Feira

Etiquetas:
22/04/2024

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará o 12 de maio, domingo, a súa tradicional Feira das Maulas, que ten máis de tres séculos de historia.

As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e a feira de gando. Ás 11:00 horas comezarán as probas de andadura federada e ás 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo trío La Noche, que tamén actuará no baile de tarde. Tamén haberá partido de fútbol, ás 17:00 horas, entre o Celeiro Club de Mar e Novas Raíces de Galdo.

 

Etiquetas:
18/04/2024

A décimo quinta edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto celebrarase este domingo, 21 de abril.

As actividades empezarán ás 11:00 horas coa apertura da feira, na que haberá artesanía dos ferreiros de Riotorto, exposición de artesáns e produtos do campo.

A partir das 11:15 horas haberá demostración de oficios artesáns e ás 12:00 horas actuará o Coro de Riotorto. A inauguración oficial está programada para as 12:15 horas e ás 12:45 horas terá lugar un obradoiro do ferro infantil. Para os máis pequenos haberá tamén un espectáculo de maxia ás 19:00 horas no atrio da igrexa.

A animación musical da xornada correrá a cargo dos gaiteiros de Riotorto e a charanga NBA.

O recinto feiral estará cuberto con carpa.

 

 

Etiquetas:
15/04/2024

A Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela organiza a Feira de Abril. Será desde este xoves, día 18, ata o domingo 21 en doce locais hostaleiros.

Haberá xornadas gastronómicas, con tapas a 3 euros, e entre os participantes sortearán dous premios de 300 euros en vales de compra.

 

Etiquetas:
07/12/2023

Muras celebra esta fin de semana a oitava edición da Feira do Mel,  coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Goti e Manuel Ferreira  da Casa do Mel de Goente , presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.

A feira, que se abrirá o domingo ás 10.00 horas, na Praza do Viveiró contará cunha trinta de postos de venda de mel e outros produtos derivados ou elaborados con mel -hidromel, cervexa, cera -, entre eles oito postos de produtoras e produtores de mel de Muras que participarán tamén na cata de mel que se celebrará o sábado pola tarde.

Manuel Requeijo valorou a Feira do Mel como "un evento consolidado co que fomos...

leer más
Etiquetas:
21/10/2023

A terceira edición da Feira do Cabalo en Lourenzá, que terá lugar o domingo 29 outubro desde as oito e media da mañá, foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e por representantes da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e do colectivo Cabaleiros de Lourenzá, creado recentemente.

A rexedora municipal comentou que “é unha boa iniciativa, que cada ano ten mellor aceptación e acollida. A participación de exemplares cada edición é maior e tamén asiste máis xente á feira. Este ano, ademais dos concursos que viñeron celebrándose nas anteriores edicións, tamén haberá presenza doutras especies de animais na feira. Agardamos que vaia consolidándose como un referente nas feiras dedicadas aos cabalos de pura raza galega e que sirva para seguir mantendo viva e presente esta raza de equinos”.

O...

leer más
Etiquetas:
08/10/2023

Como sempre en Valadouro, no inicio do outono, cobra especial protagonismo o mel como produto estrela do val, tantas veces louvado e premiado polas principais institucións galegas do gremio.

Neste 2023, cúmprese a 36ª Edición da Feira do Mel e a Concellería de Medio Rural con Eduardo Chao á fronte, presenta un completo e variado programa que se estende ao longo da vindeira semana e que tamén abrangue aparte do prezado liquido a outro produtos de tempada, como por exemplo a xornada micolóxica do domingo que fará as delicias dos moitos afeccionados aos fungos que habitan a nosa bisbarra.

A programación principia o mércores, 11 de outubro, ás 10:00 da mañá cun Obradoiro de Extracción de Mel para nenos/as de 3 a 12 anos, pero aberto a todo o público, na Casa da Cultura do Concello de Valadouro a cargo da Delegación da...

leer más
27/09/2023

A décimo sexta edición da Feira de Antigüidades e Artesanía da Pontenova celebrarase do 8 ao 10 de decembro (venres, sábado e domingo). Anunciouno o Concello de A Pontenova, que fixo público o cartel.

Este evento inclúe como actividade paralela unha xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos, que chega á súa sétima edición.

 

Etiquetas:
18/08/2023

A novena edición da Feira de Gando de Cangas de Foz celebrarse este domingo, día 20, na área recreativa dos Castros. Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración do colectivo Cabaleiros de Cangas, a Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, a Asociación de Veciños San Pedro e a Comunidade de Montes Veciñas en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo. Na presentación do evento participou o concelleiro de Medio Rural, Benito García Bolaño.

Eladio Basanta, de Cabaleiros de Cangas, explicou que “pola mañá haberá feira tradicional de gando, mercado, paseos a cabalo para nen@s, sesión vermú, polbo, bar, etcétera. E pola tarde teremos as carreiras de andadura e sorteo de agasallos”.

Etiquetas:
17/08/2023

Foz acolle do 17 ao 20 de agosto a súa Feira do Libro na Praza Conde Fontao con horario de 17.30 a 22 horas. O programa conta con moitas actividades diferentes en torno aos libros, os escritores e os lectores. O evento conta coa colaboración de diferentes entidades como a Xunta, a Federación Librarías de Galicia ou o Concello de Foz. 

Participarán o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, Libraría Aguirre, A Gata Tola, Libraría Pedreira, Libraría Bahía, Libraría Aenea e A libraría de Rosa – Nobel Boiro. Todas elas ofrecen un 10% de desconto nos seus libros. 

Hoxe foi o pregón a cargo do escritor Lionel Rexes, acompañado da actuación musical da asociación cultural O Feitizo. E a continuación houbo un encontro sobre as obras de Xita Rubert e Luisa Castro no que participaron as autoras xunto coa escritora...

leer más
Etiquetas:
14/08/2023

Do 18 ao 20 de agosto terá lugar a IX feira ribadense do libro Letras no Campo. Durante eses días haberá presentacións de libros, exposicións e actividades para as crianzas e as súas familias, segundo deu a coñecer a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. 

A edil ribadense explicou que “do 18 ao 20 de agosto teremos no parque a Feira do Libro Letras no Campo. Dará comezo o venres pola tarde co pregón de Lois Pérez, autor de A gruta da torre, que desenvolve a súa trama en Ribadeo. Haberá presentacións de diversos libros, uns divulgativos e outros máis intimistas, uns de narrativa e outros de poesías, uns de ficción e outros non, algúns de autores ribadenses e outros chegados de fora”. 

Sanjurjo contou que “as casetas dos diferentes libreiros ofrecerán un 10% de desconto nos libros que se merquen na feira. Quero...

leer más