas”.
Desde o Concello de Cervo convidan aos veciños e visitantes “a desfrutar desta actividade que abre o calendario de competicións das artes marciais este 2026 e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva”.
Ribadeo acollerá o día 7 de febreiro, sábado, unha velada de boxeo: RibadeoBox I. Será no pavillón municipal a partires das 19:00 horas.
Desde a organización anuncian que “haberá combate profesional (6 asaltos de 3 minutos), 6 combates amateur, o trofeo RibadeoBox e grandes lendas convidadas do boxeo: Nino, Javier Castillejos, Rigo Álvarez (adestrador de Canelo Álvarez), Alfredo Evangelista e Berdonce”.
O prezo das entradas será de 15 euros para as cadeiras, 12 euros para as gradas e Vip 150 euros (por mesa e cinco cadeiras).
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “os amantes do boxeo teñen unha cita con esta disciplina deportiva o vindeiro 7 de febreiro en Ribadeo cunha velada na que haberá combates profesionais e amateurs”.
O...
leer másRibadeo será escenario os días 24 e 25 de xaneiro, sábado e domingo, da primeira manga da Liga Nacional de Clubs Segunda Ouro de bádminton, que reunirá a 150 participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anunciou que “serán once os equipos que se dean cita en Ribadeo os días 24 e 25 de xaneiro para conseguir os primeiros puntos da competición. Proceden de diferentes puntos da península e tamén de Canarias”.
O edil ribadense dixo que “as xornadas desenvolveranse no pavillón municipal de nove e media da mañá a seis da tarde”. E engadiu: “comezamos o 2026 con forza as fins de semana, primeiro teremos cross o dia 17 e despois bádminton. Dúas citas que serán un revulsivo para a hostalería local no inverno e que nos servirán para dar a coñecer os atractivos turísticos da nosa vila”.
... leer más












