Xove

Etiquetas:
08/05/2025

Este sábado, día 10 de maio, celebraranse en Xove os 28 Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual Special Olympics Galicia. O evento, que foi presentado este xoves, terá lugar no campo de fútbol municipal de Xove desde as 10:45 horas.

A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane), que coorganiza esta actividade, anuncia: “este sábado teremos o pracer de recibir no noso concello veciño de Xove (o cal xa é tamén a nosa casa) a un montón de entidades amigas chegadas de tódolos puntos de Galicia para celebrar os 28 Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca Special Olympics Galicia 2025; os cales son mais especiais se cabe, xa que a nosa pequena familia será coorganizadora e anfitriona dos mesmos. Só podemos dar as grazas a Special Olympics Galicia por...

leer más
Etiquetas:
05/05/2025

A Casa do Director, en Xove, acollerá un obradoiro de ioga para adolescentes este venres, día 9 de maio, ás 19:00 horas. É unha actividade gratuíta organizada pola Delegación de Servizos Sociais do Concello de Xove.

É imprescindible inscrición previa a través do teléfono 691.235.185.

Etiquetas:
02/05/2025

Con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, o Concello de Xove convoca a cuarta edición do concurso fotográfico Cal é o teu lugar preferido de Xove? O obxectivo é “poñer en valor aqueles lugares do concello de Xove menos coñecidos”.

Hai tres categorías: ata 12 anos de idade; de 13 a 17 anos; e maiores de 18 anos. O prazo para a presentación das fotos está aberto ata o día 23 de maio ás 00:00 horas.

As bases poden consultarse na web www.xove.es.

Etiquetas:
19/04/2025

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove anuncia: “Queres que os teus peques se divirtan e relaxen ao mesmo tempo? Apúntaos ao obradoiro gratuíto de ioga o sábado 26 de abril de 2025 ás 17:00 horas na Casa do Director, de Xove. Unha actividade saudable, divertida e pensada especialmente para nenos e nenas”.

É imprescindible inscrición previa, para a que hai que contactar con Olalla no teléfono 691.235.185.

14/04/2025

Este luns tivo lugar a presentación do cartel da Festa do Polbo de Xove 2025 a cargo do grupo de hostaleiras e hostaleiros organizadores, do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e da concelleira de Cultura, Dolores Meitín. A vixésimo primeira edición deste evento gastronómico será este Xoves Santo, 17 de abril, a partir das 19:00 horas nos locais organizadores: O Refugio, Bar Pepe, Cafetería A Roda, A Fuga, La Cívica, Os Faroles, O Cabaliño, Antoxo e Pulpería-Bar Cociña.

O Concello de Xove anima á veciñanza e aos visitantes de toda A Mariña a participar nesta festa gastronómica e explica que “a partir de 15 euros poderase degustar unha rica ración de polbo, un dos produtos máis populares da nosa gastronomía. A cea estará animada pola percusión da comparsa Habelas Hainas, de Barreiros, por tódolos locais participantes”.

Etiquetas:
10/04/2025

O Concello de Xove anuncia o XIV Festival Infantil que organiza a Asociación Cultural Saíñas e que se vai levar a cabo este sábado, día 12 de abril, ás 18 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Na presentación do evento estivo Pepe Casariego, secretario da asociación Saíñas, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín.

Actuarán os grupos infantís da asociación Saíñas -as Xoaniñas e os Candís- acompañados por Cántigas e Frores, de Lugo, e Buxainas, de Cedeira.

O Concello de Xove invita a asistir a este evento, que “en cada edición reúne máis público asistente”.

 

07/04/2025

A asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a décimo cuarta edición do seu festival folclórico infantil. Será este sábado, día 12 de abril, ás 18:00 horas no Salón de actos do Concello de Xove.

Saíñas anuncia: “o sábado 12 de abril temos unha cita especial, o XIV Festival Infantil, ás 18:00 h no salón de actos do Concello de Xove. Os nosos grupos infantís, as Xoaniñas e os Candís, estarán acompañados por Cántigas e Frores (Lugo) e Buxainas (Cedeira). Será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.

Etiquetas:
02/04/2025

Penasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte esta fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de abril

As actividades comezarán o sábado as 13:00 horas con misa solemne e procesión, ás 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, ás 15:00 horas terá lugar un xantar e desde as 17:00 horas, baile co dúo Belinda e o  grupo Fénix, no que haberá trofeos ás 3 mellores parellas de pasodobre e un trofeo á mellor parella de bachata.

E para o domingo a partir das 10:00 horas está programada unha ruta de sendeirismo (a pé, a cabalo ou en bicicleta); ás 14:00 horas haberá sesión vermú; ás 15:00 empezará o xantar e a partir das 17:00 horas comezará o baile cunha actuación estelar, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación Cruz de Loureiro, de San Isidoro de Monte. Tamén destaca que...

leer más
Etiquetas:
01/04/2025

A Área de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga en familia para este sábado, día 5 de abril, de 17:00 a 18:30 horas.

É unha actividade de balde, pero é imprescindible inscrición previa, contactando con Olalla no teléfono 691.235.185.

O Concello de Xove anuncia que é “unha oportunidade perfecta para compartir un momento de conexión e benestar cos teus seres queridos”.

31/03/2025

A vixésimo primeira edición da Festa do Polbo en Xove celebrarase o día 17 de abril, Xoves Santo, a partir das 19 horas.

As racións de polbo venderanse a 15 euros e haberá animación musical polos locais participantes a cargo da percusión da Comparsa Habelas hainas, de Barreiros.

No evento participan estes establecementos hostaleiros: Bar Pepe, Cafetería A Roda, A Fuga, O Refugio, La Cívica, Os Faroles, O Cabaliño, Antoxo e Pulpería-Bar Cociña. Colabora e patrocina o Concello de Xove.