Certámenes

Etiquetas:
07/07/2020

A Deputación de Lugo abre desde mañá mércores o prazo de presentación das candidaturas aos premios Lugo Cambiade turismo e hostalería, logo de publicar hoxe as bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A institución provincial convoca dúas modalidades; o  premio Lugo Cambia ao Turismo Lucense e o premio...E Para Comer, Lugo á gastronomía lucense para recoñecer e poñer en valor o traballo feito por persoas, entidades ou institucións a favor da promoción turística da provincia, así como as actuacións innovadoras no mundo da hostalería.

A estes premios poderán optar as persoas físicas ou xurídicas, a título individual ou colectivo, institucións eentidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico,nacional ou internacional que destaquen nalgunha das dúas modalidades...

leer más
Etiquetas:
04/07/2020

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medio ambiente.

Dentro do concurso haberá unha única categoría. En canto aos premios serán cinco en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros

Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser...

leer más
Etiquetas:
29/06/2020

O Concello de Burela xa comezou a recibir os primeiros bocetos para participar na cuarta edición de Amarte, o Certame Internacional de Pintura Mural que se desenvolverá do 30 de xullo ao 2 de agosto no porto burelés. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a participar nesta cita e lembra que o prazo de presentación de propostas remata o vindeiro 15 de xullo. Logo o xurado elixirá as nove obras que serán pintadas no muro do peirao. As bases e os premios atópanse publicados no facebook do certame.

O edil de Cultura en Burela contou que “estamos empezando a recibir ya los primeros bocetos para elegir los nueve participantes de este año. Solían ser diez, pero por el número de paneles que quedan por pintar en el muro, si lo dejamos en nueve tendríamos tres certámenes más de nueve murales y un último certamen, dentro de cuatro años, con ocho...

leer más
Etiquetas:
08/06/2020

Os gañadores do X Certame Fotográfico “Cervo Respecta”, que convoca anualmente o Concello de Cervo foron os seguintes: 

1º premio, e premio Top Cervo "Embalse de Río Cobo", de Antonio Herrera Huerta (Fuenlabrada). Obtivo 51 puntos

2º premio "Vigía" de Iván Alperi López (Noreña). Obtivo 50 puntos.

Presentáronse ao concurso 43 instantáneas e había en xogo tres premios, un primeiro, un segundo e un premio Top Cervo á mellor instantánea sobre algún paraxe do municipio.

Desde a organización felicitan aos premiados: “parabéns aos gañadores e moitas grazas a todas as persoas participantes”.

 

Etiquetas:
05/06/2020

A Concellería de Cultura anunciou que esta semana se reanudou o prazo para participar no IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. A data para a presentación de traballos é ata o vindeiro 20 de xuño. A edil Pilar Otero anima a participar nesta cita na que se establece un premio de 300 euros en cada categoría: relato curto, poesía e debuxo.

Pilar Otero declarou que “esta semana se reanudou o prazo para a participación no IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Poden participar todas as persoas que naceron ou viven en calquera dos Concellos da Mariña e que, con data 20 de abril de 2020, tiñan entre 16 e 30 anos”.

A concelleira de Cultura lembrou que “se establecen tres modalidades de participación: relato curto, poesía e debuxo, cun so traballo por persoa...

leer más
Etiquetas:
29/05/2020

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima aos xoves de máis de 14 anos a participar no concurso Youtubeir@s 2020. Esta cita ten como obxectivo a creación de vídeos en galego e así aumentar a presenza da nosa cultura nas redes. 

A edil contou que “xa están publicadas as bases dos premios Youtubeir@s 2020, que teñen como finalidade animar á creación de vídeos en galego e así aumentar a presenza da nosa cultura nas redes. Esta convocatoria está aberta a todas as persoas maiores de 14 anos. Pódese participar cun so vídeo, con varios vídeos ou incluso cunha canle de calquera temática ou formato sempre que se promova unha mensaxe adecuada. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde”.

Otero Cabarcos engadiu: “como dixemos cada participante pode inscribir tantos vídeos ou canles coma desexe e hai...

leer más
Etiquetas:
27/05/2020

A Concellería de Cultura anuncia a celebración da cuarta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte no mes de agosto. Os artistas interesados en participar xa poden comezar a mandar os seus bocetos. Este ano serán nove os seleccionados para pintar as súas obras no porto burelés.

O edil José Díaz explicou que “dende a Delegación de Cultura de Burela queremos anunciar que este ano, a pesares das circunstancias de todos coñecidas, imos poder facer unha nova edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, no porto”.

Díaz contou que “as datas van ser coincidentes probablemente co que sería a Feira do Bonito, que seguramente non se poderá facer como festa, non sabemos aínda como se poderá levar adiante si se pode facer algo, pero a idea sería poñer como sempre o Certame de Pintura Mural paralelo...

leer más
15/05/2020

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, propón a través das redes sociais o concurso "As letras riquiñas" para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Cada persoa participante terá que elixir unha verba en galego e plasmala en calquera superficie dun xeito orixinal e especial, sacarlle unha foto á palabra e enviala ao correo cervocultura@gmail.com; entre hoxe e mañá

O domingo, 17 de maio, anunciarase a través das redes a obra gañadora e compartiremos un collage con todas as fotografías participantes.

Desde esta semana o programa #cervoquedanacasa pasa a ser unha proposta semanal que se anunciará cada luns e os/as gañadores/as daranse a coñecer os domingos.

 

Etiquetas:
06/05/2020

O Concello de Cervo vén de convocar o X concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2020”.

Tal e como explica a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.

Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com.

O prazo para presentar as imaxes remata o 29 de maio ás 23:59 horas.

Hai tres...

leer más
Etiquetas:
04/05/2020

A burelesa Eva Luaces é a gañadora do segundo concurso de imaxes convocado en facebook polas axencias de viaxes Eroski de Burela e Ribadeo durante o confinamento.

Eva Luaces participou con 3 fotos representando unha estancia en Exipto e nas que se ve ao seu fillo, David Rega Luaces, degustando unha ensalada Baba Ghannouj, elaborada a base de puré de berenxenas, allo e sementes de sésamo, e tamén o postre Basbusa, que é un biscoito de sémola, vainilla e coco.  

O premio consiste nun pack de La Vida es Bella cunha estancia dunha noite para 2 persoas.

As axencias de viaxes Eroski en Ribadeo e Burela convocaron dous concursos desde que empezou o confinamento co obxectivo de “manter o contacto cos clientes e axudar a que estean entretidos para que leven o mellor posible esta situación”.

... leer más